BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

FRANCISCO AYALA 103 ANOS DE VIDA
Máis dun século de vida. Unha vida intensa e fecunda, non só polas experiencias vividas e a inxente produción literaria, senon porque , ata o final da súa vida mantivo o sentido do humor e o pracer polos pequenos hábitos dos que desfrutou ata o final.

Unha vida interesante que vos invito a compartir nos enlaces propostos, especialmente a webquest
información na wikipedia
http://www.ite.educacion.es/w3/recursos/bachillerato/lengua/ayala/index.html
Comentarios (0) - Categoría AUTORES - Publicado o 04-11-2009 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
O QUE ESTAMOS A PERDER
Pouco queda xa da cultura oral popular que durante séculos gardaron os nosos fogares.A televisión, internet, os videoxogos...e a falta de tempo para compartir historias cos demais son razóns que colaboraron nesta perda. Os tempos mudan, os costumen cambian...
Únha aportación á preservación dunha parte da mesma para que non se esquezan e os nosos cativos e cativas podan coñecer algo da historia familiar cercana é a páxina
orella pendella
de cultura oral popular
Comentarios (0) - Categoría CULTURA ORAL POPULAR - Publicado o 03-11-2009 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
CONTOS DE HALLOWEN

A NOITE DO MEDO

Achégase a noite de Hallowen e, como cada ano, os meus amigos e máis eu aproveitámola para facer algunha que outra falcatruada.
Vouvos contar o que, xa hai algúns anos, aconteceu.
A miña avoa Manuela vive nunha casa agastada da aldea, rodeada de árbores e calquera especie de animal imaxinable. Alí nos xuntamos para preparar a nosa noite tan esperada durante todo un ano.
Eran as once e media cando petaba na porta o meu amigo Pablo. Minutos máis tarde chegaba Alex. Xa estabamos tods para que a noite de Hallowen fora inesquecible. Alex puxo o traxe de pantasma, Pablo e máis eu, un disfraz de morto vivinte. Nuns paus colgamos unhas cabazas que nada máis mirar pra elas caías de cú co medo.
Empezabamos a nosa andadoira monte arriba. Pablo ía de primeiro, xa que era o qeu menos mdedo tiña. Alex e máis eu iamos a un paso lixeiro. De súpeto, ao lonxe, divisábase unha luz penetrante nos ollos e uns ruidos que parecían vir dalgúns dos animais que alí se agocahban. Quedamos os tres quedos e calados. Non dabamos creto do que nos estaba a acontecer. Decidimos seguir , xa que tiñamos os paus das cabazas. Ao chegar ao río descubrimos o que tanto nos abraiaba e asustados nos tiña.
Era a miña avoa Manuela, lavando no río. Caéralle o gato á auga e non era quen de sacalo.
Angel Miguel Bermúdez Blanco (5ºB)
Comentarios (5) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 29-10-2009 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
CONTOS DE HALLOWEN

O sábado, 31 de outubro, eu estaba sentado a carón da lareira cos meus amigos. Estabamos comentando como fixeramos os exercicios de matemáticas. De súpeto algo fixo Bummm!. Fora a porta, unha ráfaga de vento pechouna. A penas pasaron dous segundos cando un lóstrego iluminou a sla. Todos foron correndo cara ao meu cuarto, pero eu , como corro menos, quedei atrás. Aínda non puxeramos as candeas para espantas aos mortos. Un morto colleume pola perna e levoume ata unha cova ao lado do cemiterio. Os meus amigos baixaron "a fume de carozo" polas escaleiras e comezaron a buscarme.. "Lucas, Lucas!", berraron todos. O morto que me colleu era un secostrados que eu, María, Claudia, Carlos e David, qeu son os meus amigos, desenmascararamos hai seis anos. El suicidárase e agora quería vingarse. Samuel , que así se chamaba o secostrador, atoume a unha cadeira e dicíame cousas horribles. Os outros xa coñeceían esa cova e foron mirar se estaba aí,; efectivamente, aí estaban os dous. Carlos avióunos e a María ocorréuselle ir polas cabazas e candeas. Claudia e David foron polas cousa, chegaron e acendéronas. Os mortos fuxiron e Lucas quedou en liberdade.

Lucía Ferreiro(6ºA)
Comentarios (0) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 29-10-2009 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
CONTOS DE HALOWEN


AMOR PROHIBIDO

Samuel era un chaval normal que un día tivo que cambiarse de cole. Na súa clase había vintecatro nenos, e de todos eles só se fixou nunha compañeira, Xiana.
El non sabía porque Xiana sempre estaba afastada dos demáis. Na hora de comer Samuel sentouse ao seu carón.
-Ola!
-Ola, Samuel!
-Que comes?
-Emmm...nada, nada...
Samuel estaba desconcertado. Por que aquela rapaza non lle dicía o que comía?. Nin que comera sangue!
Chegou o día de Hallowen e Samuel foi atrevido einvitou a súa amiga a ir ao baile de "Halloween". Ela dixo que non, porque estaba moi ocupada. Samuel sabía que algo pasaba con Xiana. Entón seguiuna e viu que collía un paxaro e o mordía. Samuel, aterrorizado, díxolle:
-Que fas?
-E que....Son unha vampiresa!
-Que?
-Si, como o oes?
-Xiana, a min dame igual. E que esu..., eu...
-Ti..., ti..., que?
-Eu quérote!
Xiana, sorrindo, mordeulle. Samuel non podía crelo. Ao final converteuse nun vampiro, pero ninguén volveu saber del...

