BIBLIOCARBALLEIRA. BUEU


Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras.
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.

Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".

Contamos connvosco!

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Novos libros para o Club de Lectura
Nada, que seguimos todas e todos moi animados e participando nas sesións do Club de Lectura, disfrutando cos novos libros!



Comentarios (1) - Categoría: Club de lectura - Publicado o 25-03-2009 11:25
# Ligazón permanente a este artigo
Tres obras galegas na lista de libros infantís máis importantes de Europa
O prodixio dos zapatos de cristal, de Xosé Antonio Neira Cruz; A cabeza de Medusa, de Marilar Aleixandre, e Fume, de Antón Fortes foron seleccionados "pola súa especial calidade" pola Biblioteca Xuvenil Internacional de Múnich, un dos referentes mundiais na atención ao libro infantil e xuvenil, para The White Ravens List 2009, catálogo que se presentará na Feira do Libro Infantil de Bolonia (Italia) que se celebrará do 23 ao 26 deste mes.


Nesta edición, a biblioteca alemana destaca 250 títulos publicados en 2008 en 32 lenguas e pertencentes a 48 países. Con estos tres títulos, a literatura infantil e xuvenil galega volta a ser un ano máis unna das mellor representadas, con máis libros seleccionados que as literaturas de moitos Estados e linguas normalizadas.

O prodixio dos zapatos de cristal (Galaxia), de Xosé Antonio Neira Cruz, é unha adaptación moi particular do clásico de La Cenicienta, na que o escritor compostelano aborda temas como a inmigración e o dereito da muller a decidir sobre súa vida sen necesidade de príncipes azuis que marquen seu destino. Este álbum, ilustrado polo galego Rodrigo Chao, é o segundo de Neira Cruz que a Biblioteca de Múnich inclúe na White Raven, xa que en 2006 seleccionou O armiño dorme.

A cabeza de Medusa (Xerais), de Marilar Aleixandre, madrileña afincada en Santiago, é unha historia dura que arranca coa violación de dous mozos en Vigo e que denuncia o calvario que moitas veces teñen que pasar as mulleres agredidas sexualmente, a quenes se lles culpabiliza do delito. Esta obra, cuxa portada é da artista galega Victoria Dielh, xa gañou o III Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil e é o segundo de Alexandre que entra na lista alemana, tras Paxaros de papel (2001).

Fume (OQO), de Antón Fortes, un álbum ilustrado pola polaca Joanna Concejo, ten como protagonista a un neno prisioneiro nun campo de concentración nazi, e é o primeiro do escritor lucense que consegue entrar neta lista.



Comentarios (2) - Categoría: Crítica de libros - Publicado o 23-03-2009 11:22
# Ligazón permanente a este artigo
21 de marzo: Día Mundial da Poesía
Cada 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. Esta conmemoración foi impulsada pola UNESCO no ano 2000 co obxetivo de recoñecer as actividades poéticas que se realizan nos diferentes países e promover a poesía como unha forma de cultura esencial.

Animádevos e publicade os vosos poemas!


Podemos preguntarnos, que é a poesía; algúns poetas responderon a esta cuestión; poñamos como exemplo as seguintes respostas:

"La poesía, principio y fin de todo, es indefinible. Si se pudiera definir, su definidor sería el dueño de su secreto, el dueño de ella. Y el secreto de la poesía no lo ha sabido, no lo sabe, no lo sabrá nunca nadie(?)"

Juan Ramón Jiménez


Rimas de Gustavo Adolfo Bécquer:

?¿Qué es poesía??, dices mientras clavas

En mi pupila tu pupila azul.

?¿Qué es poesía? ¿Y tú me lo preguntas?

Poesía? eres tú?


Fixádevos no poema de Pablo Neruda:


LA POESÍA

Y fue a esa edad... Llegó la poesía
a buscarme. No sé, no sé de dónde
salió, de invierno o río.
No sé cómo ni cuándo,
no, no eran voces, no eran
palabras, ni silencio,
pero desde una calle me llamaba,
desde las ramas de la noche,
de pronto entre los otros,
entre fuegos violentos
o regresando solo,
allí estaba sin rostro
y me tocaba.

Yo no sabía qué decir, mi boca
no sabía
nombrar,
mis ojos eran ciegos,
y algo golpeaba en mi alma,
fiebre o alas perdidas,
y me fui haciendo solo,
descifrando
aquella quemadura,
y escribí la primera línea vaga,
vaga, sin cuerpo, pura
tontería,
pura sabiduría
del que no sabe nada,
y vi de pronto
el cielo
desgranado
y abierto,
planetas,
plantaciones palpitantes,
la sombra perforada,
acribillada
por flechas, fuego y flores,
la noche arrolladora, el universo.

Y yo, mínimo ser,
ebrio del gran vacío
constelado,
a semejanza, a imagen
del misterio,
me sentí parte pura
del abismo,
rodé con las estrellas,
mi corazón se desató en el viento.


