Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras. |
|
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.
Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".
Contamos connvosco! |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
DíA DOS NAMORADOS E NAMORADAS |
|
Que ben nos declaramos ese día tan especial..., utilizando os poemas de Raúl Gómez Pato !!!
|
|
|
|
Informe sobre hábitos de lectura |
|
O Informe da Federación de Gremios de Editores de España destaca que:
Os lectores frecuentes, entre a poboación maior de 14 anos son o 41,3% (len todos ou case todos os días, ou unha ou dúas veces por semana).
Os lectores frecuentes, entre 10 e 13 anos, son o 77,1%
O 55% da poboación maior de 14 anos
declárase lectora (lectores frecuentes + lectores ocasionais, que len un libro ao mes ou ao trimestre)
Entre os rapaces e rapazas de 10/13 anos, a porcentaxe de lectores, sumando frecuentes e ocasionais, sube ao 91,2%
O 78,4% dos nenos lectores asegura que seus pais lles len na casa, e o 88% que lles mercaron ou agasallaron con libros no último ano.
O 97,2% dos nenos lectores afirmar que os seus profesores os animan a ler, e o 93,2% asegura que nos seus colexios se realizan actividades arredor da lectura e o libro, participando nelas o 94,1%.
Galicia sube 2,3 puntos con respecto ao ano 2008, na porcentaxe de poboación lectora (+ 14 anos), quedando no 54,9%, sendo o 39, 9% os lectores frecuentes.
En Galicia, o 45,1% dos maiores de 14 anos non le.
A lectura en galego representa o 0,5% do total. En Galicia, o 7,4% dos lectores le en galego de forma cotiá.
Para saber máis, visitade o informe sobre hábitos lectores.
Collede un libro neste entroido,...! |
|
|
|
ENTROIDO |
|
Eladio Rodríguez González cóntanos que: O Entroido é celebrado en toda Europa dende épocas descoñecidas. Non se sabe con certeza a súa orixe, algúns pensan que vén da tradición celta, outros afirman cós comezos desta festa, pódense atopar na adoración a Baco ou Dionisos .
Coa chegada do cristianismo, moitas das festas pagás, que eran antigamente celebradas foron tomadas e cristianizadas. Deste xeito, esta celebración que tiña posiblemente o seu significado na despedida dos longos e duros días do inverno, mesturouse coa despedida da carne antes do período de abstinencia da Coresma que comeza no día mércores de Cinza (é dicir "corenta días antes do domingo de Ramos).
Para saber máis premede nesta ligazón entroido.
Pasádeo moi ben! |
|
|
|
Para os namorados e namoradas |
|
Que romanticismo cos versos de Raúl Gómez Pato!
Quérote como meu bisavó
levaba a boina,
altamente
e sempre na cabeza.
Quérote como as chourizas
ben feitas,
docemente
pero cun aquel de picante.
Quérote como a miña avoa
facía as filloas,
fariñosamente
e co sangue da derrota.
Quérote como o gato que durmía
a carón da lareira,
despistadamente
pero cun ollo no rato.
|
|
|
|
leer.es |
|
O Ministerio de Educación vén de presentar o centro virtual para a lectura e as persoas lectoras, LEER.ES , creado en colaboración coas Comunidades Autónomas, a Real Academia de la Lengua Española e o Instituto Cervantes.. Aquí, os rapaces e rapazas podedes atopar estímulos diferentes para a vosa formación como lectores de todo tipo de textos (icónicos, textuais, multimedia...) e para a produción e difusión das vosas propias creacións.
Visitade a páxina!Leer.es |
|
|
|
|
|