Catuxa (6ºA)
Comentarios (2) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 29-10-2009 09:29
# Ligazón permanente a este artigo
CATÁLOGO DE REGALOS EN GALEGO
POLO NADAL, TAMÉN EN GALEGO!

Agora que chega unha vez máis o Nadal e sempre hai algún agasallo que facer, non nos esquezamos do noso catálogo e, nestes tempos de crise, fagámolo tamén , EN GALEGO.

PÁXINA A PÁXINA
ACCESO AO CATÁLOGO
Comentarios (0) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 06-06-2009 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
ACCESO Á WEB DO CENTRO

Páxina de acceso á WEB do centro.
web oficial do CPI VICENTE OTERO VALCARCEL
Comentarios (0) - Categoría BLOGS DO CENTRO - Publicado o 06-06-2009 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
LIBRO RECOMENDADO
O Capitán Nemo

Hoxe toca falar dun libro que moitos de vos estades a ler, Vinte mil legoas de viaxe submariño, de Julio Verne, novela de aventuras e de ciencia ficción que ten como protagonista a unha das personaxes máis complexas da literatura, O capitán Nemo.

Eu vou deixar aquí un vídeo dunha das películas que se fixo deste libro, o trailer dunha versión de 1950 de Walt Disney. (Está en inglés, pero fixádevos para recoñecer as personaxes que aparecen no libro que estades lendo).







A ver! Quen foi ao Aquarium Finisterrae e viu os carteis que hai na baixada á sala do Nautilus?
De que son eses carteis?

Pinchade no seguinte enlace e podedes ver unha páxina do Acuario homenaxe a Julio Verne e o Nautilus:

O gabinete do Capitán Nemo.




Non deixedes de visitar as páxinas das que deixo o enlace máis abaixo. Alí podedes ver libros de Julio Verne que foron levados ao cine, e tamén podedes escoitar un audiolibro desta novela da que estamos a falar.
Julio Verne en el cine
Audiolibro. 20000 leguas de viaje submarino
Comentarios (1) - Categoría LIBROS - Publicado o 04-06-2009 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
O oso inocente
Aqui tedes o conto escrito por Roi, cando era alumno de 4º A, e que quixo compartir conosco.

Había unha vez dous osos que eran irmáns. Un deles era moi bo, un santo. Chamábanlle Ramiro, o formal. O outro era Rafael, un oso que sempre quería facer o que lle petaba. Día tras día ía fcendo trasnadas e botáballe as culpas ao seu irmán. O seu irmán etsaba farto de que o castigaran por cupal do outro. Decidiu pensar algo para remedialo, pero nada, non se lle ocorria nada.
Un día de inverno, na clase, despois de rematar os deberes, ocorréuselle unha idea. Como o seu irmán tiña unha cicatriz na frente, grabaríao cunha cámara oculta para que, en vez de castigalo a él, castigaran a Rafael. Estivo día e noite grabando o que facía o seu irmán, e chegou un momento no que Rafael ensinoulle o cu, coma un cochiño, ao profesor Don Cuco, o máis listo da escola. Rafael botóulle as culpas a Ramiro, como sempre, e o profesor castigou todo o mes sen recreo a Ramiro, pero este ensinoulle o que grabará ao profesor Don Cuco. O profesor deuse conta do erro que tivera e castigou a Rafael sen recreo todo un curso enteiro. Enrique, o amigo de Don Cuco, mandou a Rafael subir á biblioteca da escola, sitio onde ía cáseque todo o mundo. Rafael, apesares de non ter recreo tiña que facer tarefas no tempo de subir á biblioteca.

Roi 84ºA)
Comentarios (0) - Categoría OS TRABALLOS DOS ALUMNOS - Publicado o 02-06-2009 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIO AS MELLORES MATEMÁTICAS (E MATEMÁTICOS) GALEGAS
As compoñentes de "Cuentistas Problemáticas", alumnas de 6º do noso colexio convertéronse o pasado venres,29 de maio, nas mellores matemáticas xuvenis galegas.

Noraboa!, unha vez máis, a estas rapazas e ao seu "titor-preparador",Manolo.

NOTICIA DO PREMIO EN
Comentarios (0) - Categoría OS TRABALLOS DOS ALUMNOS - Publicado o 01-06-2009 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0