BIBLIOCARBALLEIRA. BUEU


Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras.
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.

Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".

Contamos connvosco!

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Recuncho da Poesía: Mario Benedetti
Esta semana no Recuncho da Poesía, podedes levar este poema:

HAGAMOS UN TRATO

Compañera
usted sabe
que puede contar
conmigo
no hasta dos
o hasta diez
sino contar
conmigo

si alguna vez
advierte
que la miro a los ojos
y una veta de amor
reconoce en los míos
no alerte sus fusiles
ni piense qué delirio
a pesar de la veta
o tal vez porque existe
usted puede contar
conmigo

si otras veces
me encuentra
huraño sin motivo
no piense qué flojera
igual puede contar
conmigo

pero hagamos un trato
yo quisiera contar
con usted
es tan lindo
saber que usted existe
uno se siente vivo
y cuando digo esto
quiero decir contar
aunque sea hasta dos
aunque sea hasta cinco
no ya para que acuda
presurosa en mi auxilio
sino para saber
a ciencia cierta
que usted sabe que puede
contar conmigo

"Cada semana un poema, achégate e lévao contigo"


Comentarios (1) - Categoría: Actividades - Publicado o 26-05-2009 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
25 de Maio: Día de África
Un mundo de enormes contrastes: o ritmo e alegría de vivir, a beleza conviven co sufrimento que provocan a pobreza, o VIH / SIDA, a inseguridade alimentaria,o subdesenvolvemento e os conflictos armados.

Cifras para pensar:

* O último informe do Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento(PNUD) sinala que dos últimos 50 países co Índice de Desenvolvemento máis baixo, 40 son africanos.

* Cerca de 936 millóns de persoas viven en África, delas, 315 millóns o fan na pobreza a pesar das enormes riquezas do continente.

* 460 millóns teñen dificultades para alimentarse, 50 millóns pasan fame crónica.

* 300 millóns, na súa maioría habitantes de zonas rurais, non teñen acceso a auga potable, 313 millóns, carecen de servizos básicos de saneamento.

* Máis de 200.000 nenos e nenas son utilizados como soldados, escravos domésticos ou dedicados á prostitución.

* Máis de 78 millóns de nenos e nenas están sen escolarizar, a maior parte, son nenas.

* Na África subsahariana hai 28 millóns e medio de infectados polo VIH, dos que o 60 por cento son mulleres.

* Só en dous conflitos: Sudán - Darfur e República Democrática do Congo, producíronse dunha ou outra maneira, 7 millóns de víctimas.

E todo esto no chamado continente da esperanza dada a xuventude dos seus habitantes. Un continente con enormes riquezas naturais, cuxa historia, cultura, lendas e enormes posibilidades turísticas o convirten nunha fonte de recursos.

(Fonte: CICR/Manos Unidas)










Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-05-2009 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
O Recuncho da Poesía
Inauguramos no Instituto o "Recuncho da Poesía". Cada semana elixiremos un poema do que haberá fotocopias que podedes coller para vós ou para facer un presente. Acompañaremos os versos cunhas breves pinceladas sobre a vida e obra do autor ou autora dos mesmos.

En palabras de Octavio Paz, "Cada poema es único. En cada obra late, con mayor o menor grado, toda la poesía. Cada lector busca algo en el poema.Yy no es insólito que lo encuentre: ya lo llevaba dentro".

Así que...

"Cada semana un poema, achégate e lévao contigo"

Inauguramos esta actividade co poema de Asun Estévez,

Mesturada coas estrelas

Meu corpo miúdo
estremécese co vento.
Co ese vento do sur
que acariña o meu cabelo.

Son forte.
Forte coma a pedra.
No cabalo da noite.
Cabalgo.

Mesturada coas estrelas,
non sinto frío.


Non temo a vida.
Temo as palabras,
as palabras mal ditas.

Soño cos bicos
que aínda non din.
Esquecinme das bágoas.
Só quero rir.

Rir con todo.
Coa boca aberta
de par en par.

Non temo o inimigo.
Temo falar
e que non o entendan.

Mesturada coas estrelas,
non sinto frío.


Co vento do sur.
Penso.
Escribo.
Semello un paxariño.

Abro a gaiola
e pérdome contigo.
As palabras
fanme libre.
Non temo o perigo.

Mesturada coas estrelas,
non sinto frío.





