BIBLIOCARBALLEIRA. BUEU


Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras.
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.

Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".

Contamos connvosco!

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

24 de Febreiro: Día de Rosalía
Rosalía de Castro naceu o 24 de febreiro de 1837 en Camiño Novo, un arrabal de Santiago de Compostela, de ahí que ese día se conmemore como o "Día de Rosalía". A súa acta de bautizo dicía:

En veinte y cuatro de febrero de mil ochocientos treinta y seis, María Francisca Martínez, vecina de San Juan del Campo, fue madrina de una niña que bauticé solemnemente y puse los santos óleos, llamándole MARÍA ROSALÍA RITA, hija de padres incógnitos, cuya niña llevó la madrina, y va sin número por no haber pasado a la Inclusa; y/ para/ que así conste, lo firmo. ?José Vicente Varela y Montero

A súa nai, María Teresa de la Cruz de Castro, fidalga da casa grande de Arretén vida a menos pertencente á linaxe dos Castro, de orixe castelá, pero establecida en Galicia dende a Idade Media ,contaba con trinta e dous anos cando naceu. O seu pai, don José Martínez Viojo, nado o 7 de febreiro de 1798 e de profesión crego, acababa de cumprir os trinta e nove anos cando naceu, debido á súa condición, non puido recoñecer nin lexitimar á súa filla, encargando o seu coidado ás súas irmás, polo que parece que si se interesou pola súa manutención.


Como escritora, Rosalía de Castro escribiu tanto en prosa coma en verso, empregando o galego e o castelán. A súa obra estivo profundamente marcada pola circunstancias que rodearon a súa vida: coma a súa orixe, os problemas económicos, a perda dos seus fillos e a súa fráxil saúde.

Velaiquí algún dos seus máis entrañables poemas:



ACTIVIDADES DE XEOGRAFÍA: "Traballando co poema". 1º ESO

- Definide os conceptos xeográficos básicos que atopedes no poema.
- Representade graficamente eses mesmos conceptos.
- Que vos transmitiron as verbas de Rosalía?

ADIÓS, RÍOS; ADIÓS, FONTES;
Cantares gallegos


Adiós, ríos; adiós, fontes;
adiós, regatos pequeños;
adiós, vista d'os meus ollos,
non sei cándo nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde m'eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei.

Prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiñas d'o meu contento.

Muiño d'os castañares,
noites craras d'o luar,
campaniñas timbradoiras
d'a igrexiña d'o lugar.

Amoriñas d'as silveiras
que eu lle daba ô meu amor,
camiñiños antr'o millo,
¡adiós para sempr'adiós!

¡Adiós, gloria! ¡Adiós, contento!
¡Deixo a casa onde nascín,
deixo a aldea que conoço,
por un mundo que non vin!

Deixo amigos por extraños,
deixo a veiga pol-o mar;
deixo, en fin, canto ben quero...
¡quén puidera non deixar!

Mais son probe, e, malpocado,
a miña terra n'e miña,
qu'hastra lle dan de prestado
a beira por que camiña
ô que nasceu desdichado.
Tèñovos, pois, que deixar,
hortiña, que tanto amei,
forgueiriña d'o meu lar,
arboriños que prantei,
fontiña d'o cabañar.

Adiós, adiós, que me vou,
herbiñas d'o camposanto,
donde meu pai se enterrou,
herbiñas que biquei tanto,
terriña que nos criou.

Adiós, Virxe d'a Asuncion
branca com'un serafín:
lévovos n-o corazón;
pedidelle á Dios por min,
miña Virxe d'a Asunción.

Xa s'oyen lonxe, moi lonxe,
as campanas d'o pomar;
para min, ¡ai!, coitadiño,
nunca máis han de tocar.

Xa s'oyen lonxe, máis lonxe...
Cada balad'é un delor;
voume soyo, sin arrimo...
miña terra, ¡adiós!, ¡adiós!

