BIBLIOCARBALLEIRA. BUEU


Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras.
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.

Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".

Contamos connvosco!

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Xogo-Concurso: QUEBRAPOEMAS
Noraboa aos gañadores do Concurso: Andrea, Sandra e Raúl de 2º ESO B.

Esperamos que o celebredes cos tres "golosos premios".

Os poemas:

LAS MOSCAS

Vosotras, las familiares,
inevitables golosas;
vosotras, moscas vulgares,
me evocáis todas las cosas.
¡Oh viejas moscas voraces
como abejas en abril,
viejas moscas pertinaces
sobre mi calva infantil!
¡Moscas del primer hastío
en el salón familiar,
las claras tardes de estío
en que yo empecé a soñar!
Y en la aborrecida escuela,
raudas moscas divertidas,
perseguidas
por amor de lo que vuela
?que todo es volar?, sonoras,
rebotando en los cristales
en los días otoñales...
Moscas de todas las horas,
de infancia y adolescencia,
de mi juventud dorada;
de esta segunda inocencia,
que da en no creer en nada;
de siempre... Moscas vulgares,
que de puro familiares
no tendréis digno cantor:
yo sé que os habéis posado
sobre el juguete encantado,
sobre el librote cerrado,
sobre la carta de amor,
sobre los párpados yertos
de los muertos.
Inevitables golosas,
que ni labráis como abejas
ni brilláis cual mariposas;
pequeñitas, revoltosas,
vosotras, amigas viejas,
me evocáis todas las cosas.

ANTONIO MACHADO


III. ARCO DA VELLA
Arco de vella, arco de vella,
ponnos o ceo limpo e azul.
Arco de vella, riso das nubes,
as sete cores fillas da luz.

A vermella está no viño,
nos beizos e nas cereixas,
nas fazulas dos rapaces
e nas feridas das guerras.

Vive a laranxa no lume,
parte o nome coas laranxas,
tingue o cabelo do sol
cando o sol toca as montañas.

A amarela anda no mel,
no millo e mais no centeo,
no sol e nas bolboretas,
nas follas que tira o vento.

Corre a verde polos prados,
repousa nas matogueiras,
está na pel das mazás,
vive no limo das pedras.

Azul e anil van no mar,
as dúas son mariñeiras.
Azul gusta de voar
e case toca as estrelas.

Violeta anda nas flores
e recende coma elas.
É unha cor moi delgadiña,
case se perde na néboa.

MARICA CAMPO




Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 26-03-2010 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
21 de Marzo: Día Mundial da Poesía
Para celebrar este día , propoñemos un xogo-concurso: "Quebrapoemas": só tendes que recompoñer dous poemas (os distintos fragmentos teñen que ir en cores diferentes).

Haberá un sorteo para todos os participantes , no recreo do Venres 26.


Ánimo, hai 10 golosos premios!
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 22-03-2010 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
Deixounos Miguel Delibes
Miguel Delibes (Valladolid, 1920- 2010) é un dos narradores españois contemporáneos máis aprezados, non só polo indiscutible valor da súa obra, senón tamén porque el mesmo encarnaba unha postura ética que se concretou na práctica dun humanismo ligado ás virtudes da terra.
Galardoado co Premio Cervantes en 1993, a súa obra caracterízase por manter un estilo propio xa consolidado con El camino en 1950.
Delibes chegou a ser un magnífico forxador de personaxes ligadas á España rural e á urbana, e un liberador da fala das xentes de Castela na segunda metade do século XX, así como da lingua rural e da variante popular máis marxinal.


Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 12-03-2010 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
Día da Muller
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 12-03-2010 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
8 de Marzo: Día Internacional da Muller
Atención ao cartelón preparado entre o alumnado de 1º ESO, Normalización Lingüística e a Biblioteca! Asemade, nunha presentación en Power Point poderedes seguir a importancia e a presencia das mulleres na sociedade.
O Día Internacional da Muller refírese ás mulleres correntes como artífices da historia e afunde as súas raíces na loita da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home.
Para saber máis podedes visitar esta ligazón: Día da Muller.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 08-03-2010 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Landroteca

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0