BIBLIOCARBALLEIRA. BUEU


Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras.
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.

Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".

Contamos connvosco!

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

XOSÉ NEIRA VILAS NO JOHAN CARBALLEIRA



Xosé Neira Vilas, nado en  Gres, Vila de Cruces, o 3 de novembro de 1928, é un escritor galego.



Fillo de labregos, estudou comercio por correspondencia e traballou de contable. 


En xaneiro de 1949 emigrou a Arxentina e entra en contacto con galeguistas como Luís Seoane, Rafael Dieste, Ramón Suárez Picallo, Lorenzo Varela ou Ramón de Valenzuela e en 1953 funda as Mocedades Galeguistas, casa coa escritora Anisia Miranda en 1957 e funda a editorial Follas Novas. En 1961 marcha a Cuba coa súa dona.

Logo de trinta e un anos na illa caribeña, xa xubilados, regresan a Galicia en 1994 para viviren en Gres onde dirixen a Fundación Xosé Neira Vilas e continúan co labor cultural e periodístico.


Xosé Neira Vilas é membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e La Habana, Premio da Crítica Española (narrativa) e premio da Crítica Galega (ensaio). Recibiu a medalla Castelao, o Pedrón de Honra, o premio Celanova Casa dos Poetas, o Premio Laxeiro e o Premio Trasalba (2004), e foi nomeado socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 1999.






















A comarca do Morrazo  e os seus centros educativos celebraron onte cun feixe de actos o Día do Libro, que se conmemora cada 23 de abril. Probablemente un dos máis numerosos foi o que se celebrou no instituto Johán Carballeira de Bueu, onde preto de 400 alumnos acudiron a escoitar e conversar co escritor Xosé Neira Vilas. Foi un encontro de case dúas horas e no que o autor falou da súa obra, da emigración, da defensa do galego así como dos seus proxectos de futuro. Non só iso. Neira Vilas demostrou ter un profundo coñecemento da vila xa que falou do "antropólogo e amigo" Staffan Morling, que da nome a rúa na que está o instituto, e da figura do propio Johán Carballeira.


Fonte: Faro de Vigo








Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 29-04-2014 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
CARTEIS CONMEMORATIVO DO DÍA DO LIBRO
Grazas a tod@s polos marcapáxinas solidarios "tendidos" na entrada do instituto.
Magníficos deseños de carteis para conmemorar o "Día do Libro".
¡¡¡Noraboa a tod@s os premiados¡¡¡.

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 08-04-2014 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA 8 MARZO: A IGUALDADE NO TRABALLO
FOTOGRAFÍAS PRESENTADAS:



NORABOA ÁS GAÑADORAS¡¡¡
1º PREMIO: Irene Curra Piñeiro. 3º ESO A
2º PREMIO: Paula Pastoriza Montero 3º ESO A
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 08-04-2014 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
NA PROCURA DO TESOURO
O departamento de Galego, o EDLG e a Bibliocarballeira organizan para o vindeiro mes de Maio "NA PROCURA DO TESOURO":


As bases son as seguintes:

1. Os grupos serán de 2 a 5 persoas.
2. Anotaranse nunha "Folla de anotación" que está na Biblioteca.
3. Deberanse resolver os enigmas que se mostran no panel situado no vestibulo do instituto antes do VENRES 9 DE MAIO.
4. Cada grupo deberá recoller tamén na biblioteca unha "Folla de Respostas" que entregará ó remate das pesquisas tamén na Biblioteca.
5. Hay dous premios de 50 e 90 ? cun lote de libros.
6. A entrega de premios será o vindeiro VERNRES 16 DE MAIO no Salón de Actos á hora do recero.
Comentarios (1) - Categoría: Actividades - Publicado o 03-04-2014 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Landroteca

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0