BIBLIOCARBALLEIRA. BUEU


Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras.
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.

Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".

Contamos connvosco!

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O MUNDO SECRETO DE BASILIUS HOFFMAN
Achégase unha nova Era, as antigas portas féchanse definitivamente, os reinos que durante séculos lindaron as fronteiras do noso mundo esvaécense entre as brumas das lendas. Durante anos o profesor Hoffman, explorador de mundos ocultos, dedicou non poucos esforzos a desvelar os seus segredos. Mais só cando o seu sobriño Peter chega ao vello casarón Hoffman para pasar as vacacións de Nadal, o destino une as súas vidas dando comezo así á batalla definitiva na que se porá en xogo o noso ben máis prezado: o poder da imaxinación.
Aquí comeza a saga do profesor Basilius Hoffman: historiador, arqueólogo, cabaleiro a tempo parcial e truán a xornada completa. E a súa viaxe na procura do lendario Diario do Cartógrafo, na que descubriremos cidades perdidas no profundo da noite, sociedades secretas, misteriosas criaturas, poderosas reliquias sagradas, imposíbeis aparellos mecánicos e unha infinidade de curiosos personaxes.

Fernando M. Cimadevila (Santiago de Compostela, 1977) forma parte activa do panorama literario galego como escritor e editor. Dende 2011 é director literario de Contos Estraños Editora, especializada en literatura fantástica, de terror e de ciencia-ficción, que reúne unha nova xeración de escritores do xénero.
Como escritor destaca a súa labor na literatura infantil coa colección "As aventuras do Apalpador" e a serie de fantasía "O mundo secreto de Basilius Hoffman", un dos maiores éxitos xuvenis dos últimos tempos en lingua galega.
Estivo connosco este pasado venres 20 no salón de Actos do instituto.

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 24-02-2015 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
24 de Febreiro: DÍA DE ROSALÍA
Rosalía de Castro é unha fenda.

Unha ferida aberta nas conciencias.

A voz que sempre nos asombra.



Querémola viva,

sabémola ceiba.



Querémola pola rúa,

nos barrios e nos arrabaldes,

nas aldeas e nas prazas,

nas fachadas brancas dos edificios.



Queremos que os seus versos nos invadan,

fender con eles o mutismo das paredes.

Para que a súa voz ilumine os muros.

Alta e clara como murmurio e como berro.

Visita a nosa exposición homenaxe a Rosalía no link que tes aquí debaixo...
Visita a nosa exposición homenaxe a Rosalía
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 24-02-2015 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
24 de Febreiro: DÍA DE ROSALÍA
CONCURSO DE VERSOS CON IMAXE
Poderá participar todo o alumnado do centro.
Cada participante presentará un deseño de ilustración ou fotografía que acompañe un texto de Rosalía de Castro.
O formato e a técnica serán libres.
Establécense dúas categorías:
a)Toda ESO,ESA e FPB
b)Todo o Bacharelato (diurno e nocturno) e Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior.

A data de entrega de orixinais, na Biblioteca, remata o venres 21 de Febreiro de 2015.
En cada categoría establécese un único premio consistente nun vale de 20? para a cafetería do centro.
Aquí tendes un exemplo do IES As Barxas de Moaña no que se amosa o que podedes chegar a facer.
ÁNIMO e PARTICIPADE¡¡¡
Mulleres na historia
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 10-02-2015 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Landroteca

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0