BIBLIOCARBALLEIRA. BUEU


Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras.
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.

Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".

Contamos connvosco!

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

UN POR OUTRO

Durante este mes de Maio recolleremos na Biblioteca os libros que queirades deixar "de balde" para intercambialos por outros, tamén "de balde", que se deixen no cuarto da biblioteca (onde se fan os empréstitos e as devolucións).
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 27-05-2014 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIOS DO EDLG E DA BIBLIOTECA
Desfrutade deste magnífico vídeo, onde recoñeceredes ós vosos compañeir@s premiados nos concursos de :"dinamización da lingua galega", "fotografía", "Caligramas" e "Na procura do tesouro",nunha entrega celebrada no salón de actos do centro, en conmemoración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 19-05-2014 22:23
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014
O Homenaxeado do Día das Letras Galegas 2014 é Xosé María Díaz Castro (1914 - 1989), poeta orixinario de Os Vilares de Parga, Guitiriz (Lugo).

Currículum

Ós 17 anos ingresou no Seminario de Mondoñedo e cando saíu en 1936, exerceu de profesor de Ensinanza Media en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). En 1948, tras licenciarse en Filosofía e Letras, trasladouse a Madrid, onde alternou a docencia coa traducción no Ministerio da Gobernación. Tamén traballou no Instituto de Cultura Hispánica e no Consello Superior Científico.

Obras realizadas

Escribiu os primeiros versos ós 12 anos e o seu primeiro poema publicouno ós 16 na revista "Lluvia de rosas" (Tarragona) da que foi colaborador. Desde Madrid publicou asiduamente poemas na revista "Alba". A súa consagración produciuse coa aparición do tomo IV da Escolma da poesía galega (1955) de Francisco Fernández del Riego. Tamén publicou poemas e artigos de crítica e ensaio en xornais de Vilalba, Mondoñedo, Viveiro, Lugo, Pamplona, Vigo e nas revistas "Estafeta literaria" e "Ínsula" de Madrid. En 1946 publicou Nascida dun sono e El cántico de la ciudad e en 1961 Nimbos, a súa obra máis importante. Publicou, ademais, traduccións ó galego e ó castelán de poetas e prosistas europeos, multitude de poemas e os libros Sombra radiante e Mediodía.

Outros datos de interese

O seu poema "Penélope" foi traducido ó francés na antoloxía Terre d'Espagne de Francoise Pechère e aparece a referencia crítica á súa obra na revista alemana "Humboldt". En 1946 gañou os primeiros premios de poesía galega e castelá nos Xogos Florais de Betanzos (A Coruña).


http://www.diadasletrasgalegas.com/homenaxeado/xose-maria-diaz-castro_2014
http://www.xunta.es/linguagalega/xose_maria_diaz_castro
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 15-05-2014 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
I SEMANA DA CULTURA DO IES JOHAN CARBALLEIRA
Este curso queremos comezar un novo proxecto, a SEMANA CULTURAL do IES Johan Carballeira, unha iniciativa modesta pero que esperamos dure moitos cursos. Por iso vos convidamos a participar durante os días 6,7 e o de Maio dunha serie de actividades promovidas polo centro grazas á colaboración no noso profesorado e do Cineclub de Bueu.

A programación é a seguinte:

MARTES 6 MAIO ÁS 19:00: Mª Ana Cerdido Fachal (profesora de naútica): "A carpinteria de Ribeira".

MÉRCORES 7 MAIO ÁS 19:00: Jacinto García Piñeiro (profesor de xeografía e historia): " O megalitismo:primeira arquitectura monumental en Galicia".

XOVES 8 MAIO ÁS 19:00 :Proxección de curtas e posterior coloquio a cargo do Cineclub Bueu.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 08-05-2014 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Landroteca

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0