BIBLIOCARBALLEIRA. BUEU


Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras.
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.

Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".

Contamos connvosco!

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ
Miguel Ángel Alonso Diz exerce a docencia no ensino privado. Participa en numerosas iniciativas culturais en Galicia e Portugal. É membro de A porta verde do sétimo andar, un dos impulsores dos Cadernos Q de Vián, e colaborador habitual da revista Atenea.

Tamén é un dos organizadores do Poetry Slam Vigo. Actualmente colabora no programa Banda Aparte 2.0 de Radio Allariz cunha sección que se chama "A cultura oculta"; e no portal "Letraenobras".


Visitounos o pasado 17 de Febreiro, e os alumn@s de 1º e 2º da ESO puideron difrutar da súa voz e da súa presenza falando do seu último libro,"A nena á que non deixaban ser feliz" . O alumnado de 3º e 4º da ESO tamén disfrutaron despois das súas verbas en conmemoración do día de Rosalía o vindeiro 24 de Febreiro.

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 20-02-2014 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA 8 DE MARZO

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

A bibliocarballeira, en colaboración co Departamento de Artes Plásticas, organiza un concurso de fotografía da "IGUALDADE NO TRABALLO".
As fotografías presentadas deberán amosar a igualdade no traballo, doméstico ou profesonal, entre mulleres e homes. Non se admitirán fotos con contidos sexistas, racistas, violentos ou que incidan na intolerancia.Deberán ser ademáis orixinais e inéditas levando un título en galego que suxira o tema proposto.
Cada participante poderá enviar unha ou dúas fotos en formato JPEG aou enderezo electrónico: artesplasticascarballeira@gmail.com> ata as 12 da noite do 26 de Febreiro de 2014.
AS fotos premiadas poderán optar a tres premios:
1º: Vale de 30?
2º: Vale de 20E
3º: lote de libros.
Para mási información ,consultar as bases no taboleiro de anuncios.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 13-02-2014 12:46
# Ligazón permanente a este artigo
CON A DE ASTRÓNOMAS
Visita a exposición de con "A de ASTRÓNOMAS" que tes no hall de entrada do instituto. atoparaste con 11 paneis informativos das Astrónomas que adicaron a súa vida ó estudo dos Corpos Celestes.

Dende Aglaonike que predecía eclipses de Luna na Grecia clásica ata Caroline Herschel que descubreu cometas e estudou as estrelas binarias no século XVIII. E tamén moitas investigadoras que na actualidade son punta de lanza na vangarda desta ciencia.

A través dunha serie de paneis faise un percorrido entre os principais hitos da astrofísica e o papel fundamental que tivo a muller dende a antiguidade ate os nosos días:

Os paneis son:
1.-CON A DE ASTRÓNOMAS
2.-UNHA ESTRELA MEDIOCRE PERO A NOSA
3.-OS OUTROS
4.-ESFERAS DE GAS
5.-ELAS TAMÉN MORREN
6.-A IDADE DO UNIVERSO
7.-MILLÓNS DE SOLES XUNTOS
8.-O UNIVERSO É TODO
9.-OUTROS OLLOS MPARA VER
10.-O UNIVERSO DESDE FÓRA DA ATMÓSFERA
11.-AS ESTRELAS NA CULTURA
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 11-02-2014 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DE COMPARSAS E DISRACES 2014
Convócase unha nova edición do CONCURSO DE COMPARSAS E DISFRACES, para o vindeiro venres 28 de Febreiro.
A inscrición farase en Vicedireción, antes do xoves 20 de Febreiro.
Poderá participar todo o alumnado de ESO, Bacharelato, PCPI e Ciclos do centro,así como toda a comunidade educativa.
Haberá tres premios, según categorías, que consistirán en vales de 120 e 30 ?.
O festival terá lugar o venres 28 de Febreiro no salón de actos do instituto.
Para máis información consultar o tabolerio de anuncios do centro.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 07-02-2014 12:40
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DE POSTAIS "DÍA DOS NAMORADOS"
O EDLG organiza como tódolos anos un concurso de POSTAIS "DÍA DOS NAMORADOS", que consiste na elaboración dunha tarxeta escrita en galego cunha declaración de amor ou de amizade.
O premio é un vale de 25? por categoría.

Os traballos presentados entregaránse en conserxería ata o martes 11 de Febreiro, e o fallo do xurado darase a coñecer o día 14 de Febreiro, "Día dos namorados", entregándose os agasallos no festival de Entroido.

Para máis información consultar as bases no Tabolerio de información do centro.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 07-02-2014 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
O CLUB DA BIBLIOTECA ESTÁ A LER
BANQUEIROSBANQUEIROS

Para falarnos sobre a obra contaremos no mes de febreiro coa presenza de dous dos autores deste libro: Xosé Manuel Pazos e Zé Paredes.


XOSÉ MANUEL PAZOSPremio Max de Teatro en 2006 na categoría de mellor autor teatral en galego pola obra Emigrados
XOVES 13 DE FEBREIRO ÁS 15,30h.

Participou como actor, autor e director, na creación dos grupos de teatro afeccionado de Cangas Matamoura e Múa, da sección de Vigo-Cangas da Escola Dramática Galega, e da Compañía profesional Teatro de Ningures.
Participou na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, da que foi responsable nas nove primeiras e na 11ª edición.
Traballa habitualmente para Teatro de Ningures e a Revista Galega de Teatro.
Colaborou en varios espectáculos de Teatro do Atlántico e con outras compañías como o Centro Dramático Galego.
Recibiu en tres ocasións o Premio Max de Teatro: mellor autor teatral en galego, polas obras Ida e volta (Taxi), e Emigrados en 2006. A súa versión teatral da novela de Suso de Toro Círculo recibiu o Premio Max ao mellor texto Teatral en galego en 2003.
Outras das súas obras son: Desembarco dos turcos, Act-Tress, Crónica da peste e María Soliña ou O profeta ou o derradeiro berro de Randulfo.
Traduciu a José Luis Alonso de Santos, Juan Mayorga, Luigi Pirandello, Ernesto Caballero, Itziar Pascual e José Sanchis Sinisterra.
Falaremos con el de tres cuestións: 1.- Que é o Teatro. 2.- Historia recente do Teatro galego. 3.- A escrita teatral (Banqueiros).




ZÉ PAREDESPremio Rafael Dieste en 2013 en colaboración con Xosé Manuel Pacho pola obra Teatro, ou xeitos de cargar unha arma
VENRES 21 DE FEBREIRO ÁS 9,50h

Zé Paredes, (Guimarães 1972).
Actor e director de escena formado en Portugal.
No ano de 2001 estrea como actor a obra Mar Revolto de Roberto Vidal Bolaño, unha co-produción luso-galega. Esta experiencia sería decisiva á hora de escoller Galicia como país para vivir, e o teatro galego como obxectivo vital.
En 2008 crea con Mónica Camaño a compañía Teatro Nu.
En 2013 estrea Precarias, co grupo Teatro do Pichel.

Premio Rafael Dieste da Deputación da Coruña en 2013 pola obra Teatro, ou xeitos e montar unha arma.



Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 07-02-2014 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Landroteca

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0