BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Actividades na biblioteca municipal.
O vindeiro venres 20 de xaneiro ás 6 da tarde na biblioteca pública municipal comeza a programación de contacontos para este ano 2012.

A compañía do Trinke Trinke coa súa familia de ?Ratos da biblioteca? volve para contar aos nenos novas historias que os achegarán á maxia dos contos e dos libros. Os ratiños da compañía son vellos coñecidos e este venres a ratiña Carolina ofreceranos o conto ?Monstros que non dan medo".

O venres 27 de xaneiro ás 6 da tarde, tamén na biblioteca municipal estará o mago Cayetano Lledó para que pasedes unha tarde máxica.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 18-01-2012 20:25
# Ligazón permanente a este artigo
Que pasa na biblio?
Durante toda esta semana a biblio permanece pechada, pero dentro hai moita actividade: é como si os seus habitantes estivesen a facer unha revolución. Que estará a pasar?

(Visto a través de Libros del zorro rojo)
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 18-01-2012 20:21
# Ligazón permanente a este artigo
Carta no cole
Chegamos ao cole e sorpresa! Carta para os nenos de 1º. Lemos atentamente a ver que pasa:



Aí vai outro correo de Carballeira Dabaixo


Recibín os vosos relatos de Pinocho (cunha foto adicada), dos trasnos e das bruxas. Pasei tardes e tardes, moi divertidas léndoos e coloreándoos. Despois convidei as miñas curmáns piñeiras Penica, Pinoca e Pinuca. Iamos pasar a tarde na miña árbore gozando dos contos e dunha torta de amorodos.
Cando estabamos máis atarefadas vimos chegar unha nena. Camiñaba moi abrigada porque ía frío, aínda que ás veces saían algunhas raiolas de sol; por iso decidiu, despois da escola, dar unha volta pola Carballeira.
Ao pé da miña árbore había moitas follas espalladas polo chan; outras estaban a caer.
As árbores ían quedando espidas!
Entón a nena pensou axudalas. Apañou as follas do chan. Sacou da mochila unha barra de pegamento e foinas colocando no tronco das árbores.
Non funcionou; as follas seguían caendo.
Despois cavilou: e se lles poño un pouco de ?celo? enriba?
Tampouco. Ao levantar o vento voltaron caer todas.

Xa volvía estar o chan como se fose unha alfombra de cores laranxas e amarelas.


Daquela pensou: atareinas con cinta de manualidades.

- Outra vez todas no chan! Que fastío! Estoume a cansar de tanto trafego! ?suspirou esgotada.
De súpeto, unha idea xenial!
- Xa sei! Queredes estar no chan? ?preguntoulles ás follas.
Entón xogaremos no chan. Sen problema!
E así empezou a correr entre as follas coma unha tola, a saltar sobre elas coma un coello, a levantalas coas mans e facer bólas ou nubes, a pisalas cos pés, a deixalas polo camiño coma Polgariño, a saltar á pata coxa sobre unha laranxa e despois unha amarela, a botalas por riba da cabeza como se chovese ou a poñelas polo pelo coma unha diadema de outono.

Miñas curmáns e eu quedamos pampas
- E se baixamos xogar con ela? ?propuxo Pinoca.
- Oes, como te chamas? Estaste a divertir? Cantos anos tes? Onde vives? ?Todas queriamos saber.
- Podemos xogar todas xuntas? ?pedímoslle.
- Claro! Eu tápome coas follas, a ver se me atopades. Pechade os ollos ata que diga ? Xa!
- A este xogo ímoslle chamar ?Agachafolla? ?dixo Pinoca, que é moi ocorrente.
Así estivemos ata que Maca e nós escoitamos:
- Maca, Macaaa... A casa, que imos cear! - berraba mamá.
Despedímonos de Maca prometéndonos xogar outra tarde a ?Pinchafollas?.
Alí quedamos as catro, vendo as estrelas. Pero estabamos tan contentas que botámonos a rir.

Imaxinas como poderías xogar a ?Pinchafollas??
Intenta xogar cos amigos.

Autora do relato: Mª Alicia Patiño Arraña (Profesora de Ed. Primaria)

Ilustración a cor: Isabel Santiago Iglesias ( Alumna de 4º ESO de PDC)

Comentarios (0) - Categoría RECURSOS PARA NENOS E NENAS - Publicado o 09-01-2012 09:27
# Ligazón permanente a este artigo
Xa veñen os reis...
Comentarios (0) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 03-01-2012 16:55
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0