|
|
|
Pon a túa man e di Stop! |
|

Pon a túa man e di Stop, foi o lema co que quixemos manifestar a nosa total oposición á violencia de xénero no seu día internacional.
Voluntariamente fomos pasando polo corredor da biblio para plasmar a nosa man violeta nun grande mural. |
|
|
|
Acabáronse as bágoas |
|
|
|
|
|
Educar en valores contra a violencia de xénero |
|

Achégase o 25N, Día Mundial contra a Violencia de Xénero e que mellor maneira de comenzar a mover conciencias que co libro que vos presentamos.
Carlota é a protagonista do conto, unha princesa rosa que quere deixar de selo, cres que o conseguirá?
Pincha aquí para descubrilo |
|
|
|
Día Universal do Neno |
|
 O Día Universal do Neno, que se celebra o 20 de novembro todos os anos, é un día adicado a todos os nenos e nenas do mundo.
É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar. |
|
|
|
Semana da música |
|

Esta semana está cargada de novidades que non vos podedes perder. A primeira que vos queremos contar é que unha nova exposición temática xa se pode ver no corredor da biblio, o tema elexido esta vez non podía ser outro: a música.
E por que a música e non calquera outra cousa? A resposta é sinxela, o vindeiro 22 de novembro é o día de Santa Icía, patrona da música. Adóitase festexar con concertos de todo tipo e desde a nosa biblioteca animámosvos a asistir a algún que se celebre pola zona. |
|
|
|
Un trailer arrepiante |
|
Aínda que nos últimos días non publicamos ningunha entrada non queremos deixar pasar a oportunidade de ensinarvos o trailer de medo que fixeron algúns alumnos e alumnas de ESO para festexar o Samaín.
Aínda que o resultado é verdadeiramente terrorífico, tan so é froito da imaxinación!
Por último, invitámosvos a visitarnos nos próximos días porque imos retomar algunhas actividades que temos pendentes e moitas outras cousas máis.
|
|
|
|
O Papón |
|

Onte pola tarde os nenos e nenas de 1º de primaria viñeron á biblioteca. Alí atoparon unha notiña que dicía:
"Se un pouco de medo queres pasar
no estante dos discos terás que mirar"
Unha nena foi mirar e... atopou alí un conto titulado O PAPÓN! Escoitaron o conto con moita atención e despois a súa canción. Tiña unha música terrorífica pero os nenos, que son todos moi valentes, non tiveron nin gota de medo.
E xa para rematar, estamos recopilando fotos e vídeos de todas as cousiñas que se fixeron no cole durante o Mes do Medo, en breves xa as teremos colgadas no blog! |
|
|
|
Samaín xa está aquí |
|
 Como vos adiantabamos fai algúns días xa chegou a semana grande do Mes do Medo, velaquí está o cartel que volo anuncia.
Lembrade que os libros expostos no corredor tamén son de préstamo e que todos os recreos podedes pasar pola biblio para elaborar algo de decoración terrorífica. |
|
|
|
Feliz Día da Biblioteca |
|
 |
|
|
|
Premio Príncipe de Asturias para Quino |
|

O humorista gráfico, e creador de Mafalda, Joaquín Salvador Lavado, máis coñecido como Quino xa está en Oviedo para recoller o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades 2014. A gala de entrega terá lugar este venres no mítico Teatro Campoamor.
Noraboa a este debuxante e que perviva o humor e o espírito crítico!
Aquí podedes ver esta nova no xornal asturiano "La Nueva España" |
|
|
|
|
|
|