BIBLIOCARBALLEIRA. BUEU


Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras.
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.

Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".

Contamos connvosco!

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CARICATURAS EN CONMEMORACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

O equipo da Biblioteca decidíu colocar en tódalas portas das aulas do centro para identificalas, diferentes caricaturas dos homenaxeados no día das letras galegas ó longo de todos estes anos.

Destacar entre todos eles a:

Xosé Filgueira Valverde
Pontevedra (1906-1996)
Xosé María Díaz Castro
Guitiriz (1914) Lugo (1990)
Roberto Vidal Bolaño
Santiago (1950-2002)
Valentín Paz Andrade
Pontevedra (1898) Vigo (1987)
Lois Pereiro
Monforte de Lemos (1958) A Coruña (1996)
Uxío Novoneyra
Parada de Moreda-Lugo (1930) Santiago (1999)
Ramón Piñeiro López
Láncara-Lugo (1915) Santiago (1990)
Xosé María Álvarez Blázquez
Tui (1915) Vigo (1985)
María Mariño Carou
Noia (1918) O Courel (1967)
Manuel Lugrís Freire
Sada (1863) A Coruña (1940)
Lorenzo Varela
Monterroso (1916) Madrid (1978)
Xaquín Lourenzo
Ourense (1907) Lobeira-Ourense (1987)
Antón Avilés de Taramancos
Taramancos-Noia (1935) A Coruña (1992)
Frei Martín Sarmiento
Villafranca (1695) Madrid (1772)
Eladio Rodríguez González
Leiro (1864) A Coruña (1949)
Manuel Murguía
Arteixo (1833) A Coruña (1923)
Roberto Blanco Torres
Cuntis (1891) Entrimo (1936)
Martín Codax - Mendiño
Ría de Vigo (s.XIII-XIV)
Ánxel Fole Sánchez
Lugo (1903-1986)
Xesús Ferro Couselo
Valga (1906) Pontevedra (1975)
Rafael Dieste Gonçalvez
Rianxo (1899) A Coruña (1982)
Luis Seoane López Bos
Bos Aires (1910) A Coruña (1979)
Eduardo Blanco Amor
Ourense (1900) Vigo (1979)
Fermín Bouza-Brey
Ponteareas (1901) Santiago (1973)
Álvaro Cunqueiro Mora
Mondoñedo (1911) Vigo (1981)
Luis Vázquez Fdez-Pimentel
Lugo (1895-1958)
Celso Emilio Ferreiro
Celanova (1912) Vigo (1979)
Ramón Otero Pedrayo
Ourense (1888-1976)
Francisca Herrera Garrido
A Coruña (1869-1950)
Aquilino Iglesia Alvariño
Abadín (1909) Santiago (1961)
Antón Losada Diéguez
Boborás (1884) Pontevedra (1929)
Armando Cotarelo Valledor
Vegadeo-Asturias (1879) Madrid (1950)
Manuel Leiras Pulpeiro
Mondoñedo (1854-1912)
Luis Amado Carballo
Pontevedra (1901-1927)
Vicente Martínez-Risco
Ourense (1884-1963)
Afonso X "O Sabio"
Toledo (1221) Sevilla (1284)
Manoel Antonio Pérez Sánchez
Rianxo (1900-1930)
Antonio López Ferreiro
Santiago (1837) Vedra (1910)
Antón Vilar Ponte
Viveiro (1881) A Coruña (1936)
Ramón Cabanillas Enríquez
Cambados (1876-1959)
Xoán Manuel Pintos Villar
Pontevedra (1811) Vigo (1876)
Xoán Vicente Viqueira
Madrid (1886) Bergondo (1924)
Manuel Lago González
Tui (1865) Santiago (1925)
Valentín Lamas Carvajal
Ourense (1849-1906)
Gonzalo López Abente
Muxía (1878-1963)
Marcial Valladares Níñez
A Estrada (1821-1903)
Antonio Noriega Varela
Mondoñedo (1869) Viveiro (1947)
Florentino López Cuevillas
Ourense (1886-1958)
Manuel Curros Enríquez
Celanova (1851) A Habana (1908)
Francisco Añón Paz
Outes (1812) Madrid (1878)
Eduardo Pondal Abente
Ponteceso (1835) A Coruña (1917)
Alfonso Castelao Rodríguez
Rianxo (1886) Bos Aires (1950)
Rosalía de Castro
Santiago (1837) Padrón (1885)
HOMENAXEADOS
Comentarios (1) - Categoría: Actividades - Publicado o 26-05-2015 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
É A GUERRAARR¡¡¡¡¡¡¡
Bueu é unha auténtica canteira, tanto de actores coma de espectadores, vamos, unha comarca tremendamente vinculada ó mundo do teatro.

"Comediantes Anónimos" de Fran Paredes, un grupo máis que asentado nos circuitos culturais da comarca salido do IES Johan Carballeira de BUEU, presenta para todo o público asistente a obra de teatro: É A GUERRAARR ¡¡¡¡¡

O pase das 2 sesións será de mañá e de tarde, o xoves 21 de Maio de 2015.

O carácter da obra, para tódolos públicos, vai permitir que a disfrutemos tod@s.