¡Adiós tamén, queridiña...
Adiós por sempre quizáis!...
Dígoche este adiós chorando
desd'a veiriña d'o mar.
Non m'olvides, queridiña,
si morro de soidás...
tantas légoas mar adentro...
¡Miña casiña!, ¡mue lar!





Comentarios (10) - Categoría: Actividades - Publicado o 26-02-2009 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
Tempo de entroido
O entroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo. Coincide co período inmediatamente anterior á Coresma (tempo de xaxún de 40 días anteriores á Pascua, conforme o calendario cristián).

O Entroido celébrase en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son moi coñecidos os entroidos de l Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa,Redondela e como non os de Bueu, Hío...





A palabra entroido deriva do latín introitus, que significa "entrada" ou "comezo" da primavera e do rexurdimento da vexetación. Na zona norte de Galiza emprégase antroido, como no antroido ribadense, mentres que no sur é máis frecuente entroido. A palabra aparece citada desde o século XIII. O entroido coñécese tamén como carnaval, que tamén é un termo galego.
A palabra vén do italiano carnevale, que ten como orixe segundo a maioría dos etimoloxistas modernos o latín vulgar carne-levare, que significaba "abandonar a carne" (o cal xustamente era a prescrición obrigatoria para todo o pobo durante todos os venres da Coresma). Noutras zonas, como en Cataluña ou España as denominacións populares de carnestoltes ou carnestolendas, respectivamente, parecen indicar que esta é a opción etimolóxica máis sensata (do latín tolere, retirar).

Posteriormente xurdiu outra etimoloxía manexada no ámbito popular: a palabra italiana carnevale significaría que durante a época do carnaval a "carne vale", ou sexa que se pode comer.

Pasádeo moi ben!!!
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-02-2009 23:54
# Ligazón permanente a este artigo
Bibliorecreo!!!
Na entrada do instituto podedes aprender, xogando:só tedes que pedir a chave da vitrina en Conserxería.

Divertídevos con Pasapalabra, Cifras e letras, Scrabble, Connector...
Comentarios (1) - Categoría: Actividades - Publicado o 19-02-2009 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
Nova imaxe da biblioteca
Que vós parece como está quedando a nosa "biblio"? Aínda quedan algúns retoques...

Animádevos e usala!
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-02-2009 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
Poemas de amor:


Claudio Rodríguez Fer


Aquela que máis quero

como se antano dicía

nas luzadas harmónicas

amada namorada

dos homes que fun só quedou un amante

e só a ti amei máis do que xa amara

e só a ti amarei máis do que xa amei.

E nunca fun máis eu que cando amei.


Poemas de amor sen morte. (1979)



ME ESTÁS ENSEÑANDO A AMAR...,
Gerardo Diego


Me estás enseñando a amar.
Yo no sabía.
Amar es no pedir, es dar,
noche tras día.

La Noche ama al Día, el claro
ama a la Oscura.
Qué amor tan perfecto y tan raro.
Tú mi ventura.

El Día a la Noche alza, besa
sólo un instante.
la Noche al Día -alba, promesa-
beso de amante.

Me estás enseñando a amar.
Yo no sabía.
Amar es no pedir, es dar.
Mi alma, vacía.


Canciones a Violante, 1959.

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-02-2009 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
Máis sobre o amor: Citas célebres


O amor é semellante a unha árbore: inclínase polo seu propio peso, arraiga profundamente en todo o noso ser e ás veces segue verdecendo nas ruinas dun corazón. (Víctor Hugo)


As pulseiras de metal sonan se son dúas. (Proverbio africano)


O amor é unha flor de primavera entre dúas persoas que se desenvolve no verán e non se murcha en inverno. (Proverbio turco)


A las palabras de amor les sienta bien un poquito de exageración.

