BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A ESTRELA DE PACO


Non hai moito tiven un sono-ou iso pensei eu- no que Paco me dicía que tiña plans de viaxar moi lonxe, agora que, por fin, podía ter tempo para suas múltiples aficións: a música, a pintura, a lectura...Con iso dos vos espaciais á carta ata sería posible facelo a outros planetas ou lugares da galaxia.

Estabamos eses días levando a cabo unha actividade na biblioteca con motivo do ano da astronomía e visitaramos o planetario da Coruña onde fixemos unha viaxe virtual ao planeta Marte.

Nunha das actividades levadas a cabo cun grupo de terceir no que falabamos sobre as
constelacións e as estrelas unha rapaza levantou a man para preguntar se era certo o que lle contara súa nai. Ela dixéralle que, cando alguén morría,convertíase nunha estrela. Por iso había tantas. Entón recordei un libro que mercaramos recentemente, "Julia tiene una estrella", e que se atopaba no expositor xunto con outros seleccionados con motivo da actividade. A historia falaba da nai de Julia, unha rapaza de seis anos. A nai non se atopa moi ben de saude e díxolle que proximamente tería que ausentarse porque lle ofreceran un traballo que non podía rexeitar pero que tiña o inconveniente de estar moi lonxe: nunha estrela cuxa localización lle indicou con precisión. Non sabía o tempo que tería que permanecer ali, asi que acordaron que cada noite ollara para a estrela, a unha hora precisa. Nese momento vería como a estrela centileaba. Ese erá o sinal de que súa nai lle desexaba boa noite.
O conto continua pero sería unha pena que eu vos quitara o pracer de lelo, sobre todo porque o temos na biblioteca.

Paco levaba aos seus alumnos e alumnas á biblioteca na sesión que todos temos reservada para este fin. Coincidimos moitas veces ,eu catalogando ou ordenando libros e el dando bo exemplo da actividade:lendo un libro, mentres os rapaces e rapazas facian o mesmo. Así de sinxelo e así de eficaz. Seino porque cando Paco deixou a escola eu quedéi de ?herdeiro? do seu grupo e puiden comprobar o resultado. A semente estaba posta pero había que seguir regando. Niso estamos, pero da xenio ver os froitos agromando. Cada día, ao comezar a xornada,eu dou lectura en voz alta ao capitulo dun libro. Agora estamos co Quijote. E eles escoitan atentamente. Gústanlles os libros...como lle gustaban ao seu mestre.

Onte, sábado 25 de abril,pola mañá,un compañeiro chamoume para comunicarme que Paco nos deixara. Non mo dixo con esas palabras, pero a mensaxe era a mesma.
Entón pensei que aquel sono-ou non foi un sono?- e a historia de Julia, tiñan moito que ver.

Dende a ventá do meu cuarto asoma cada noite a lúa. O ceo estaba,a pasada noite,cheo de nubes pero podíase albiscar un trociño de lúa. E pareceume escoitar á "Raiña da noite" cantando a aria da ?Frauta máxica? de Mozart. E pensei que,nalgunha daquelas estrelas que as nubes tapaban, Paco estaría disfrutando dela , mentres debuxaba sobre algún pequeño papel a súa particular visión do universo. Cando o tempo mellore e as noites volvan estar cheas de estrelas fixareime ben a ver se algunha , á esquerda da lúa, centilea especialmente.Entón non estarei tan seguro de que fora un sono.

Deica logo, profe!

Reina de la noche
Comentarios (8) - Categoría LIBROS - Publicado o 01-05-2009 20:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 Profe,te echamos de menos .El nos aguantaba porque era bo e
cando iba ao parque co seu neto eu veia
que se divertia. Yo se que en #blgtk08#algun lugar de nuestro corazon. Y el era un señor genial.Te queremos, nuestro profesor querido,Paco.Espero que cuando mire al cielo estaras ai.
Comentario por Marta Arrieta Meijide. (27-04-2009 16:35)
2 Yo se que Paco es feliz pintando y escuchando musica al l#blgtk08#ado de la luna.Por que es el mejor profe y se lo merece.
Comentario por LAURA BARREIRO BREA (27-04-2009 18:05)
3 Paco era un profesor estupendo,pero alguna vez se enfadaba porque nos portabamos mal, espero que nos perdonase y que desde el cielo nos cuide pintandonos y poniendole música a un#blgtk08# feliz futuro para todos los que fuimos sus alumnos.
Profe, Paco, espero que al ir para el cielo te toque una estrella muy bonita y brillante.
Nunca te olvidaremos.
Comentario por JUAN ANTONIO CAMPELO BERMÚDEZ (27-04-2009 20:55)
4 Paco te echamos todos de menos y en especial mi
abuelo, mis hermanas #blgtk08# y yo.Espero
que en tu honor te pongan una
estrella muy grande.
Comentario por laur.arrieta.meijide (28-04-2009 12:53)
5 Me da pena que Paco muriera. :#blgtk08#-( era un buen profesor.
Comentario por manoel castro rodríguez (28-04-2009 12:56)
6 QUE TE ECHAM#blgtk08#OS DE MENOS
Comentario por FATIMA.INSUA.SOLMO (29-04-2009 10:59)
7 Paco toda la clase de 4º#blgtk08#A te estrañamos mucho
Comentario por Uxía Gende Bestilleiro (29-04-2009 11:19)
8 Hola paco se que desde algun sitio del
cielo nos estas mirando.
bien ves que to#blgtk08#dos te estamos echando mucho d menos.
espero que esteas muy agusto.un beso y un abrazo.
Comentario por ANA GOMEZ FERNANDEZ (02-05-2009 18:35)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0