FRAN PAREDES
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 22-05-2015 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
MÓBIL POLA LINGUA

A asociación "Queremos Galego Marín" organiza o I Concurso de vídeo con móbil pola lingua.

Os vídeos presentados deben ter unha extensión máxima de 3 minutos e a temática ten que xirar arredor da importancia do uso do galego.

Outorgaranse tres premios, de 100 euros, 75 euros e 50 euros respectivamente, ademais dun lote de libros para cada un.

Os participantes teñen de prazo para presentar as gravacións ata o 15 de xuño.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 22-05-2015 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
MAIO:MES DAS LETRAS GALEGAS
O xoves 14 de Maio CELEBRAREMOS AS LETRAS GALEGAS no Salón de Actos á hora do recreo.

Entregaranse os PREMIOS aos gañadores dos CONCURSOS:

*Carreira de valor: "POR ONDE ANDA A PERXEBRIÑA"

*Concurso de léxico:"CADA COUSA POLO SEU NOME"

*"NA PROCURA DO TESOURO"

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 12-05-2015 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
PROGRAMACIÓN CULTURAL AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS
Martes, 2 de xuño (ás 20:30 horas)
6º CICLO DE TEATRO AFECCIONADO ?CITEAMOR?
IES JOHÁN CARBALLEIRA DE BUEU
Presenta:
É A GUERRAAARRR!!!
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 12-05-2015 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
14 de MAIO 2015: DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O Día das Letras Galegas 2015 está adicado a Xosé Fernando Filgueira Valverde, historiador, escritor, político, etnógrafo que naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906. Faleceu o 13 de setembro de 1996 ós 89 anos de idade.

Currículo

Estudia o Bacharelato en Pontevedra e obtén en Santiago a licenciatura en Dereito. Tamén obtén en 1936 o doutorado en Filosofía e Letras, Sección de Historia. Traballa como profesor do Instituto de Ensino Medio en Pontevedra. En 1923 dirixe a sección de Historia da Literatura no Seminario de Estudios Galegos. Colabora en diversos medios de comunicación e en 1932 é nomeado membro da Real Academia da Historia. Desde 1942 é membro da Real Academia Galega e en 1953 é nomeado membro da Real Academia da Lingua e tamén do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento así como de moitas máis fundacións, academias... Desde 1959 a 1968 é alcalde de Pontevedra e recibe varios premios e condecoracións.

Obras realizadas

Son moitos os campos do saber que abarcou Filgueira Valverde. Escribiu máis de 300 libros e milleiros de artigos, pronunciou discursos e conferencias... Por citar algunhas, pódense destacar produccións como Guía de Compostela, Castelao escenógrafo, Da épica na Galicia medieval, Don Quijote y el amor trovadoresco, La toponimia gallega, Rosalía no seu fogar...

Un resumo da súa obra:

. A Eirexa pre-románica de Francelos
· A Paisaxe no Cancioneiro da Vaticana
· A poesía medieval galego-portuguesa fora dos seus lindeiros: conferencia pronunciada no Auditorio da Caixa de Aforros Municipal de Vigo
· A vida do beato Aparicio nas "estampas" de Pietro Bombelli (1789)
· Adral
· Agromar: farsa pra rapace
· Álvaro Cunqueiro
· Antón Losada Diéguez
· Armando Cotarelo Valledor: 1879-1950
· Arredor do libro: artigos de bibliofilia
· Baldaquinos galegos
· Camões: comemoração do Centenário de "Os Lusíadas"
· Cancioneiriño de Compostela
· Cancioneiriño novo de Compostela
· Castelao e os estudos galegos
· Comentarios de textos contemporáneos
· Con Otero Pedrayo
· Da épica na Galicia medieval: Discurso de ingreso de Xosé Filgueira Valverde na Real Academia Gallega e resposta de Ramón Otero Pedrayo
· Estudios sobre lírica medieva: traballos dispersos (1925-1987)
· Francisca Herrera Garrido no arquivo do museo
· Frei Martín Sarmiento (1695-1772)
· Galicia: magos, soldados e viaxeiros
· Guía dos fondos do arquivo do museo de Pontevedra
· II Adral
· III Adral
· IV Adral. Castelao na lembranza
· IX Adral
· O Himno galego: da "Marcha do Reino de Galicia" a "Os pinos" de Veiga e Pondal
· O Vigario: ensaio simbólico, orixinal e inédito
· Os nenos
· Quintana viva
· V Adral
· VI Adral
· VII Adral
· VIII Adra

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 08-05-2015 12:14
# Ligazón permanente a este artigo
NOVAS ADQUISICIÓNS DE ÁLBUMS ILUSTRADOS
*DESENCUENTROS, de Jimmy Liao
*ESCONDERSE EN UN RINCÓN DEL MUNDO, de Jimmy Liao.
*EL ÁRBOL ROJO, de Shaun Tan.
*EL MAR Y OTRAS COSAS DE LAS QUE TAMBIÉN ME ACUERDO, de Mónica Gutierrez Serna.
*EU VIVÍA NA FIN DO MUNDO, de Ramón Trigo.
*LA HISTORIA DE LOS BONOBOS CON GAFAS, de Adela Turín e Nella Bosnia.
*PERSÉPOLIS, de Marjane Satrapi.









Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 05-05-2015 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Landroteca

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0