BIBLIOCARBALLEIRA. BUEU


Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras.
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.

Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".

Contamos connvosco!

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

24 de Febreiro: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO




Poemas Rosalía

Rosalía de Castro
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 24-02-2011 14:27
# Ligazón permanente a este artigo
A SEMANA DAS CURTAS
Cartaz informativoUnha selección de curtametraxes e videoclips galegos durante unha semaniña enteira no Johan Carballeira



A actividade consiste na proxección dun ciclo de curtametraxes galegas en lingua galega que se presentarán como un festival dunha semana estruturado en sesións temáticas de aproximadamente 1 hora de duración cada unha. Cada sesión temática consta de 3 curtas, 1 videoclip dun grupo musical que cante en galego e unha breve peza documental de
eufalo.tv, un proxecto colaborativo sobre a lingua e os falantes.


Ao mesmo tempo, habilitase un espazo web http://www.semanacurta.com/index.htm) e un blogue (http://semanacurta.wordpress.com) para que o potencial público das curtas poida opinar sobre as distintas pezas. Deste xeito, mozos e mozas poderán establecer contacto entre eles e elas, opinar sobre as filmacións que máis lles gustaron, contrastar opinións con outras persoas e votar pola curta e sesión que máis lle gustou a cadaquén (procurarase realizar unha votación virtual para establecer honorificamente o ?premio do público?).


Os equipos que participen nesta actividade poderán descargar os vídeos dende un sitio web.
As claves para descargar os vídeos facilitaranse na semana anterior á semana das curtas, a
partir do 21 de febreiro
. Logo de seren descargados, os vídeos proxectaranse na sala de
audiovisuais ou no espazo elixido en cada centro.

Facilitarase ao alumnado o enderezo do blogue, espazo no que se pode opinar e votar polas
filmacións.


Destinatarios: Alumnado de Educación Secundaria (ESO, bacharelato e ciclos formativos)e ANPA.


