BIBLIOCARBALLEIRA. BUEU


Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras.
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.

Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".

Contamos connvosco!

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ENIGMA 6: ALMIRANTA GALEGA
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 28-04-2015 17:32
# Ligazón permanente a este artigo
ENIGMA 5: POETAS GALEGOS

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 28-04-2015 17:29
# Ligazón permanente a este artigo
BASES DO CONCURSO NA PROCURA DO TESOURO

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 28-04-2015 17:25
# Ligazón permanente a este artigo
NA PROCURA DO TESOURO 2015
ENIGMAS A RESOLVER NA BIBLIOCARBALLEIRA

5.- POETAS GALEGOS

6.-ALMIRANTA GALEGA

En breve saberedes as preguntas a resolver dentro don noso espazo na BIBLIOCARBALLEIRA.

Estade atentos¡¡¡¡

Seguide as indicacións do MAPA exposto no hall do instituto, para resolver os 12 ENIGMAS e gañar o vtan codiciado TESOURO.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 28-04-2015 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
REVISTA DIXITAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL
CRIATURASCriaturas, a revista dixital de literatura infantil e xuvenil, lanza, co gallo do día da libro, o segundo número da súa revista homónima.

Coordinado por Ledicia Costas e Daniel Landesa, este novo número está centrado no humor na literatura infantil e xuvenil, destacando os dous estudos realizados por María Jesús Fernández e Carlos Nogueira no ámbito galego e portugués respectivamente. No apartado cara a cara, os escritores Francisco Castro e Paula Carballeira realizarán unha entrevista cruzada.

Na sección de crítica o lector atopará recensións de libros actuais e algún que outro clásico, como Osos (Kalandraka) de Ruth Krauss e Maurice Sendak, A galiña azul (Galaxia) de Carlos Casares, A filla do Grúfalo (Patasdepeixe) de Julia Donaldson ou O laboratorio do doutor Nogueira (Xerais) de Agustín Fernández Paz, entre outros moitos.

A proposta didáctica xirará sobre de O castiñeiro de abril (Xerais) de Antonio Manuel Fraga, premio Merlín do ano 2013. Para rematar as máis de cen páxinas deste número unha ampla reportaxe sobre o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

A publicación desta revista compleméntase co labor periódico que dende a web de Criaturas desenvolven en prol da literatura infantil e xuvenil galega.

Dende eiquí podedes desgargar gratis en pdf o número un desta singular revista:
http://www.criaturas.gal/wp-content/uploads/2015/04/numeroun.pdf
Número 1 de CRIATURAS en pdf
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 28-04-2015 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
EDUARDO GALEANO
BIOGRAFÍA

Eduardo Germán María Hughes Galeano, naceu en Montevideo, Uruguay, o 3 de setembro de 1940. No 1960 iniciou a sua carreira periodística como editor da revista Marcha. Tralo golpe de Estado de 1973 foi encarcelado e tivo que exiliarse á Arxentina. Publicou "Las venas abiertas de América Latina", libro que marcaría a varias xeracions, e que foi censurado por las dictaduras militares de Uruguay, Arxentina e Chile. Esta obra propuña unha historia de América Latina en clave de descolonización, o que nese entonces era impensable.
En 1976 foi engadido á lista dos condenados do escuadrón da muorte de Videla polo que tivo que marcharse de novo, esta vez a España, onde escribeu a trixogía Memoria del fuego (un repaso pola historia de Latinoamérica).
Regresou a Montevideo en 1985. Con outros escritores, como Mario Benedetti, e periodistas de Marcha, fundaron o semanario Brecha.
En 2007 superou unha operación para o tratamento do cancro de pulmón, que lle gañaría a batalla no 2015.

Xunto a súa obra como periodista desenvolveu unha obra máis narrativa, sempre comprometida e chamada à reflexión. Destacan a novela curta "Los días siguientes" (1963) , os relatos contidos en "Vagamundo" (1973). "El libro de los abrazos" foi un dos libros máis exitosos e logrados de Galeano.

A obra de Eduardo Galeano chámanos a establecer un frente común contra a pobreza, a miseria moral e material. Os seús traballos trascenden xéneros ortodoxos, combinando documental, ficción, periodismo, análise político e historia.
Foi investido Doctor Honoris Causa da Universidade da Habana, do Salvador, da Universidade Veracruzana de México, da Universidade Nacional de Córdoba, Argentina, da Universidade de Bos Aires, e a Universidade de Guadalajara, México.
Finou o 13 de abril de 2015, en Montevideo.





BILIOGRAFÍA
Los días siguientes 1962
China 1964: Crónica de un desafío 1964
Los fantasmas del día del león y otros relatos 1967
Guatemala: Clave de Latinoamérica 1967
Reportajes: Tierras de Latinoamérica, otros puntos cardinales, y algo más 1967
Siete imágenes de Bolivia 1971
Las venas abiertas de América Latina 1971
Crónicas latinoamericanas 1972
Vagabundo 1973
La canción de nosotros 1975
Conversaciones con Raimon 1977
Días y noches de amor y de guerra 1978
La piedra que arde 1980
Voces de nuestro tiempo 1981
Memorias del fuego I - Los nacimientos 1982
Memorias del fuego II - Las caras y las máscaras 1984
Contraseña 1985
Memorias del fuego III - El siglo del viento 1986
Aventuras de los jóvenes dioses 1986
Nosotros decimos no: Crónicas (1963-1988) 1989
El libro de los abrazos 1989
Las palabras andantes 1993
El fútbol a sol y sombra 1995
Las aventuras de los dioses 1995
Patas arriba. La escuela del mundo al revés 1998
Carta al ciudadano 6.000 1999
Bocas del Tiempo 2004
El Viaje 2006
Carta al señor futuro 2007
Patas arriba, la escuela del mundo al revés 2008
Espejos. Una historia casi universal 2008
Los hijos de los días 2011
Mujeres ? antología 2015



