BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CONTOS DE HALLOWEN

O sábado, 31 de outubro, eu estaba sentado a carón da lareira cos meus amigos. Estabamos comentando como fixeramos os exercicios de matemáticas. De súpeto algo fixo Bummm!. Fora a porta, unha ráfaga de vento pechouna. A penas pasaron dous segundos cando un lóstrego iluminou a sla. Todos foron correndo cara ao meu cuarto, pero eu , como corro menos, quedei atrás. Aínda non puxeramos as candeas para espantas aos mortos. Un morto colleume pola perna e levoume ata unha cova ao lado do cemiterio. Os meus amigos baixaron "a fume de carozo" polas escaleiras e comezaron a buscarme.. "Lucas, Lucas!", berraron todos. O morto que me colleu era un secostrados que eu, María, Claudia, Carlos e David, qeu son os meus amigos, desenmascararamos hai seis anos. El suicidárase e agora quería vingarse. Samuel , que así se chamaba o secostrador, atoume a unha cadeira e dicíame cousas horribles. Os outros xa coñeceían esa cova e foron mirar se estaba aí,; efectivamente, aí estaban os dous. Carlos avióunos e a María ocorréuselle ir polas cabazas e candeas. Claudia e David foron polas cousa, chegaron e acendéronas. Os mortos fuxiron e Lucas quedou en liberdade.

Lucía Ferreiro(6ºA)
Comentarios (0) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 29-10-2009 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0