BIBLIOCARBALLEIRA. BUEU


Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras.
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.

Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".

Contamos connvosco!

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CONTRATOS PROGRAMA

Visita a exposición realizada polo alumnado do noso centro, enmarcada dentro das actividades desenvolvidas nos CONTRATOS PROGRAMA, realizadas en coordinación cos departamentos de matemáticas e lingua.

Verás Tangrams, bandas de Möbius, a cadratura do cículo así como a obra literaria de FRANKENSTEIN da escritora inglesa Mary Shelley.

FRANKENSTEIN foi ublicada en 1818, e enmarcada na tradición da novela gótica o texto explora temas tales como a moral científica, a creación e destrucción da vida e a habilidade da humanidade na súa relación con Deus.

É considerada como o primeiro texto do xénero de ciencia ficción.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 02-06-2015 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
2015: ANO INTERNACIONAL DA LUZ
2015:ANO DA LUZ
O ano 2015 foi nomeado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas como "Ano Internacional da luz e as tecnoloxías baseadas na luz", tamén coñecido polo acrónimo en inglés IYL2015. No ámbito das conmemoracións do IYL2015 en Galicia, e co apoio de diferentes organismos e patrocinadores, se organizarán diferentes actividades.Entre as máis salientables figuran os diferentes concursos abertos a toda a poboación.

Á participación nos concursos terá lugar por categorías de idade, facéndose especial fincapé en fomentar a participación de alumnos e grupos de alumnos nos diferentes niveles de ensino, dende o infantil aos estudos superiores. Serán consideradas contribucións dos máis diversos tipos, clasificadas en tres grandes ámbitos: literario, gráfico e experimental.

Os temas poden ser tamén dos máis variados, non só os relacionados coas propiedades físicas da luz e as súas múltiples aplicacións ou os diferentes e extraordinarios fenómenos ópticos ou os instrumentos ópticos que fan as nosas vidas máis fáciles ou interesantes e que tan importantes son para o desenvolvemento das nosas sociedades, pero tamén os dos dominios da arte o e da "maxia".

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 02-06-2015 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
ÁNXELES ALVARIÑO

ÁNXELES ALVARIÑO foi unha precusora na investigación oceanográfica mundial.

Describiu vinte dúas novas especies de zooplancto mariño e foi considerada unha autoridade mundial en tres grupos de organismos do mar, os quetognatos (Filum Chaetognatha), os sifónoforos (Orde Siphonophora) e as hidromedusas (da Clase Hydrozoa). Como muller formou parte do grupo de científicas pioneiras en Galicia e en España na Oceanografía biolóxica.

A súa carreira científica acadou a excelencia polo acceso a centros de investigación estranxeiros de vangarda.

Dende este link, podedes acceder a toda a producción científica dela:

http://consellodacultura.gal/album/extras/docs/74_obra-angeles-alvarino.pdf
FORMACIÓN E PERCORRIDO PROFESIONAL
OBRA
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 02-06-2015 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DA CIENCIA EN GALICIA: 01/06/2015
DÍA DA CIENCIA
ANXELINES ALVARIÑO

Nace en Serantes (Ferrol) o 3 de Outubro de 1916. A súa formación básica inicíase en diversos colexios de Ferrol e continúa en Santiago de Compostela, en cuxa universidade realiza o Bacharelato Universitario en Ciencias e Letras, presentando en 1933 as disertacións ?Insectos sociales? e ?Las mujeres en el Quijote?, respectivamente.

En 1934 inicia os estudos de Ciencias Naturais na Universidade de Madrid, estudos que vense interrompidos pola Guerra Civil. En 1940 cásase co Capitán da Mariña de Guerra Española, D. Eugenio Leira Manso, Caballero de la Real y Militar Orden de San Hermenegildo, matrimonio do que en 1942 nacerá a súa filla Ángeles, que máis tarde habería de ser Arquitecta en Estados Unidos. Finalizada a Guerra Civil, continúa os seus estudos na Universidade de Madrid, na que realiza un Máster en Ciencias Naturais en 1941.

En 1951 obtén o Certificado de Doutorado en Psicoloxía Experimental, Química Analítica e Ecoloxía Vexetal.

En 1967 obtén o Doutorado en Ciencias pola Universidade de Madrid, coa tese ?Los Quetognatos del Atlántico. Distribución y Notas Esenciales de Sistemática?. Entre 1941 e 1948 inicia a súa actividade laboral, dando clases de diversas materias en Colexios de Ferrol. A súa andaina como oceanógrafa iníciase coa súa incorporación, en 1950, ao Instituto Español de Oceanografía no Centro Costeiro de Vigo, onde se rexistran as súas primeiras publicacións.

Dende alí, en 1953, consegue unha axuda do British Council para desprazarse ao Laboratorio Mariño de Plymouth (Inglaterra), onde realiza investigacións sobre zooplancto baixo a dirección de Sir Frederick Russell. Alí iníciase Alvariño no estudo de varios grupos de predadores zooplanctónicos e no ictioplancto.

En 1956, financiada pola Comisión Fulbright, continúa a súa formación oceanográfica na Woods Hole Oceanographic Institution de Massachusetts, esta vez tutelada pola zooplanctóloga Dra. Mary Sears.

De 1958, por recomendación da Dra. Sears, incorpórase como investigadora ao Marine Life Research Group of Scripps Institution of Oceanography na Universidade de San Diego (California), onde permanece ata 1970, estudando miles de mostras planctónicas obtidas nos Océanos Atlántico, Pacífico e Índico e as repercusións no plancto, correntes e dinámica oceánica do gran ?El Niño 1957-1959?.

Finalmente, en 1970, incorporouse ao prestixioso Instituto de Investigación, o National Oceanic and Atmospheric Administration, Fisheries Oceanigraphic Center, onde continuando co seu interese na sistemática dos depredadores de plancto, dedica esforzos á interpretación da abundancia, distribución e mortalidade do ictioplancto, colaborando cos Dres. Elbert Ahlstrom, Reuben Lasker e Longhurst.

Tras xubilarse pasou á categoría de Científica Emérita no 1987, e puido continuar coas súas investigacións. Tamén se interesou polas históricas expedicións científicas españolas, sobre as que publicou un libro (España e a primeira expedición científica oceánica, 1789-1794).

Falece en La Jolla (California) o 29 de Maio de 2005.

Oceanógrafa recoñecida internacionalmente, publica un centenar de traballos en revistas de prestixio e descobre 22 novas especies de zooplancto, dúas das cales levan o seu nome. É a primeira muller investigadora que participa nunha campaña oceanográfica nun barco británico. Un talento galego que, en tempos difíciles, soubo buscar un lugar na investigación oceanográfica mundial. Todo un exemplo de vocación e esforzo. O seu legado científico e persoal volveu a nosa terra, cedido ao Arquivo Municipal da Coruña. Foi distinguida coa Medalla de Prata de Galicia en 1993, a Universidade da Coruña dedicoulle a Semana da Ciencia en 2005 e o Concello de Ferrol rendeulle unha homenaxe no Campus de Esteiro en 2007. Por outra parte, o 24 de Febreiro de 2012, o IEO botou en Vigo un novo barco oceanográfico co nome Angeles Alvariño. A Real Academia Galega de Ciencias, a Comunidade científica e a Sociedade galega réndenlle tributo público como científica Galega do ano 2015.
ÁNXELES ALVARIÑO
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 02-06-2015 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Landroteca

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0