BIBLIOCARBALLEIRA. BUEU


Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras.
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.

Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".

Contamos connvosco!

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

23 DE ABRIL: CONCURSO DE CALIGRAMAS
1. Pódese participar de forma individual ou en parellas dentro de dúas categorías.
2. Presentarase un caligrama orixinal e onédito de temática libre.
3. O texto deberá estar escrito en galego e conter a palabra NIMBOS, en homenaxe a Xosé María Díaz Castro. figura á que se lle dedica o Día das letras Galegas 2014.
4. Os traballos entregaranse na Biblioteca antes do 10 de Abril.
5. Premiarase un traballo en cada categoría.
6. O premio por cada categoría consistirá nun vale de 20? e un lote de libros.

Para máis información consultar o taboleiro.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 28-03-2014 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
27 de MARZO: DÍA INTERNACIONAL DO TEATRO
O vindeiro mércores 2 de Abril ás 15:30 estará denovo connosco ZÉ PAREDES.
En conmemoración co día Inernacional do teatro, realizarase un OBRADOIRO de teatro para todos os participanes no Clube de Lectura e o Grupo de Traballo.
Comentarios (0) - Categoría: Club de lectura - Publicado o 28-03-2014 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
21 MARZO:DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA
Este luns 24 de Marzo , as 16:00 horas no Salón de Actos do Instituto, celebrarase un recital poético a cargo de ALFONSO LÁUZARA con "Noite-Día", ROCHI NÓVOA con "Farrapos de Boneca" e DANI COSTAS con "Monicreques".
Os cursos que participarán serán os de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, aínda que tamén é moi recomendábel para 2º de Bacharelato e Ciclos Formativos.

Alfonso Láuzara Martínez (Teis ? Vigo, 1971)

Licenciado en Dereito. Escribe poesía e contos. Cofundador do colectivo poético galego ?A Porta Verde do Sétimo Andar?, no que participou na publicación de varios libros colectivos de poesía: ?Aporta verde do sétimo andar? (2007), ?Sétimo andar, poesía alén? (2010) e ?Pegadas? (2011); así como na posta en marcha en 2011 dos cadernos Q de Vián, outra iniciativa de A Porta Verde. Tamén participou noutras publicacións colectivas: ?As voces do pan? (2009)e ?A cidade na poesía galega do século XXI? (2012). Colaborou cos seus textos en traballos de fotografía de artistas portugueses: ?Horizontalidades e verticalidades de Barroso? de Ana Luisa Pires Monteiro, e ?Munditações? de Carlos Silva. Ten publicado tamén en varias revistas: Estación Central, Andar21, Atenea, Levure, Madrygal? Na actualidade case toda a súa actividade literaria está vinculada ao espazo colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar. No ano 2013 publica «Noite~Día», un libro de poesía erótica.

Poética:

Síntome océano? son atlántico? fico en praias de saudade! Amo en rompente! Ollo o roxo solpor na inmensidade do horizonte! A poesía máis que entendela, hai que sentila, e por iso pode xurdir en calquera espazo e chegar a calquera persoa. Na poesía como expresión humana vai o pensamento e o sentimento nunha trenza vital que medra na persoa comprometida, que sinte as ideas e pensa como sinte. A poesía xurde no individuo con vocación de ser compartida.

Rochi Novoa Vázquez

http://rochinovoavazquez.blogspot.com.es/p/sobre-min.html

Xosé Daniel Costas

Xosé Daniel Costas (Moaña, 1981) é o gañador da décima edición do Premio de Poesía de Novacaixagalicia polo seu poemario Monicreques, escrito en galego e presentado co lema Procurando que as súas pernas estean simétricas. Procurando que os seus cóbados estean simétricos. A miña nai di que sufro, unha frase extraída da obra Tics, da compañía moañesa Sarabela Teatro.
ROCHI NOVOA
a porta verde do sétimo andar
ALFONSO LÁUZARA
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 24-03-2014 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
Día Internacional da Muller Traballadora: 8 de marzo.
O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade, e festa recoñecida nalgúns países e tradicionalmente grupos e asociacións de mulleres militantes no feminismo ou no movemento obreiro preparan manifestacións, por veces utilizando o nome orixinal, por todo o mundo, para facer ver as súas reinvindicacións para mellorar as condicións da muller, e festexar os avances e loitar pola superación dos atrancos.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-03-2014 12:14
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Landroteca

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0