BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Visita aos maiores
Sempre é interesante visitar aos nosos maiores. Teñen moitas cousas que contar e forman parte da nosa historia. Os rapaces e rapazas de 6ºA visitaron hai uns días aos maiores que están na "Fogar de Sabela" en Quembre. Xogaron con eles parchís e ao dominó e fixeron globoflexia a cambio das súas historias. Viñeron contentísimos e quedaron convidados a volver.
Na biblio temos algúns libros que falan dos maiores do respeto que lles debemos e como debemos axudalos a vivir felices esta etapa da súa vida.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow customized with Smilebox
Comentarios (0) - Categoría OS TRABALLOS DOS ALUMNOS - Publicado o 05-05-2013 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
Ültimas noticiaaaassss!
A nosa máis efusiva noraboa a Martín, alumno de 6º que resultou premiado no concurso de viñetas pola igualdade real convocado pola Diputación da Coruña. Agora a procura dunha entrevista exclusiva que publicaremos axiña. Quen se anima?
Comentarios (8) - Categoría OS TRABALLOS DOS ALUMNOS - Publicado o 01-05-2013 20:59
# Ligazón permanente a este artigo
Finlandia, máis que un país ...
... e máis que un traballo. Os alumnos de 6ºB traballaron de xeito colaborativo para rematar este traballo. Unha mostra máis do que se pode facer optimizando recursos. Noraboa.

Comentarios (1) - Categoría OS TRABALLOS DOS ALUMNOS - Publicado o 16-04-2013 23:22
# Ligazón permanente a este artigo
Día da muller traballadora.
Como non podia ser doutro xeito, unha das nosas mulleres traballadoras deste curso é Fina Casalderrey. O alumnado de 2º de primaria, leva xa unhas semanas traballando coas súas obras e agora achégannos este fermosísimo texto feito de xeito colaborativo. Gozade del.



"O mellor, sen dúbida"


Non o pensou máis, levaba demasiado tempo cavilando e de súpeto viuno claro, escribiu "O traballo de ser mamá é o máis importante". Sorriu, apagou o portátil e colocou o dicionario no andel.

Estaba cansa, pechou os ollos e lembrou... a súa casa na aldea de Xeve (Pontevedra), aos seus pais e avós. Aqueles días nos que non había moitos luxos pero sí as fermosas historias de lobos e raposos do avó e unha radio que escoitaban todos á noite. As veces que lle pedía a seus pais unha irmá, que ao final veu. As merendas nas leiras as longas tardes do verán. As conversas no lavadoiro nas que todas rían co que contaban as maiores. O medo que sentía cando tiña que carrexar caldeiros de auga á noitiña. O paso do tempo, como ía medrando e como tomaba decisións: estudar maxisterio, saír da casa por primeira vez, a primeira escola, formar unha parella, ter dous fillos preciosos...

Ao abrir o día, espertou. Enriba da mesita estaba o seu aliado dende hai anos. Colleuno e púxose a organizar a xornada, mentres lle facía uns mecos á gatiña:

Almorzo cos meus, o máis importante.
Preparar o artigo do sábado para o xornal.
Xantar con Mariano García, para intercambiar novas receitas gastronómicas e falar das nosas cousas.
Tomar café con Uxía Blanco e comentar como vai a adaptación de "Querido Tomás". Logo, achegarnos ao ensaio.
Xunto coa familia cambiar impresións, durante a cea, das ideas sobre as que estará baseado o discurso de ingreso na Real Academia Galega.

Tantos traballos... ama da casa, escritora, etnógrafa, boa cociñeira, mamá, actriz, académica, profesora, poetisa. Xa estaba elixido, sen dúbida.