TOMA 1
#1 TOURETTES
Director: Martín Fillaega
Intérpretes: Marcos Correa, Isabel Risco
Ás veces, un problema pode salvarche a vida.
#2 RUXERUXE "BURATOS"
O videoclip da xornada é ?Buratos?, da banda de
Aríns (Compostela) Ruxeruxe. É unha canción do
seu último disco "na fura de diante".
A peza foi gravada polo curtametraxista Jairo
Iglesias.
#3 PALÍNDROMO
Directora: Eva Quintas
Intérpretes: Luís Iglesia, Mariña Sampedro
Ana ten 10 anos e acaba de conseguir un dos seus
soños, a pesar de que ata ese intre todo indicaba
que non ía conseguir nada nesta vida. Acaba de
gañar a carreira de atletismo. Está feliz.
#4 EU FALO "JAVIER"
Pequenos anacos de realidade extraídos da web
eufalo.tv
Javier Gómez Noya ten 27 anos, é ferrolán e acaba
de proclamarse Campión do Mundo de Triatlón. No
mesmo día en que lle ofrecía á súa cidade este
grande trunfo, falou coa xente de ?Ferrol con lingua?
da súa relación co galego, tanto na casa como a
nivel internacional.
#5 XOGO DE NENOS
Director: Pachi Baranda
Intérpretes: Iria Sobrado, Xosé Pérez, Amancio
Sanjurjo
Nunha urbanización de chalets acaroado, de súpeto
escoitamos uns berros que saen do interior dunha
casa. Na intimidade e sen que os veciños se
decaten, o marido impón a súa autoridade á vella
usanza: correa en man. Por sorte para a esposa,
soa a campá da entrada.
TOMA 2
#1 INSTALACIÓN
Director: José Díaz
Intérpretes: Mónica García, Tomás Lijó, Cesar
Cambeiro
O concelleiro de Cultura está farto de tanta
exposición de arte contemporánea que non entende
ninguén. Para sacar o museo á boia necesitan algo
espectacular que impresione aos de Bruxelas. Nada
máis vangardista que unha boa 'instalación".
#2 SOM DO GALPOM "QUEDAMOS NESA PRAZA"
Videoclip realizado en stop motion pola produtora
Verme Audiovisual para a banda Santiaguesa "Som
do Galpom". Extraído do seu disco "Em terra de
Ninguem".
#3 O MÁIS RICO ( DO CEMITERIO)
Directora: Jorge Fernandez
Intérpretes: Avelino Gonzalez, Luis Iglesia
Rafael era un tipo normal ata o momento que
comezou a traballar nunha funeraria. A relación cos
falecidos e coas súas familias convertérono nun ser
sen escrúpulos, capaz de roubar ata aos mortos.
Baixo unha aparencia desordenada e caótica,
agóchase un individuo calculador e sofisticado, que
é quen de argallar un sistema de roubo case
infalible.
#4 EU FALO "Estudantes de Ciencias da Información "
Pequenos anacos de realidade extraídos da web
eufalo.tv
Metémonos nunha das clases de Xornalismo da
Universidade, e os estudantes quixeron compartir
connosco cadansúa historia lingüística, ao máis puro
estilo das terapias de grupo, pero micrófono en man
como nos talk-shows.
#5 SOBRE A MORTE DO BIEITO
Director: Xudit Casas
Intérpretes: Marcos Correa
Un home que leva o cadaleito no funeral do Bieito,
despois de escoitar uns ruídos estraños, cavila en
que o morto podería estar vivo e durante todo o
enterro pensa en comunicarllo aos demais mais a
dúbida non llo permite. Adaptación do relato de
Rafael Dieste.
TOMA 3
#1 O CERCO
Director: Martiño Vázquez
Intérpretes: Martiño Vázquez
No medio dun clima de belicismo sen lindes, aínda
hai un lugar onde se libra a máis fera das batallas: a
psique do ser humano. Por riba da dor e da vontade,
o cidadán 3398-MVB enfrontarase nesta historia
claustrofóbica a unha verdade máis dura aínda: á
súa real existencia sen outra alternativa que a da
propia fuxida desesperada pero... cara a onde?
#2 LAMATUMBÁ "E LOGO CHEGA O DÍA"
Unha peza do banda ourensá Lamatumbá: "E logo
chega o día".
Videoclip oficial do primeiro single de "A Órbita da
Banda Hipnótica" (2010). Está dirixido por Jorge
Coira, o director de "18 comidas" e "O ano da
carracha".
#3 SULFATO
Directora: Abelardo Rendo
Intérpretes: Xandre Rendo, Berta Barcia
As nais son esas persoas que están sempre aí, ao
noso carón, sen pedir nunca nada a cambio. Mais
tamén necesitan de sinxelos retallos de esperanza,
de amor para seguir adiante na vida. ?Sulfato? é
unha historia sobre a importancia das cousas
pequenas, eses anaquiños de maxia que nos regala
a vida de cando en vez e que nos dan folgos e nos
debuxan un sorriso para continuar...
#4 EU FALO "Neves"
Pequenos anacos de realidade extraídos da web
eufalo.tv
O Leo i Arremecághona presentanos unha
protagonista excepcional, súa nai Neves, que lle
conta a súa historia coa lingua, chea de problemas,
e lle explica por que cando era pequeno o tratou de
educar en castelán (primeiro cápitulo da serie "en
Vigo Fálase").
#5 AUTOMÓBIL
Directora: Andrés Victorero
Intérpretes: Ricardo de Barreiro, Fernando
Morán, Ruth Sabucedo, Xavier Estévez
É venres. Un executivo remata a súa xornada
laboral. Sobe ao seu coche novo, conduce e
entra no garaxe do seu apartamento de luxo. O
que acontecerá alí cambiaralle a vida para
sempre.
Curtametraxe de ficción que conta unha
historia universal. Diñeiro, poder, relacións e
tecnoloxía mestúranse en cada momento da
nosa vida propiciando situacións.
TOMA 4
#1 AS ALMAS DO FENTAL
Director: David Vázquez
Intérpretes: Fernando Morán
Xosé é un señor maior que vive no Fental, unha
aldea do interior de Galicia que está a piques de
quedar baleira. A historia trata sobre un dobre
abandono, o que afecta ao rural galego por un
lado e, polo outro, o que sofren os nosos maiores.
#2 KASTOMÄ "GRELO 66"
Segundo vídeo promocional do disco "Almas da
noite" de KASTOMÄ. Dirixido por Gaspar Broullón
e Matías Tarrío. Producido por SETEMEDIA.
A Ruta do Grelo é o traxecto que vai de Ordes a
Sigüeiro, e que é famoso por estar cheo de
greleiras vendendo os seus produtos. Kastomä fan
a ruta como é debido e protagonizan a súa
particular Route 66, aínda que neste caso
rebautizada como Grelo66.
E ti, andas na Ruta do Grelo?
#3 O INQUILINO
Director: David González
Intérpretes: : Ruth Sabucedo, Uxía González,
Jesús Mira
Magda e Leo son dous universitarios do Campus
de Ourense que comparten un pisiño vello e
desvencellado de tres dormitorios. Como dous
estudantes calquera en calquera universidade
teñen seus problemas económicos que os
impulsan de continuo a tentar alugar o terceiro
dormitorio da vivenda, pero non é doado, nada
doado. O cuarto prohibido non é apropiado para
calquera inquilino
#4 EU FALO "Ben"
Pequenos anacos de realidade extraídos da web
eufalo.tv
Ben é de Manchester e estuda galego dende hai
tres anos no Centro de Estudos Galegos de
Oxford. Para que lle é útil a nosa lingua?
Saberémolo ao final do vídeo. ;)
#5 DIES DEI
Director: Nani Matos
Intérpretes: : Xan Cejudo, Mela Casal, Camila
Bossa.
Avelino vive pendente de coidar a súa muller
enferma, postrada nunha cama. Pero ao seu
setenta anos, tamén el comeza a notar
síntomas preocupantes.