(Antonio Machado)


Al amor lo pintan ciego y con alas. Ciego para no ver los obstáculos y con alas para salvarlos. (Jacinto Benavente)


Ao contacto do amor todo o mundo se volve poeta. (Platón)


Amor es un fuego escondido, una agradable llaga, un sabroso veneno, una dulce amargura, una deleitable dolencia, un alegre tormento, una fiera herida, una blanda muerte. (Fernado De Rojas)

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-02-2009 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de San Valentín...


Existen diversas teorías para explicar a data do Día dos Namorados. Nos países nórdicos, durante estas datas emparéllanse e aparéanse os paxaros, de ahí que este periodo enténdese coma un símbolo de amor e de creación.

Algúns consideran que é unha festa cristianizada do paganismo, xa que na antiga Roma adorábase ao deus do amor, Cupido. Nesta celebración pedíanse os favores do deus a través de regalos ou ofrendas para atopar ao namorado ideal.

Hai moitos séculos, foi tradicional en Inglaterra a "festa dos valentinus", onde se elexían a homes e a mulleres para que formaran parella.

Outras fontes centran a orixe da historia de San Valentín na Roma do século III, época na que o cristianismo era perseguido. Neste período tamén se prohibía o matrimonio dos soldados, xa que se creía que os homes solteiros rendían máis no campo de batalla que os casados porque non estaban emocionalmente ligados as súas familias.

Nestas circunstancias xorde a figura de San Valentín, un sacerdote cristián que ante tal inxustiza decide casar ás parellas baixo o ritual cristiano a escondidas dos ollos romanos.

Por estas prácticas, o emperador romano, Claudio II ordeou ao gobernador de Roma que procesara ao sacerdote. Esta misión levouna a cabo o lugartenente, Asterius. Éste, cando estivo diante de Valentín , burlouse da relixión cristiá e quixo poñer a proba ao sacerdote. Preguntoulle se sería capaz de devolver a vista a unha das súas fillas que era cega de nacemento. O sacerdote aceptou e en nome do Señor obrou o milagre. O lugartenente e toda a súa familia convertíronse ao cristianismo pero non puideron librar a Valentín do seu martirio. San Valentín foi executado un 14 de febreiro.

Mentres estivo encarcerado, seu carceleiro pediulle que dera clases a súa filla Xulia; a base de leccións e horas xuntos, Valentín namorouse da moza. A véspera da súa execución, enviou unha nota de despedida á rapaza, na que asinou coas palabras "do teu Valentín", de ahí a orixe das cartas de amor e poemas que se envían os namorados na actualidade e da expresión de despedida "From Your Valentine", coñecida en todo o mundo, adxunta en miles de postais de San Valentín.


Dous séculos máis tarde, a Igrexa católica recuperou a historia de San Valentín. Por aquel entonces era tradición entre os adolescentes practicar unha curiosa festa pagana derivada dos ritos en honor do deus Lupercus, deus da fertilidade, que se celebraba o día 15 de febreiro. Era un sorteo mediante o cal cada chico escollía o nome dunha moza que se convertiría na súa compañeira de diversión durante un ano. A Santa Sede quixo acabar con esta celebración pagana e canonizou a San Valentín como patrón dos namorados.

O corpo de San Valentín consérvase actualmente na Basílica do seu mesmo nome que está situada na cidade italiana de Terni. Cada 14 de febreiro celébrase neste templo un acto de compromiso por parte de diferentes parellas que queren unirse en matrimonio ao ano seguinte.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-02-2009 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
Día da Paz
En 1949, algúns anos despois da Segunda Guerra Mundial, celébrase en París un multitudinario Congreso da Paz organizado Movemento Mundial dos partidarios da paz(de inspiración comunista). Picasso era membro Partido Comunista Francés. En xaneiro de 1949, o PCF pediu a Picasso que diseñase un debuxo que simbolizara o Movemento da Paz. Picasso trazou o perfil dunha fermosa pomba branca.

Na primavera dese mesmo ano a pomba de Picasso colocouse en todos os muros das cidades de Europa.