Comentarios (1) - Categoría: Actividades - Publicado o 21-05-2009 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
Con Asun Estévez
Dentro da programación do Mes das Letras Galegas, asistimos a un recital con Asun Estévez, una veciña de Bueu que escribíu a obra, Pel de muller editada por Ir Indo, tras superar un cancro de mama.

Pel de muller é un libro de poemas «optimista cen por cen», segundo a propia autora. «Nel falo de todas as etapas na vida dunha muller, a muller que é nai, a muller que é filla, a amante, a amiga... a maneira de enfrontarse á vida, á enfermidade, para mi foi unha vía de escape, unha terapia facelo, e agora eu quero que a xente o lea e que lle axude. De feito moitos síntense identificados co que len, está a ter unha boa aceptación e eu estou moi contenta porque é o meu soño feito realidade».

Todo o que recaude coa venta do seu primeiro libro irá a parar á Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama (Adicam), da que ela mesma forma parte. Hai varios exemplares no Centro e na Biblioteca.

Grazas Asun!
Comentarios (5) - Categoría: Actividades - Publicado o 21-05-2009 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Olladas sobre Ramón Piñeiro
Un neno explica fragmentos da vida de Ramón Piñeiro, mirade o vídeo:

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-05-2009 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
Despedida a Mario Benedetti
O domingo 17 finou aos 88 anos de idade o escritor uruguaio Mario Benedetti. Autor de máis de oitenta libros de poesía, novelas, contos e ensaios, así como de guións de cine.

Premede na seguinte ligazón para ler fermosos poemas:
http://www.sololiteratura.com/ben/obraenverso.html

O autor foi galardoado co Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana (1999), o Premio Iberoamericano José Martí (2001) e o Premio Internacional Menéndez Pelayo (2005), entre outros.

Podedes percorrer con Benedetti fragmentos da súas vida neste vídeo:



MARIO BENEDETTI: PALABRAS VERDADERAS


Un poema de Benedetti sobre a morte:

EMBARAZOSO PANEGÍRICO DE LA MUERTE
(1991)

La periodista me preguntó
si yo creía en el más allá
y le dije que no
entonces me preguntó
si eso no me angustiaba
y le dije que sí

pero también es cierto
que a veces la vida
provoca más angustias
que la muerte

porque las vejaciones
o simplemente los caprichos
nos van colocando en compartimentos
estancos

nos separan los odios
las discriminaciones
las cuentas bancarias
el color de la piel
la afirmación o el rechazo
de dios

en cambio la muerte
no hace distingos
nos mete a todos en un mismo saco

ricos y pobres
súbditos y reyes
miserables y poderosos
indios y caras pálidas
ibéricos y sudacas
feligreses y agnósticos

reconozcamos que la muerte hace siempre
una justa distribución de la nada
sin plusvalías ni ofertas ni demandas
igualitaria y ecuánime
atiende a cada gusanito
según sus necesidades

neutra y equitativa
acoge con igual disposición y celo
a los cadáveres suntuosos de extrema derecha
que a los interfectos de extrema necesidad

la muerte es ecléctica pluralista social
distributiva insobornable

y lo seguirá siendo
a menos que a alguien
se le ocurra
privatizarla

Outros poemas en:


Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-05-2009 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
Maio: mes das Letras Galegas
CONCURSO E SABROSOS PREMIOS:
Xa están publicadas as respostas da Fase A do concurso A procura do tesouro: animádevos!
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 12-05-2009 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
Maio, Mes das Letras Galegas
Bibliocarballleiráns!, iniciamos o mes de maio cun montón de actividades preparadas polo Equipo da Biblioteca, Normalización Lingüística e o Departamento de Galego:

- Concurso de caligramas; veña, inspirádevos!



- Concurso: Na procura do tesouro; ánimo, investigade!



Tendes as bases colgadas por todo o centro (biblioteca, entrada, corchos, portas das aulas, corredores).

Contamos coa vosa participación!
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 05-05-2009 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
Proposta da AGE
Que vós parece que a AGE (Asociación Galega de Editores) propoña un cambio no modelo de gratuidade dos libros de texto?; A AGE contempla un modelo de gratuidade con axudas directas, que os libros sexan propiedade dos alumnos e alumnas e que se teña en conta a renda das familias así como ?a edición de materiais educativos en lingua galega, moi escasos? . Entre os motivos expostos está o feito de que o 24% dos docentes no estudo sinalan ?a deterioración e empobrecemento dos materiais educativos?.

Ánimo, opinade!


Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-05-2009 00:32
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Landroteca

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0