Do 28 de febreiro ao 4 de marzo de 2011
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 24-02-2011 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DE RELATO E POESÍA

CONCURSO DE RELATO E POESÍA

1.Pode participar calquera alumno ou alumna do centro dentro das seguintes categorías:
a. 1º ciclo de ESO
b. 2º ciclo de ESO
c. Bacharelato

2.Cada persoa pode concursar en calquera das seguintes modalidades:
POESÍA. Deberá escribir un conxunto de tres poemas de tema e forma libre que sexan orixinais e inéditos.
NARRATIVA. Deberá redactar un texto dunha extensión máxima de cinco follas mecanografadas a dobre espazo.

3.Os traballos entregaránselle a calquera das profesoras do Departamento de Lingua Galega antes do 28 de febreiro de 2011.

4.Os traballos deberán ir acompañados dun sobre, no exterior do cal figuren o título da obra e a categoría pola que concursa. No interior incluirase o nome, apelidos e curso do autor ou autora.

5.Escollerase un traballo gañador en cada categoría, que recibirá un premio por valor de 50 euros e un lote de material escolar.

6.Os traballos gañadores serán publicados no blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (http://www.blogoteca.com/bouenxebre/) e serán enviados ao IV Premio Literario Escolar Novacaixagalicia, coa posibilidade de gañar un ordenador e unha impresora.








Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 10-02-2011 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
SAN VALENTÍN: DÍA DOS NAMORADOS
¡¡¡¡DECLÁRATE NO INSTITUTO¡¡¡¡


Regala un POEMA e un CORAZÓN de caramelo á persoa que máis o mereza. O venres 11 no vestíbulo poderás mercar o agasallo por só 30 cent. que serán doados á Cruz Bermella.


Na hora do recreo

VENRES 11 e LUNS 14



A P Ú n t a T E


Visita: http://www.blogoteca.com/bouenxebre/, no link Bases que figura máis abaixo.

Ás veces fáltannos palabras
e ás veces sóbrannos.

Ás veces fáltanos o tempo de dicilas
e ás veces pásanos o tempo de calalas.

Ás veces precisamos o que xa temos
e ás veces desbotamos o alleo como se fora noso.

Ás veces mentimos inxustamente
e ás veces facemos da lei unha verdade fedorenta.

Ás veces temos boca para selar un segredo
e ás veces fáltannos oídos para aceptar a evidencia.

Ás veces un día ten 24 horas
e ás veces unha hora agocha 24 días.

Ás veces dígoche que te quero coa boca soterrada
e ás veces a terra ignora os adverbios que nos afastan.

Ás veces digo que si porque non son eu
e ás veces non son quen de negarcho.

Ás veces a choiva esvara polos meus versos ata dar cos teus ollos
e ás veces as bágoas encoradas na memoria
asulagan as terras ermas do que che escribo.

Ás veces chámote co meu nome
e ás veces contestas dende o silencio que me reclama.

Ás veces es ti mesma
e ás veces non sei quen son se ti me faltas.


BALDO RAMOS (http://www.aelg.org/Centrodoc/GetAuthorById.do?id=autor142)
Bases
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 10-02-2011 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
ANXO OU DEMO


Estade atent@s á sorpresa que vos temos preparada dende o EDLG do IES...


BOOM-BOOM; BOOM-BOOM; BOOM-BOOM.........

BOOM-BOOM; BOOM-BOOM; BOOM-BOOM.........

BOOM-BOOM; BOOM-BOOM; BOOM-BOOM.........

BOOM-BOOM; BOOM-BOOM; BOOM-BOOM.........

BOOM-BOOM; BOOM-BOOM; BOOM-BOOM.........

BOOM-BOOM; BOOM-BOOM; BOOM-BOOM.........

BOOM-BOOM; BOOM-BOOM; BOOM-BOOM.........


?????????????????????????????????????????????????

¿DESCIFRAS A MENSAXE ?