Pablo Neruda



Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-03-2009 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
8 de marzo: Día das mulleres...TRABALLADORAS
100 anos de loita a prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.

Por que o 8 de marzo? A proposta foi da alemana Clara Zetkin, integrante do Sindicato Internacional de Obreiras da Confección, durante o Congreso Internacional de Mulleres Socialistas en Copenhague, Dinamarca, en 1910.

Queríase honrar: a memoria dun grupo de mulleres que, con gran valentía, ocuparon en 1908 a fábrica téxtil onde traballaban na cidade de Nova York, para esixir igualdade de salarios e unha xornada laboral de 10 horas. A resposta foi provocar un incendio na planta ocupada, no cal pereceron máis de 100 obreiras.

Temos que eliminar: calquera tipo de discriminación: social, laboral, cultural?

Entendamos: ?Os dereitos humanos da muller e da nena son parte inalienable, integrante e indivisible dos dereitos humanos universais. A plena participación, en condicións de igualdade, da muller na vida política, civil, económica, social e cultural nos planos nacional, rexional e internacional e a erradicación de todas as formas de discriminación baseadas no sexo son obxectivos prioritarios da comunidade internacional."

ACTIVIDADES:

Fixádevos no cartel elaborado no Instituto (Mª Xosé Ares); Que mensaxe lanza? Interpretádeo e deixade a vosa opinión. Deteñámonos un rato a meditar sobre este tema...!

Reflexionade tamén, sobre estos vídeos:





Pensades que a situación representada é xusta?

É algo que acontece en moitas ocasións?

Que propostas faríades para acabar con experiencias coma estas?

Comentarios (5) - Categoría: Actividades - Publicado o 05-03-2009 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
Hora de ler
Hai unhas semana comezamos esta actividade con moita ilusión; imos na procura de lectoras e lectores competentes; con esta iniciativa pretendemos mellorar a aprendizaxe e sobre todo que disfrutedes lendo.
Trátase de:
. Dedicar 15 minutos á lectura, un día á semana antes ou despois do recreo (tendes o horario colocado na clase).
. Lectura individual, en silencio.
. Lectura de libre elección, ou propostas por materias.
. Lectura sen interrupcións.
. Participa toda a ESO, 1º BAC. e os grupos que, voluntariamente, se apunten, como por exemplo o PCPI de Pesca.
. Os profes tamén len.
. Non é avaliable; non se porán exercicios sobre o lido ( trátase de potenciar o gusto pola lectura)
. Non se pode entender como hora de estudo.

Contamos con vós! Que vos parece esta experiencia?

Como di, Emili Teixidor : Si, ler por ler é fantástico. Non hai que esquecer que a literatura debe ter un punto de inutilidade, como todas as cousas belas. Non sempre hai que buscarlle unha función ás cousas e a lectura é unha delas.

Escoitade unha lenda de Bécquer...







Comentarios (0) - Categoría: Hora de Ler - Publicado o 03-03-2009 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
Outra caricatura de Luis
Esta vez tocoume a mín!
Comentarios (1) - Categoría: Actividades - Publicado o 03-03-2009 11:34
# Ligazón permanente a este artigo
Baixo a óptica de Luis Davila
Os profes debuxados na parte inferior do lenzo, sabedes quen son?
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 03-03-2009 11:33
# Ligazón permanente a este artigo
Os trazos de Luis Davila
Vimos como Luis Davila cos seus hábiles trazos foi quen de representar distintos personaxes en diferentes etapas da vida. Que vos parece?
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 03-03-2009 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
Con Luis Davila
Hai uns días tivemos a sorte de contar coa presenza do deseñador gráfico, Luis Davila. Estudou na escola de Artes e Oficios Pablo Picasso de A Coruña; este Buenense é o responsable dun bo número de sorrisos diarios a través das súas tiras de humor O BICHERO e O FOTOMATON no xornal Faro de Vigo.

No instituto, ensinounos como sacar partido duns cantos e ben pensados trazos para reflectir os sentimentos, as emocións, os estados de ánimo...Puidemos observar como unha mesma caricatura pasaba da alegría á tristura, ao cabreo, á indiferenza.

Nunha entrevista publicada na páxina
www.delmorrazo.com (Entrevista a Luis Davila) , Luis conta como xa de pequeniño tivo unha clara inclinación polo artístico. Comenta como "En casa yo me divertia pintando en cualquier papel que encontraba, ya fuera en blanco o lleno de números que mi padre traia de la oficina..... Lo que me costaba otros tantos desorejamientos..."

No noso centro rematou a súa exposición, caricaturizando ao profesorado presente na mesma; temos que recoñecer que foi bastante benevolente nos deseños; en fin, que nos fumos todos contentos para casa. Podedes seguir a súa obra en: O bichero. Luis Davila
Comentarios (4) - Categoría: Actividades - Publicado o 02-03-2009 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Landroteca

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0