BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

HISTORIA DE CARRAL: IDADE MEDIA E MODERNA

IDADE MEDIA
?Fernando III concede ás xentes de Carral o título de lealdade, en agradecemento ós moitos carraleses que defenderon na véspera do día de San Andrés de 1227 o castelo de Baeza do asedio musulmán, por este motivo é polo que nos documentos do Concello de Carral figura o título de "Moi Leal". Tamén lles concede o privilexio de colocar no escudo unha bordadura de gules con oito aspas de ouro, unha por cada parroquia, en conmemoración daquela fazaña. Os Reis Católicos outorgan a vila a Carta de Puebla Real e pode colocar tamén no seu escudo a coroa real.

IDADE MODERNA


OS MÁRTIRES DE CARRAL

O acontecemento máis importante da historia moderna de Carral foi ter sido escenario do triste remate do Coronel Solís e os militares que lle acompañaron no levantamento contra o presidente Narváez. Dito alzamento comezou en Lugo en 1846, cando Solís e Cuetos, disolveron o Consello Provincial e a Deputación, proclamando unha Xunta de Goberno de Galicia en contra do Goberno de Isabel II. Pretendían reivindicar a liberdade rexional de Galicia. A batalla decisiva tivo lugar o 23 de Abril en Cacheiras, pero ante a superioridade das tropas enviadas por Madrid foron derrotados. Aquela mesma tarde, Solís, que se refuxiara en San Martiño Pinario entregouse... e despois de tres días e un xuízo sumarísimo foi condenado a morte en Carral. Este xuízo non foi celebrado en Santiago ou na Coruña por medo ós simpatizantes do coronel que había nestas cidades.

A Liga Galega da Coruña toma a iniciativa de levantar un monumento en memoria ós Mártires de Carral. A primeira pedra se coloca o 23 de abril de 1899, inaugurándose o 22 de maio de 1904. Nel figura o seguinte lema "Aos mártires da liberdade mortos o 26 de abril de 1846. Liga Gallega na Cruña". Unha placa lembra os nomes dos oficiais executados.?(1)

(1)Recollido da paxina do Concello de Carral:http://www.concellocarral.com/index.php?id=23
ENLACES:
http://nieve.nireblog.com/post/2007/04/26/martires-de-carral
web concello de carral
WEB RELACIONADA
Comentarios (1) - Categoría CARRAL - Publicado o 11-04-2008 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 E moi ben porqu#blgtk08#e e onde vivo!
Comentario por Gael (29-04-2008 19:03)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0