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 09-02-2011 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
O ENTROIDO XA ESTA AQUÍ...
O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ!!

Participa no entroido do noso instituto.
Tes dúas opcións:
a)Participar só ou en parella.
b)Formar unha comparsa c@s compañeir@s.

E a partir de aí sacar a relucir a vosa creatividade cos disfraces, cancións, coreografías? e, sobre todo, pasalo ben con sana retranca e moito bo humor!
Haberá suculentos premios (consulta as bases a continuación deste artigo)

APUNTÁDEVOS ANTES DO 25 DE FEBREIRO EN VICEDIRECCIÓN
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 04-02-2011 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
ENTROIDO 2011 NO JOHAN CARBALLEIRA: Bases do concurso
CONCURSO DE COMPARSAS E DISFRACES DE ENTROIDO 2011
BASES

1.Poderá participar todo o alumnado de ESO, Bacharelato, PCPI e Ciclos do noso centro. O profesorado e o resto da comunidade educativa poderá participar pero fóra de concurso.

2.Aceptarase a participación en modalidade de individual ou parella (1 ou 2 membros) e comparsa (4 membros ou máis).

3.Haberá 4 premios:
a.Mellor disfrace e posta en escena individual ou parella.
b.Mellor disfrace de comparsa.
c.Mellor interpretación de comparsa.
d.Mellor letra de comparsa.

4.Os participantes que opten aos premios á mellor letra deberán presentar en vicedirección, antes do 25 de febreiro, o texto orixinal en lingua galega.

5.A inscrición do alumnado farase en vicedirección antes do 25 de febreiro para as comparsas e 3 de marzo para a modalidade de individual ou parella. Para inscribirse, as comparsas deberán ter un nome e as cancións un título. A vicedirección facilitará apoio técnico aos concursantes e organizará os ensaios xerais que se soliciten.

6.O xurado constará de un profesor/a do departamento de Artes Plásticas, un profesor/a do departamento de Música, un profesor/a do departamento de Lingua Galega, un representante do persoal non docente e un representante da ANPA. A composición do xurado farase pública no centro o día 18 de febreiro. Ante esta resolución aceptaranse as emendas presentadas no prazo de 7 días naturais.

7.Os premios consistirán nun vale de 130 ? si se concursa pola modalidade de comparsa e 30 ? si se fai pola modalidade individual ou parella. Unha vez recibido o premio, acordarase coa dirección do centro o destino da cantidade gañada.

8.O festival terá lugar o día 4 de marzo no salón de actos do instituto. O fallo do xurado, que será inapelable, darase a coñecer ese mesmo día no final do acto.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 04-02-2011 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
04 de Febreiro: DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO


Foi convocado pola Unión Internacional Contra o Cancro no Cumio Mundial contra o Cancro para o Novo Milenio, celebrado o 4 de febreiro de 2000.

Proponse que tódolos países organicen actividades para difundir información e compartir coñecementos sobre medidas preventivas e novas tecnoloxías.

As campañas contra o cancro, baixo o lema común de ?Meniños de hoxe, o mundo do mañá?, concretáronse no Día Mundial contra o Cancro 2007 no obxectivo de ?Previ-lo cancro agora?, centrándose as actividades dirixidas á prevención dos catro factores de risco que causan o maior número de casos de cancro:
O consumo de tabaco,as infeccións que poden producir cancro e unha sobreexposición ó sol.

O cancro, nas súas 200 formas diferentes, é a segunda causa de morte nos países desenvolvidos, e a terceira causa entre os países en vías de desenvolvemento. Estímase que causa un 12,5% das mortes, porcentaxe superior ó das mortes por SIDA, tuberculose e malaria xuntas. Tamén é a segunda causa de mortalidade infantil en idades comprendidas entre 1 e 14 anos.

Continuamente se están facendo progresos no diagnóstico, control e tratamento do cancro e pódese afirmar que un bo número de casos de cancro resultan curables se se diagnostican coa suficiente antelación. Aínda así, cada ano aumenta o número de casos.

No ano 2002, o cancro matou a 6,7 millóns de persoas en todo o mundo. No 2020 pode causa-la morte de 10,3 millóns de persoas.

Ademais dos avances no diagnóstico precoz, a loita contra o cancro ha de basearse en promover estilos de vida saudables: o 43% de tódolos casos de cancro poden previrse.
Estímase que o 43% das mortes por cancro se deben ó consumo de tabaco, a dietas inadecuadas ou a certas infeccións.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-02-2011 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
ENTROIDO 2011

Comentarios (1) - Categoría: Actividades - Publicado o 03-02-2011 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Landroteca

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0