BIBLIOCARBALLEIRA. BUEU


Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras.
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.

Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".

Contamos connvosco!

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

UN POR OUTRO

¿ESTARÍAS DISPOSTO A INTERCAMBIAR UN DOS TEUS LIBROS POR OUTRO QUE CHE DEIXEN?...

SIGUE AS INSTRUCCIÓNS DOS PANEIS EXPOSTOS NO VESTÍBULO DO INSTI, E ....
...PROBA...
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 15-04-2011 12:46
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DE DESEÑO POÉTICO: 17 DE MAIO

CONCURSO DE DESEÑO POÉTICO: 17 DE MAIO

1.Poderán concursar tod@S @S alumn@S do centro de xeito individual ou en parellas.

2.Presentarase un traballo no que se ilustren un ou máis versos do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2011: LOIS PEREIRO.

3.A técnica será libre o o formato tamén: fotografía, colaxe, montaxe....

4.No reverso do traballo figurará o nome e curso dos autores ou autoras.

5.Os traballos entregaránselles ás profesoras do departamento de Lingua Galega antes do venres 6 de maio e serán expostos na entrada do centro.

6.O xurado premiará os dous mellores traballos , sempre que a súa calidade o permita. Ademais, poderá conceder un ou máis accésits.

7.Os premios serán:
-Vale de 50 euros e lote de material.
-Vale de 30 euros e lote de material.
LOIS VIVE
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 15-04-2011 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
NA PROCURA DO TESOURO 2011
BASES:
1- Faranse grupos de 2 a 5 persoas, independentemente dos niveis,
cun nome que os identifique. Exemplo: "Os detectives".

2- Cada grupo anotarase na Biblioteca na "FOLLA DE ANOTACION"

3- Os grupos deberan resolver os enigmas do panel situado no vestíbulo.
As solucions escribiranse na FOLLA DE RESPOSTAS que se recollerá e entregará na Biblioteca antes do VENRES 13 DE MAIO.

4.- PREMIOS:

1º PREMIO: vale de 90 ? e un lote de agasallos.
2º PREMIO: vale de 60 ? e un lote de agasallos.

6.- A entrega de premios farase o VENRES 20 DE MAIO no salon de actos a hora
do recreo.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 14-04-2011 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
GISELLE MOORE no IES JOHAN CARBALLEIRA
A rapaza que vos imos presentar é cantante, e chámase Giselle Moore.

Ten 16 anos, de nacionalidade británica pero residente en Loiba (Ortigueira).

Escribe a letra das súas cancións (a música compona o pai) e participou no concurso "Tú si que vales" no 2009.

O vindeiro venres 08 de Abril ás 12:45, celebrarase un concerto no noso instituto.


Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 07-04-2011 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
PROBAS DE ACCESO A CICLOS SUPERIORES



O noso instituto foi elexido este ano para a celebración das probas de acceso a ciclos superiores de formación profesional.

IES Johan Carballeira Bueu (San Martiño) - Bueu: Farán a proba neste centro os alumnos de:
IES Johan Carballeira Bueu (San Martiño) - Bueu
IES Chan do Monte Mogor (San Xurxo) - Marín

Día 01 de Abril de 2011 (Venres):

9.00 PRESENTACIÓN.

10:15-13:45 PARTE COMÚN DA PROBA: Matemáticas, lingua galega e lingua castelá.

16:00-18:00PARTE ESPECÍFICA: Materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo que se desexe acceder.

Para máis información:

GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 01-04-2011 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Landroteca

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0