BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Premio Luis Freire de Investigación Científica
Con motivo do galardón que acadou o noso centro, Premio Luis Freire de Investigación Científica, grazas ao proxecto ¿Es verdad que la luz de la luna pone verdes las patatas?, presentado por Mar Domínguez Pacheco e o seu grupo de alumnado (curso 2014/15), dispoñémonos a realizar a seguinte entrevista á mestra implicada e actual directora.

Bo día. Ante todo, noraboa polo premio Luis Freire.
Moitas grazas.

Poderíasnos dicir que tal foi a experiencia deste proxecto?
O máis importante a destacar foi a actitude durante a investigación: @s alumn@s estaban motivados, comprometidos, e sorprendidos por levar a cabo unha investigación científica. Tamén tomaron conciencia do traballo en grupo e a responsabilidade, e así percatáronse por exemplo, como un erro no rexistro afecta a todo o equipo. Este tipo de experiencias rompe esquemas, porque sae fóra da pauta do libro de texto.

A actual sociedade da información fai imprescindible a presenza da biblioteca escolar como centro dinámico de recursos. Que papel pode desempeñar a biblioteca, segundo a túa opinión, para fomentar a ciencia entre o alumnado?
Dar a coñecer revistas de divulgación científica , xa que non se promociona moito este tipo de material. Ademais, son unha gran fonte de documentación, e contribúe a espertar inquietudes entre @s nen@s.

Luis Freire comezou os estudos universitarios de Bioloxía aos 57 anos. Semella que a capacidade de aprender e a curiosidade son perennes no tempo. Cres que podemos achegarnos á ciencia en calquera momento das nosas vidas?
Si podemos e debemos iniciar novas aprendizaxes en calquera idade, mais o profesorado da universidade dinos que as vocacións científicas deben sementarse na Educación Primaria, así que non podemos descoidar a importancia desta etapa educativa ao respecto.

Moitas grazas pola túa atención.
De nada. Ata outra!
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 04-12-2015 12:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0