|
|
|
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL |
|
Achégase abril, o mes dos libros (como acostuman a denominalo moitas bibliotecas escolares) e as primeiras actividades específicas para este mes arredor do libro e a lectura aparecen arredor do 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil en conmemoración do nacemento de Hans Christian Andersen. Coma en anos anteriores, a IBBY (International Board on books for Young People), a súa sección española a OEPLI xunto coas entidades colaboradoras como GALIX, en Galicia, editan un cartel cunha mensaxe e unha imaxe especialmente deseñada para este día.
Nesta ocasión, a sección de Ibby do Brasil foi a encargada da elaboración deste cartel. O texto, da escritora brasileira Luciana Sandroni, recrea a fascinación que pode exercer unha biblioteca nunha pequena lectora e o estímulo que os contos supoñen para a imaxinación de quen se deixa levar polo poder da lectura. O debuxante e ilustrador brasileiro Ziraldo pon a imaxe a este cartel cunha sinxeleza e evocación só propias dos grandes artistas. |
|
|
|
SEMANA DA PRENSA |
|
Do 7 ao 11 de marzo os centros educativos galegos celebrarán a 28º edición da Semana da Prensa na Escola, unha iniciativa integrada dentro do calendario escolar desde 1989.
Achegamos a continuación, estas preguntas e respostas sobre a Semana da Prensa (La Voz de Galicia, 2 de marzo de 2016):
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lavozdelaescuela/2016/03/02/span-langglpreguntas-respostas-sobre-semana-da-prensa-na-escolaspan/00031456490551686888485.htm |
|
|
|
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO |
|
O pasado 24 de febreiro celebrouse o Día de Rosalía de Castro. Desde a biblioteca do noso centro, animámosvos a ler algúns dos seus poemas. |
|
|
|
FELIZ 2016... E LENDO! |
|
Feliz 2016!
Queremos darvos a benvida a este novo ano, e animarvos a botar un ollo a estes libros -xa recomendamos na guía de lectura de Nadal-.
Lembrade: Ler é divertido!
|
|
|
|
Algúns libros de Neira Vilas |
|
Na nosa biblioteca atoparedes algunhas grandes obras de Neira Vilas. Non perdades ocasión de lelas! Velaquí algúns dos libros do mencionado escritor: |
|
|
|
Homenaxe a Xosé Neira Vilas |
|
 Vai unha semana do pasamento do escritor Xosé Neira Vilas, e dende o noso centro, queremos rendirlle unha pequena homenaxe á figura do autor de Memorias dun neno labrego. |
|
|
|
Premio Luis Freire de Investigación Científica |
|
Con motivo do galardón que acadou o noso centro, Premio Luis Freire de Investigación Científica, grazas ao proxecto ¿Es verdad que la luz de la luna pone verdes las patatas?, presentado por Mar Domínguez Pacheco e o seu grupo de alumnado (curso 2014/15), dispoñémonos a realizar a seguinte entrevista á mestra implicada e actual directora.
Bo día. Ante todo, noraboa polo premio Luis Freire.
Moitas grazas.
Poderíasnos dicir que tal foi a experiencia deste proxecto?
O máis importante a destacar foi a actitude durante a investigación: @s alumn@s estaban motivados, comprometidos, e sorprendidos por levar a cabo unha investigación científica. Tamén tomaron conciencia do traballo en grupo e a responsabilidade, e así percatáronse por exemplo, como un erro no rexistro afecta a todo o equipo. Este tipo de experiencias rompe esquemas, porque sae fóra da pauta do libro de texto.
A actual sociedade da información fai imprescindible a presenza da biblioteca escolar como centro dinámico de recursos. Que papel pode desempeñar a biblioteca, segundo a túa opinión, para fomentar a ciencia entre o alumnado?
Dar a coñecer revistas de divulgación científica , xa que non se promociona moito este tipo de material. Ademais, son unha gran fonte de documentación, e contribúe a espertar inquietudes entre @s nen@s.
Luis Freire comezou os estudos universitarios de Bioloxía aos 57 anos. Semella que a capacidade de aprender e a curiosidade son perennes no tempo. Cres que podemos achegarnos á ciencia en calquera momento das nosas vidas?
Si podemos e debemos iniciar novas aprendizaxes en calquera idade, mais o profesorado da universidade dinos que as vocacións científicas deben sementarse na Educación Primaria, así que non podemos descoidar a importancia desta etapa educativa ao respecto.
Moitas grazas pola túa atención.
De nada. Ata outra!
|
|
|
|
Chega o samaín! |
|
Ssssshhhhhhh! Coidado, coidado... Algo está a pasar na biblioteca... |
|
|
|
Benvid@s ao curso 2015/16! |
|

Ola a tod@s!
Un curso máis, a nosa biblioteca está en plena ebulición. Temos tantas ideas, proxectos e curiosidades por partillar convosco...
De momento, dámosvos unha cálida benvida e agardamos que participedes na vida cotiá da biblioteca do noso centro. Adiante amig@s! |
|
|
|
GUÍA LECTURA PARA O VERÁN |
|
No enlace que tedes debaixo poderedes ver algunhas lecturas que vos recomendamos para o verán. Están dirixidas para nenos e nenas de 3 a 12 anos, disfrutade das vacacións e dos libros!
Feliz verán!
|
|
|
|
|
|
|