2º A - Titora: Alicia Patiño
Comentarios (0) - Categoría OS TRABALLOS DOS ALUMNOS - Publicado o 11-03-2013 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
Pequenos empresarios
As alumnas e alumnos de 6º A, andan a facer manualidades que poñen á venda para así, sufragar parte dos gastos da excursión de fin de curso. Quérelos axudar? Teñen uns precios incriiiiiiiiibles!
Comentarios (3) - Categoría OS TRABALLOS DOS ALUMNOS - Publicado o 28-11-2012 19:36
# Ligazón permanente a este artigo
Caldo de nabizas
Mmmmmmmmm, que rico!!!
Con este orballo que non para, nada mellor que unha pota na cociña deixando escapar o arrecendo a un bo caldo de nabizas.
Seguro que hoxe en moitas das casas dos nosos alumnos, algún magnífico "chef" cociñou un bo caldiño para quentar o estómago. Xa non hai excusa posible, se alguén esqueceu a receita os nosos nenos de segundo poden botar unha man.
Na prensa
Comentarios (0) - Categoría OS TRABALLOS DOS ALUMNOS - Publicado o 17-11-2012 15:43
# Ligazón permanente a este artigo
Actividade no centro
Os nenos e as nenas do cole estiveron estes últimos días a traballar en contos de outono.
Cada grupo creou o conto e pensou a forma de interpretalo para outro curso. A iniciativa está a ter moito éxito... Noraboa a equipa de dinamización lingüística pola cordinación da actividade.
Comentarios (1) - Categoría OS TRABALLOS DOS ALUMNOS - Publicado o 24-10-2012 16:24
# Ligazón permanente a este artigo
O día da ciencia
Ver aos nosos nenos e nenas tan entusiasmados animando aos visitantes a acercarse á nosa "jaima"... Escoitar as explicacións tan claras... Construir un muiño con papeis de cores... Comer ás de polo pensando en como se transforma a enerxía...Mmmm só unha pega, olvidáronse de facer un panel que dixese que a enerxía dos alumnos transfórmase en enerxía para mestres (e viceversa). Vémonos no próximo día da ciencia: seguro.

Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
This free picture collage customized with Smilebox
Comentarios (4) - Categoría OS TRABALLOS DOS ALUMNOS - Publicado o 12-05-2012 00:32
# Ligazón permanente a este artigo
ESPERÁMOSVOS, NON FALTEDES!!!!!!!!

Este ano os alumnos de 5ºA de primaria participaremos no ?XVII Día de la ciencia en la calle?.
Esta xornada está organizada polos Museos científicos coruñeses no parque de Santa Margarida. A actividade terá lugar próximo sábado día 5 entre as 11 e as 19.
Trátase dunha festa onde os colexios participantes amosan ao público asistente as diversas actividades, maquetas, xogos? de ciencias realizadas na aula.
É impresionante todo o que se pode experimentar e aprender neste día.
Nós presentamos un proxecto que consiste no desenvolvemento da enerxía ao longo da vida do ser humano.
Os colexios participantes son de todos os niveis dende infantil e primaria, pasando por ESO, bacherelato e Formación profesional ata a universidade da Coruña.
Non o perdas, ven a visitarnos, seguro que non te arrepintes.

O grupo de 5ºA
Comentarios (2) - Categoría OS TRABALLOS DOS ALUMNOS - Publicado o 02-05-2012 14:35
# Ligazón permanente a este artigo
XVII DIA DE LA CIENCIA EN LA CALLE

O sábado 5 de maio desde as 11:00 ás 19:00, os alumnos e alumnas de 5º participarán no XVII Día de la ciencia en la calle, que terá lugar no parque de Santa Margarida. Esperamos que disfrutedes esta oportunidade de coñecer algo máis sobre o noso entorno da man dos vosos compañeiros e dos rapaces e rapazas doutros centros.


Pedide na casa que vos leven, pasaredes un bo rato compartindo tempo de lecer coa vosa familia. Si entrades no parque `pola rúa Palomar atoparásnos preto do Xardín Infantil.
Comentarios (2) - Categoría OS TRABALLOS DOS ALUMNOS - Publicado o 02-05-2012 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0