BIBLIOCARBALLEIRA. BUEU


Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras.
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.

Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".

Contamos connvosco!

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA

O día mundial da poesía é un tributo á palabra poética proposto no ano 2001 pola Unesco.

En Europa chámase Primaveira dos Poetas, e en Colombia a Común Presenza dos Poetas.


Celébrase cada 21 de marzo (equinoccio de primaveira) có gallo de fortalecer a cultura no noso planeta, consagrar as palabra e as reflexións sobre o noso tempo.

TEÑO O CORAZÓN SENLLEIRO
Celso Emilio Ferreiro
Teño o corazón senlleiro
e orfo na noite fría.

Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.

Teño lobos, teño sombras,
teño a sorte fuxidía.

Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.

Está mudo o reixiñol
que outrora cantar solía.

Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.

Que está comigo a esperanza,
fiando, fía que fía?

Ela fía i eu confío
no albor do novo día.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-03-2011 11:42
# Ligazón permanente a este artigo
OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGA para 2º da ESO

Dende o IES Johan Carballeira queremos facer mención á primeira participación do noso instituto na OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGA 2010-2011 para alumn@s de 2º da ESO, cos rapaces:

* DIEGO FERREIRA FERRADÁS.
* ANDRÉ NOVAS OTERO.
* ANXO VIDAL NOGUEIRA.


A olimpiada día a día
1 marzo - Fin prazo inscrición de Centros. Número de clases de 2º de ESO que participan e profesorado responsable
12 marzo - Fin prazo inscrición de alumnos. Ficha con tódolos datos dos alumnos participantes.

8 abril-venres 10:30 Probas Fase de Zona (CEFORE de Pontevedra
r/ Celso Emilio Ferreiro 4, 36005 Pontevedra)

Sedes da fase de zona

30 abril - Cada Comité de Zona envía participantes á Fase Final.
4 maio - Publícase a relación de finalistas.
20 maio - Fase Final Galega en Vigo.
Xuño - Fase Nacional.
Programa de actividades


Fase de Zona
Esta fase da Olimpiada terá lugar na localidade que se sinale en cada zona o venres 8 de abril de 2011. Datas


10:30 Recepción de participantes, benvida e información sobre o desenvolvemento das probas e da sesión en xeral.

11:00 Comezo das probas para o alumnado.

13:00 Remate das probas.


O día 4 de maio darase a coñecer a relación de alumnos seleccionados en cada zona para acudir á Fase Final Galega o día 20 de maio.




Fase Final Galega
Celebrarase en Vigo o venres 20 de maio do 2011 co seguinte programa:

11:30 Recepción dos participantes.

12:00 Proba individual:

Explicación da proba.

Realización da proba.

14:15 Xantar.

15:30 Visita a realizar na cidade de Vigo.

18:00 Acto de clausura:

Información dos resultados da Olimpíada.

Asistentes á Fase Nacional.

Entrega de diplomas e regalo.




Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática:< AGAPEMA
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 25-03-2011 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
A F.P no I.E.S Johan Carballeira
Descubre toda a INFORMACIÓN que necesites sobre os CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL impartidos no IES J0HAN CARBALLEIRA de BUEU (Pontevedra): http://www.edu.xunta.es/centros/iesjohancarballeira/ IES Johan Carballeira


1)http://fpnojohancarballeira.blogspot.com/
F.P no IES Johan Carballeira





2)
http://orientador123.blogspot.com/ Orientador do IES Johan Carballeira

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-03-2011 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
MESA REDONDA NO SALÓN DE ACTOS
Mesa redondaO vindeiro XOVES 24 ás 10:30 no Salón de Actos, convócase unha MESA REDONDA:
"PERSPECTIVAS SOBRE O PAPEL DA MULLER NO MUNDO LABORAL"


Nela participaran as seguintes ponentes:

* Consuelo Dávila Álvarez (mestra xubilada).

* María Jesús Otero Acuña (empresaria).

* Elena Malla (policía local).

* Beatríz González Parracía(estudante de C.S. Construccións Metálicas)


A actividade é optativa para os grupos e/ou profesor@s que o desexen.



Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 23-03-2011 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DE RELATOS Torrente Ballester

Có gallo do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO , o vindeiro 23 de Abril, o Departamento de Lingua Castelá e Literatura convoca un concurso de relatos.

As bases do mesmo son as seguintes:

III EDICIÓN DO CONCURSO DE RELATOS
?GONZALO TORRENTE BALLESTER
?
Departamento de Lingua Castelá e Literatura
IES Johan Carballeira

BASES
1. Poderán participar todos os alumnos matriculados no IES Johan Carballeira durante o curso 2010-2011. Na modalidade P faranno os alumnos de Ciclos, PCPI, EPA, 1º, 2º y 3º de ESO; na modalidade M, 4º de ESO e Bacharelato.O tema será libre.

2. O relato será escrito en castelán e terá unha extensión máxima de tres folios, escritos por unha cara e perfectamente lexibles.

3. O traballo redactarase no aula e entregarase ós profesores do Departamento de Lingua Castelán e Literatura. Ó final do relato figurará o pseudónimo elexido libremente pol@ alumn@ e a modalidade na que participa.

4. Para garantir o anonimato, no exterior dun sobre, en lugar do nome real do participante figurará o mesmo pseudónimo empregado no relato e a modalidade (M o P) na que participa. N o interior do sobre introduciranse os datos personais reais: nome, curso e grupo no que o participante estea matriculado.

5. A realización dos traballos farase entre os días 22,23,24 de marzo, previo acordo có profesor, do siguiente xeito: os alumnos de ESO, PCPI, EPA e Bacharelato nocturno na hora da clase de Lingua Castelán e Literatura; os alumnos de Ciclos e Bacharelato diurno, no recreo.

6. O xurado do certame estará constituido polos membros do Departamento de Lingua Castelán e Literatura.

7. Premiaranse dous relatos en cada modalidade cun libro e ? para o primeiro premio, e un libro e ? para o segundo premio. O xurado pode declarar deserta algunha das categorías.

8. O fallo do xurado farase público o día 6 de maio nun acto na biblioteca do centro, onde se repartirán os premios durante o recreo.

9. Queda autorizado oinstituto para publicar os traballos premiados.

10. O feito de concursar implica a aceptación destas bases polos participantes.
Comentarios (1) - Categoría: Actividades - Publicado o 11-03-2011 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
8 de Marzo: Día da MULLER TRABALLADORA


O Día Internacional da Muller Traballadora, tamén coñecido como Día Internacional da Muller, conmemorado cada 8 de marzo, é unha xornada que celebran os grupos femininos en todo o mundo.

Esa data conmemórase tamén nas Nacións Unidas e é festa nacional en moitos países.

Cando as mulleres de tódolos continentes, a miúdo separadas por fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, se unen para celebrar o seu Día, poden contemplar unha tradición de non menos de 90 anos de loita a prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.

O Día Internacional da Muller refírese ás mulleres correntes como artífices da historia e afunde as súas raíces na loita secular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home.
http://www.culturagalega.org/album/8demarzo.php
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2011 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
SEMANA DAS CURTAS: Días de proxección


O XOVES 03 DE MARZO, haberá un pase (de balde) de 3 curtas, no Salón de Actos do Instituto,ás 08:30 PM, aberto a todo o mundo.
Contamos ca túa colaboración.
G R A Z A S.


Comentarios (1) - Categoría: Actividades - Publicado o 03-03-2011 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Landroteca

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0