BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

XEOGRAFÍA
PRESENTACIÓN
En 1836, sendo Gobernador Civil Pio Piza Pizarro, Carral constitúese como Concello, fixándose a súa demarcación.Forma parte da Área Metropolitana da Coruña.
Abarca unha superficie de 48 Km.2
Respecto da orixe do seu nome existen dúas teorias: 1) o nome ven dos ?carros? que levaban e traían o gran dos muiños.2) procedería do paso da ?carrilana? que facía a rota Santiago-A Coruña.
SITUACIÓN XEOGRÁFICA:
Trátase dun concello pertencente á ?Comarca da Coruña?. Limita cos concellos de Abegondo, Cambre , Culleredo , Ordes e Cerceda.
POBOACIÓN
Conta cunha poboación de 5.289 habitantes, tendo unha densidade de 110,19 habitantes por Km.2
Comprende un total de 8 parroquias: Santa Mariña de Beira, Santiago de Sumio, San Estevo de Paleo, San Pedro de Quembre, Santa Baia de Cañás, San Martiño de Tabeaio, San Xián de Sergude e San Vicente de Vigo.

NOME PATRONO KM.2 POBOACIÓN MÁIS RECENTE
BEIRA SANTA MARIÑA 10,27 573
CAÑÁS SANTA BAIA 3,61 319
PALEO SAN ESTEBAN 8,55 2.062
QUEMBRE SAN PEDRO 5,54 346
SERGUDE SAN XULIÁN 2,31 146
SUMIO SANTIAGO 8,77 503
TABEIAO SAN MARTIÑO 4,56 885
VIGO SAN VICENTE 4,38 456
POBOACIÓN TOTAL 5.290
(Datos de 2002)

Evolución da poboación de: Carral - desde 1900 ata 2004 -
1900 1930 1950 1981 2004
5.082 5.661 6.067 6.001 5.453
Fontes: INE e IGE
Xentilicio : Carralés

RELEVO
Dentro do municipio atopámonos con dous vales que acollen ós rios Barcés e Brexa. Ámbolos dous son afluentes da marxe esquerda do Mero. O Brexa penetra en Carral polo seu extremo NO. atravesandoo en dirección noroeste-nordeste, e formando o val situado entre Tabeaio e o núcleo urbano de Carral. O rio Barcés forma unha das paisaxes mais fermosas do concello: O Val de Barcia. O Barcés transcurre diagonalmente no territorio carralés, servindo nalgúns traxectos do seu percorrido de límite co concello de Abegondo. O val que o acolle é de gran riqueza agrícola e as panorámicas que ofrece son de inmellorable fermosura. Nel atopamos numerosos pazos, castros, muiños, cruceiros, capelas e igrexas; ainda que moitas destas construccións xa desapareceron ou están en estado de abandono e deterioro. Os que mellor se conservan son os pazos e as igrexas. Tamén son de salientar as principais alturas que se atopan neste municipio. Son o Xalo con 459 mts., San Bartolomé, nas Travesas, con 458 mts. de altitude, e o monte Castro de Ameás con 210 mts.


ECONOMÍA:
As principais actividades do concello céntranse no sector Primario(agrícultura, gandeiria e explotación forestal).
Agricultura: con todo tipo de cerais, legumes, hortalizas e froitas, sendo de salientar nestas últimas as plantacións de kiwis introducidos recentemente.
Gandeiria: fundalmente a producción de leite , e os queixos artesanais que inda se poden adquirir nas feiras e algúns comercios da zona.
Explotación forestal: a explotación de especies non autóctonas, fundamentalmente o eucalipto estan a facer cambiar en gran medida a paisaxe, desaparecendo a maior parte das carballeiras e castiñeiras que antes daban carácter á paisaxe.
O Comercio céntrase na capitalidade do concello e nas feiras. Na actualidade, a creación do Polígono industrial Os Capelos, en fase de construcción, poderá mellorar as infraestructuras que leven a o desenvolvemento de novas empresas no municipio.

O PAN DE CARRAL
De entre os moitos pans tradicionais de Galicia, o de Carral, sen dúbida é dos máis coñecidos. Ten sona polo seu sabor e calidade pero tamén porque existe case desde sempre.
En efecto, tal e como vimos a saber ó longo da nosa investigación, Carral e o Val do Barcia son terras nas que se cultiva o trigo desde sempre porque é moi axeitada para este froito. Na Idade Moderna, a proximidade da cidade da Coruña, favoreceu o desenvolvemento dunha modesta actividade de fabricación e venda do pan; os datos proporcionados polo Catastro de Ensenada (1753) non deixan lugar a dúbidas, moitas familias do Val do Barcia teñen na elaboración e venda de pan a garantía do seu sustento.
Pouco despois, son os propios coruñeses quen fomentan a entrada na cidade e, incluso a imitación, dos mellores pans que coñecen, o de Carral e o de Bergantiños, que son os preferidos do público en detrimento da produción local.
É precisamente esta conexión coa cidade coruñesa o que favoreceu o mantemento desta industria artesanal que aínda hoxe en día amasa e coce o seu pan seguindo as formas tradicionais.
? Uns vinte fornos, repartidos por diversos lugares do municipio (Tabeaio, Barcia, Herves e na vila de Carral) elaboran artesanalmente este "pan de molete" lixeiro e esponxoso. Se mestura a fariña de Castela coa do país, máis húmida e morena, e déixase en cantidades variables o cascabillo do grao de trigo, que proporciona ese contraste moteado da miga e mellora a dixestión. Pode durar fresco de tres a cinco días. Ademais do "pan de molete" se elaboran bolas, "boroa" de millo e empanadas.?(*)
(*)ENLACES RELACIONADOS CO TEMA
(*)ENLACES RELACIONADOS CO TEMA
http://www.terradasmarinas.com/?id=5e93e&s=K2
http://www.terradasmarinas.com/?id=6bd96&s=K2
http://www.terradasmarinas.com/?id=712b6&s=K2
http://www.terradasmarinas.com/?
http://www.agalicia.com/carral/index.htm
CONCELLO DE CARRAL
http://www.concellocarral.com/index.php?id=23
MUIÑOS DA EGOA
http://video.aol.com/video-detail/molinos-de-carral/1626878452
http://pandecarral.blogspot.com/

CONCELLO DE CARRAL
http://www.agalicia.com/carral/index.htm
terradasmariñas
Comentarios (5) - Categoría CARRAL - Publicado o 10-04-2008 20:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Esa foto está moi ben, pero case ninguen a mira . Tiñadela que poñer na p#blgtk08#axina principal. ou poñer fotos na biblioteca.Ninguen visita esta paxina.
Comentario por isaac perez (23-04-2008 16:26)
2 GUSTAME MOITO ESTA SECCIÓN,ENSINANOS#blgtk08# MOITO DA CULTURA CASTREXA.
Comentario por DOSI (23-04-2008 16:30)
3 Hola, estou a buscar unha foto do sepulcro da igrexa de Sumio pertencente a Francisco Bermúdez de Sangro, para un trabal#blgtk08#lo de heráldica sobre o escudo que alí se atopa.
se alguén ma pode enviar quedarei moi agradecido. Saúdos, Javier
Comentario por Javier (21-11-2008 17:54)
4 esto axudanos #blgtk08#moito a sabelo
Comentario por alba (14-03-2014 19:44)
5 esto axudanos #blgtk08#moito a sabelo
Comentario por alba (14-03-2014 19:44)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0