BIBLIOCARBALLEIRA. BUEU


Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras.
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.

Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".

Contamos connvosco!

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

23 de Abril: Día do Libro
Lectoras e lectores, hoxe, todo un suceso, actividades, participación...

Sabedes que na Bilioteca houbo unha sesión de Lectura en voz alta por parte de Lucía de 2º de Bacharelato B; tivemos a sorte de escoitar varios contos do libro Cousas de Castelao e fragmentos do Lazarillo de Tormes.


Asemade, durante o recreo puidestes participar da actividade "Colle un libro, é un agasallo para ti" ( ben que collestes,eh? ) e da entrega de premios polo I Concurso de Relatos Gonzalo Torrente Ballester e da elaboración do "Trivial literario" , iniciativas estas dúas últimas do Departamento de Lingua Castelá.



Parabéns aos participantes e aos colaboradores!

Comentarios (8) - Categoría: Actividades - Publicado o 23-04-2009 12:40
# Ligazón permanente a este artigo
23 de Abril: Día Internacional do Libro
23 de Abril: Día do Libro . Felicidades lectoras e lectores!

Para celebrar este día, na entrada do instituto, podedes coller un libro, é un agasallo da biblioteca para vós; é de balde, gratis, "gratuit", "free", "frei", "libero"!

Este día celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.

Como dicía a escritora estadounidense Emily Dickinson (1830-1886):"Para viaxar lonxe, non hai mellor nave cun libro" .
Día do Libro

O libro electrónico gañando futuro:

Comentarios (2) - Categoría: Arte e cultura - Publicado o 22-04-2009 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
22 de Abril: Día da Terra
Hoxe é o día do noso planeta; a celebración iniciouse nos Estados Unidos en 1970. A festividade foi creada para lembrarnos a responsabilidade de coidar e protexer o planeta tras observárense os primeiros indicios alarmantes da degradación ó que os humanos o estabamos sometendo.

Premede neste enlace para ler as últimas novas sobre esta homenaxe ao planeta azul: http://news.google.es/news?hl=es&q=D%C3%ADa%20de%20la%20Tierra&um=1&ie=UTF-8&sa=N&tab=wn

Non pensades que o Día da Terra debería celebrarse os 365 días do ano?

Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-04-2009 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares
Os días 16 e 17 de abril, en Santiago de Compostela (Escola Galega de Administración Püblica, EGAP), tiveron lugar os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2008/2009, nos que nos reunimos integrantes dos equipos de biblioteca dos centros incluídos neste programa da Consellería de Educación no actual curso 2008/2009.

Estes encontros serviron para a reflexión conxunta e o intercambio de experiencias e materiais sobre os aspectos básicos relacionados coa xestión, dinamización das bibliotecas escolares.

Nos empapamos das achegas de expertos como Glòria Durban, Ana Bernal, Felipe Zayas, Concha Costas, César Iglesias, Encarnación López Chicano, Juana Vázquez ou Emilio Pascual, para avanzar na nosa formación, e mellorar a calidade do ensino.

En fin, lectoras e lectores, a seguir loitando pola nosa biblioteca!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-04-2009 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
Máis libros no Club de Lectura
Un dos grupos no que está dividido o Club de Lectura está a ler a novela de Fátima Peón Torres , Camposanto publicada no 2003 e galardoada co XV Premio Rúa Nova de Narracións Xuvenís en lingua galega.

Esperamos que vós guste!


Comentarios (0) - Categoría: Club de lectura - Publicado o 20-04-2009 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Landroteca

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0