Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras. |
|
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.
Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".
Contamos connvosco! |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
POEMARIO ELECTRÓNICO DE FRAN ALONSO |
|
A idea de Internet coma un novo soporte para a literatura levou ó escritor Fran Alonso a publicar "Poética", un poemario concebido para a rede no que traballou durante case cinco anos. O proxecto pode leerse de forma gratuita en galego, castelán e portugués, na dirección web www.poetica.gal.
Poesía sen soporte físico, non apta para estanterías. Así é a nova obra...
Para saber máis...visita o blog de FRAN:http://www.franalonso.es/
|
|
|
|
TÍTERES NO IES JOHAN CARBALLEIRA |
|
Este mércores 25 de Marzo, en conmemoración do vindeiro día Internacional do Teatro (27 de Marzo), representarase ás 12:00 no salón de Actos, a obra de teatro "EDUARDO CUNHA TATÁN" de "TANXARINA TÍTERES".
Dende a súa fundación, no ano 1.983, a compañía "TANXARINA" realizou numerosas representacións dos seus espectáculos dentro e fora de Galicia (Ceuta, Valencia, Barcelona, Madrid, Murcia, Bilbao, Alicante, Sevilla...). Moitas son as cidades visitadas polos seus monecos que tamén se pasearon por Portugal, Austria, Bélgica, Francia, Italia, Grecia, El Salvador, Costa Rica, Nicaragua, Venezuela, Cuba, Colombia , Argentina, Brasil, Méjico, Cabo Verde.....
Agora poderemos disfrutalos no noso centro. |
|
|
|
21 MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA |
|
O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, unha data que serve para lembrar a importancia da Palabra poética, e para espallala. A directora xeral da UNESCO, Irina Bukova, é clara na súa declaración:
«A diversidade poética bríndanos outro xeito de dialogar. Permítenos descubrir que todos e cada un de nós, en calquera punto da Terra, compartimos os mesmos interrogantes e sentimentos. É unha faceta da nosa liberdade, é a nosa humanidade. Por iso a poesía debe ocupar o lugar que lle corresponde nos programas de educación de calidade. Mediante o acceso á poética do mundo enteiro, os mozos poden dispoñer dun instrumento máis, diferente, sutil e fluído, para mellorar o seu coñecemento e comprensión dos demais. O descubrimento dun novo poema constitúe un acto de inmersión na lingua, pero tamén na emoción e na sensibilidade do outro, por moi distante que se atope en termos xeográficos.»
As bibliotecas escolares galegas contribuimos a esta cuestión a través das nosas propostas, que no noso caso, podes visitar no hall de entrada do centro, no paenl de POESÍA VISUAL. |
|
|
|
LITERATURA DE TERROR E CIENCIA FICCIÓN |
|
A Asociación Queremos Galego Marín organiza o próximo 19 de marzo unha mesa redonda sobre o mundo literario da Ciencia Ficción e o Terror.
Participan:
Fernando M. Cimadevila é escritor, editor e músico. En novembro de 2011 uniuse a Tomás González Ahola, editor de Urco editora, para crear Contos Estraños, a primeira editora galega especializada en Fantasía, Terror e Ciencia-Ficción de autores e autoras galegas.
Tomás González Ahola estudou filoloxía clásica na USC. É tradutor de linguas inglesa e finesa á galega. Traduciu títulos para Rinoceronte editora e sobre todo para Urco, editorial da que foi cofundador en 2007. No ano 2011 foi tamén un dos fundadores da editora Contos Estraños.
David Cortizo. Editor de Urco, é actualmente o encargado de todas as publicacións que realiza Urco. Realiza labores de selección, tradución e corrección de textos, tanto para Urco como para Contos Estraños.
Susana Ons. Ademais de escritora de relatos de fantasía é actriz e directora de escena en teatro.
David Botana. É un escritor de relatos de terror asiduo ás antoloxías periódicas de Contos Estraños. É un dos maiores expoñentes dunha nova corrente denominada Agroterror, que inclúe elementos de terror gore e psicolóxico nun ambiente rural. |
|
|
|
POESÍA VISUAL |
|
 Visita a nosa exposición de poesía visual que está exposta no panel de entrada do Instituto. Atoparás un cartel azul con temas moi interesantes. |
|
|
|
8 de MARZO:DÍA INTERNACIONAL DA MULLER |
|
O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade, é festa recoñecida nalgúns países, e tradicionalmente grupos e asociacións de mulleres militantes no feminismo ou no movemento obreiro preparan manifestacións, por veces utilizando o nome orixinal, por todo o mundo, para facer ver as súas reinvindicacións para mellorar as condicións da muller, e festexar os avances e loitar pola superación dos atrancos. |
|
|
|
Xoves 05 de Marzo: Obradoiro no club de lectura |
|
A poesía de Nicolasa Añón non foi pensada para ser escrita, senón para conservar na memoria e poder reproducila oralmente. Os seus versos organízanse en coplas romanceadas, unha mostra típica da poesía popular.
Neste obradoiro daremosvos a coñecer os versos de Nicolasa Añón e Ramón Blanco, e aprenderedes a imitar a súa arte poética para que poidades crear as vosas propias coplas.
Nicolasa Añón (Outes, 1810-1887)
En 1886 Nicolasa Añón Paz, poeta campesiña nacida en 1810 en Boel (Outes), recibe na aldea a visita do xornalista Lisardo Rodríguez Barreiro, quen a inmortaliza nunha reportaxe onde dá a coñecer dous poemas dela en galego que pasaron por ser practicamente a súa obra coñecida.
Mais pouco antes, en 1885, un tal Jacobo Lema Fernández xa confeccionara un manuscrito con algunhas composicións da irmá maior de Francisco Añón. Este texto, algunhas veces citado mais nunca editado integramente, foi confiado polo seu propietario, Francisco Martelo Blanco (recentemente falecido), á Asociación Cívico-cultural Terra de Outes para levar a cabo a súa publicación.
Eu encargueime do estudo e edición do manuscrito que desde agora terá que ser tido en conta na literatura galega en xeral, como unha das primeiras mostras de "escritoras" contemporáneas, tamén na nosa lingua.
Ramón Blanco (Outes - A Coruña, 1979)
Licencieime en Filoloxía Galega e son membro do colectivo literario Sacou.
Traballei no sector da edición, no ensino secundario e como xornalista cultural. Actualmente imparto as materias de Lingua Galega e Comunicación en horario nocturno no IES Johan Carballeira.
Publiquei dous libros de poesía: Orfeu en soños (ed. Toxosoutos, 2005) e Emily on the road (ed. Acha Escrava, 2012).
Escribín diversos textos sobre o poeta Francisco Añón, sendo o máis importante a biografía editada no bicentenario do seu nacemento: Vida e obra de Francisco Añón. Antoloxía poética (ed. Galaxia, 2012). A irmá deste, moito máis descoñecida, foi tamén poeta. E por facerlle xustiza publiquei as Poesías de Nicolasa Añón(ed. Terra de Outes, 2014).
Tento manter o blogue www.aoutrabanda.blogspot.com.
|
|
|
|
|
|