Enlace para descargar gratuitamente 10 libros de Galeano.


http://www.telesurtv.net/news/10-Libros-para-descargar-de-Eduardo-Galeano-20150413-0018.html
GALEANO:descarga libros gratuita
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 24-04-2015 12:26
# Ligazón permanente a este artigo
MEMORIA GRÁFICA DUN PATRIMONIO
PORTADA DO LIBROO venres, 10 de abril ás 20:30 h fíxose a
presentación do libro

"MEMORIA GRÁFICA DE UN PATRIMONIO.
SALAZONES Y CONSERVERAS"



O acto contou coa presenza do autor Lino J. Pazos
que estivo acompañado polo historiador
Arturo Sánchez Cidrás.

O acto foi organizado en colaboración coa
Librería Miranda de Bueu.
MUSEO MASSO
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 17-04-2015 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
CORRELINGUA 2015
CORRELINGUA, denominación que adoptaron de maneira común as diversas carreiras en prol do idioma que se convocan no país, é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.

Obxectivos

- Propiciar a reflexión sobre a situación da lingua e a importancia de activar as accións en prol dela.
- Sensibilizar a sociedade, a través da poboación xuvenil, da importancia da defensa da lingua.
- Asociar a reflexión lingüística a actividades colectivas, lúdicas e amenas e interdisciplinares.
Destinatarios/as

Prioritariamente diríxese ao alumnado dos centros de ensino secundario ?en especial as actividades preparatorias-, aínda que tamén poden participar nenos e nenas de primaria e infantil. A través de fórmulas de colaboración varias, participan tamén entidades asociativas e ámbitos diversos.Coa difusión en medios de comunicación e coas propias actividades difúndense tamén mensaxes de defensa e promoción do idioma na sociedade en xeral.

Actividades:


Concursos escolares

Hai tres modalidades: elaboración do manifesto, dirixido ao alumnado de Secundaria, banda deseñada, dirixido ao alumnado de Educación Infantil e Primaria, e vídeo para o conxunto do alumnado.

No inicio do curso , convócanse os concursos entre todos os centros escolares que desexaron participar. A convocatoria destes concursos ten o obxectivo de oferecer aos centros actividades preparatorias que permiten a reflexión sobre o idioma e serven de preparación para a participación na recta final do Correlingua.

Os gañadores dos Concursos reciben como premio a participación ben no proxecto Terra, organizado polo Colexio de Arquitecto de Galiza xunto coa AS-PG, ben unha visita á Eira da Xoana, espazo de xestión medioambiental impulsado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, onde acompañados/as de monitores/as cos realizarán diversas actividades sociolinguísticas, e de coñecemento do medio natural do Alto Ulla.

Carreira

En torno ao Día das Letras ten lugar o acto central de Correlingua, unha carreira non competitiva que percorre dez localidades. Cada localidade escollerá unha ou varias persoas do ámbito artístico, cultural, deportivo, ... que destaquen no uso e defensa do noso idioma, para ser portadora do testemuño e que lerá o manifesto gañador do concurso escolar.

Festa final

Ao rematar a carreira ten lugar un acto festivo coa presenza de todas as organización convocantes e participantes, con actuacións musicais, teatrais e a participación directa do alumnado.





Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 14-04-2015 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
MES DA CULTURA DO IES JOHAN CARBALLEIRA

PROGRAMACIÓN:
*Martes 14 de Abril ás 19:00
JOSÉ MANUEL CABANAS
Investigador do Instituto Oceanográfico de Vigo.
"O cambio climático e a súa repercusión nas nosa rías"
*Xoves 23 de Abril ás 19:00
Proxección de curtas e posterior coloquio a cargo do CINECLUB BUEU
*Mércores 29 de abril ás 19:00
MAXIMINO PIÑEIRO VIDAL
Exinvestigador do CSIC e profesor do IES Johan Carballeira.
"Diagnóstico das enfermidades bacterianas na acuicultura en Galicia. A tenacibaculosis mariña".
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 14-04-2015 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
RECITAL DE POESÍA: VENRES 10 ABRIL
Este venres celebraremos ás 12:00 da mañá no salón de actos do centro, un recital poético para os alumnos de 4º da ESO e 1ºde Bacharelato, a cargo de MANOLO PIPAS e o noso compañeiro RAMÓN BLANCO.
Para saber un pouco mais deles e do seu traballo, preme nos links que tes debaixo.

MANOLO PIPAS
RAMÓN BLANCO
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 07-04-2015 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
ABRIL: MES DOS LIBROS
Abril é o mes no que os libros e a lectura está máis presente, como chamada de atención sobre a importancia dunha actividade que é esencial na formación do alumnado como cidadáns activos e críticos, como estudantes eficaces, como persoas felices.
Neste mes celébrase:
02 de Abril: Día internacional do libro infantil e xuvenil.
23 de Abril: Día Internacional do libro.
28 de Abril: Día mundial da propiedade intelectual.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 07-04-2015 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Landroteca

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0