Isto pasoulle a unha rapaza que vivía en Carral e que tiña un veciño xoven.
Unha noite, ao regreesar dunha feSta, presentóuselle no camiño a alma dun difunto e, vintecatro horas depois, o veciño morreu de súpeto.
O día do enterro, cando a rapaza viña de pechar o muíño da señora a quen servía, asustouse e saiu correndo, facendo cruces e murmurando unha oración. Chegou a casa, morta de medo, e non lle contou a ninguén o que pasara. Ao día seguinte, cando viña de regreso, tremando coma un condenado na porta do inferno, volveu repetirse o mesmo, pero agora, antes de ver ao xoven, aiú que lle dicía:"¡María!Non fuxas, que non che vou facer dano.¡Escoita!. Vai mañá ás doce da noite ao bosque do Suenllo, e direcihe que tes que facer para que eu deixe de penar polos camiños. Vai e non llo digas a ninguén".Entón, apareceu de corpo enteiro, coa mesma roupa que lle puxeran para enterralo.
Chegou a outra noite e, vixiada por un veciño disposto a axudala se fose preciso, acudiú á cita, pero non se lle presentou o veciño. Cando outro día, regresando soa do muíño, de n ovo aparecéulle o morto dicíndolle:"¡María!.Non fixeches o que che pedín, pero estás a tempo de axudarme. Para que eu repouse e non me vexa castigado polos meus pecados a penar polos camiños da Terra, unha rapaza solteira ten que facer a pé a romaría da Nosa Señora da Barca, e pedir polas portas o almorzo de pan e auga, e unha pouca de palla para durmir nos alpendres. Ten que levar un hábito de "buriel", feito da limosna recollida entre os veciños de sete paroquias; e ten quee dicir unha misa en Paleo, e outra, o día da Virxe, na súa igrexa. Esa rapaza es ti, Maria. Axúdame, que inda estás a tempo.
Cando a rapaza fixo todo o que lle dixo o veciño, nunca máis volveu penar polos camiños.