Mañá na aula de informática do cole participaremos... nunha videoconferencia!!!!!
Dende Suiza, Lisboa e Santiago intervirá un grupo de investigadores na conferencia que leva como título "Facendo Física de Partículas polo Mundo". O noso centro forma parte do grupo de 100 centros educativos galegos que se suman a actividade organizada pola Coordinadora de E.D.N.L.G e polo Servicio de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.
Unha máis das actividades programadas con motivo do Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego.
Descansamos de toda a actividade da última semana. Queredes botar unha ollada para lembrar todo o que fixemos? Grazas a todos, alumnos e mestres, por participar.Samaín 2012
Hoxe inaugurouse no vestíbulo unha nova "cortiza-web": www.xaosei.eu, que seguro que nos fará pasar moi bos e ilustrados ratos ao longo do curso.
Non esquezades botarlle unha ollada de cando en vez xa que haberá novidades constantemente, e se non vos cadra estes días, sempre poderedes facer unha visita virtual aquí.
Nicanor Parra, "o antipoeta" nado en Chile, ven de gañar o premio Cervantes de Literatura. Seguro que con este enlace, aprenderemos moitas cousas deste escritor.
Fotografías do álbum familiar de Lois Pereiro, poemas musicados, textos explicativos e mesmo gravacións da voz do poeta son algúns dos materiais multimedia dos que podemos gozar durante estes días no vestibulo do noso centro.
Todos estes recursos están incluídos na exposición interactiva sobre Lois Pereiro que chega hoxe ao centro.
A exposición sobre Lois Pereiro enmárcase nunha iniciativa máis ampla que promoven a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos e que pretende achegarlle ao alumnado a traxectoria vital e profesional de recoñecidos escritores da literatura galega.
A mostra que protagoniza o escritor de Monforte, deseñada por Ouvirmos, consiste nunha instalación multimedia composta por unha pantalla multitáctil de gran tamaño e un muro vertical que mostra unha liña temporal cos principais episodios da biografía de Lois Pereiro e textos explicativos das súas diferentes etapas vitais. Este muro conta con dúas pequenas pantallas que exhiben en continuo preto de cen fotografías pertencentes ao álbum familiar do poeta. En canto á pantalla multitáctil, esta presenta un programa interactivo, dinámico e sensible á manipulación con dedos e xestos, que consta de catro apartados: Fotobiografía, A voz do poeta, Xogando coas palabras e A música.
(Extraído de http://www.edu.xunta.es/web/node/3416)
Nos últimos anos a poboación mundial creceu espectacularmente e pronto alcanzaremos a cifra de sete mil millóns. Moita xente, non?
A noticia deberia facernos reflexionar un pouco sobre o mal repartidos que están os recursos.
Entre tanta xente raro sería que a ninguén se lle ocurrise crear unha aplicación para saber cal era a poboación no momento en que cada un de nos naceu. Sabes cantas persoas vivían na Terra cando ti naciches?