Podemos contar unha anécdota: nesa primavera , Picasso ten unha filla con Françoise Gilot que chama Paloma.


Algunhas cancións como No dudaría de Antonio Flores ou Imagin de John Lennon falan da paz e do rexeitamento da violencia.


LETRA DA CANCIÓN DE ANTONIO FLORES - NO DUDARíA



Si pudiera olvidar
Todo aquello que fui
Si pudiera borrar
Todo lo que yo vi
No dudaría
No dudaría en volver a reír

Si pudiera explicar
Las vidas que quite
Si pudiera quemar
Las armas que use
No dudaría
No dudaría en volver a reír

Prometo ver la alegría
Escarmentar de la experiencia
Pero nunca, nunca más
Usar la violencia


Si pudiera sembrar
Los campos que arrasé
Si pudiera devolver
La paz que quité
No dudaría
No dudaría en volver a reír

Si pudiera olvidar
Aquel llanto que oí
Si pudiera lograr
Apartarlo de mí
No dudaría
No dudaría en volver a reír

Prometo ver la alegría
Escarmentar de la experiencia
Pero nunca, nunca más
Usar la violencia.


LETRA DA CANCIÓN DE JOHN LENNON - IMAGIN



Imagine there's no Heaven
It's easy if you try
And no Hell below us
Above us only sky

Imagine all the people
Living for today
Imagine there's no country
It isn't hard to do

Nothing to kill or die for
And no religion too
Imagine all the people
Living life in peace

You may say I'm a dreamer
But I'm not the only one
Maybe someday you will join us
And the world will be as one

Imagine no posessions
I wonder if you can
No need for greed or hunger
Or Brotherhood of Man

Imagine all the people
Sharing all the world
You may say that I'm a dreamer
But I'm not the only one

And maybe someday you will join us
And the world will be as one

You may say that I'm a dreamer
But I'm not the only one
Maybe someday you will join us
And the world will be as one...

TRADUCIÓN:

Imaxina que non hai ceo
É fácil se o tentas
Sen inferno baixo nós
Sobre nós só o ceo
Imaxina toda a xente vivindo ó día.

Imaxina que non hai países
Non é difícil facelo
Nada polo que matar ou morrer
E ningunha relixión tampouco
Imaxina toda a xente vivindo ó día.

Podes dicir que son un soñador
Pero non son o único
Espero que algún día te unas a nós
E o mundo será un.

Imaxina que non hai posesións
Marabíllome se podes
Ningunha necesidade por cobiza ou fame
Unha irmandade do home
Imaxina toda a xente compartindo todo o mundo.


Desde LLeida comparten este video connosco : Paz a ritmo de hip-hop. Preme na ligazón.




Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-02-2009 11:22
# Ligazón permanente a este artigo
Relatos de José Sánchez Pedrosa


Desde Bibliocarballeira, queremos felicitar ao noso compañeiro José Sánchez Pedrosa, profesor de Lingua e Literatura neste Centro en cursos pasados, por publicar o libro de relatos Contento del mundo. Corenta e catro historias que fan pasar ao lector do asombro ao estremecimento. Amaia Mauleón calificaba o libro de "irónico, cruel, esperpéntico e absurdo".

A amerizaxe forzosa dos Reis Magos na Ría de Vigo e o conseguinte linchamento dos falsos reis, a mans dos indignados nenos; o suicidio dun frustrado profesor universitario no Pórtico da Gloria; a brutal autolesión dun afectado polos insoportables ruídos da autovia..., son historias protagonizadas por personaxes crueis ou ao borde da tolemia, narradas con moito realismo.

Pouco máis de cen páxinas, publicadas por Ediciones del Viento, logran estremecer aos lectores e lectoras, descubrindo, en palabras do autor, as "verdadeiras fobias do ser humano",


Parabéns, Jose!
Comentarios (1) - Categoría: Crítica de libros - Publicado o 18-02-2009 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
De novo, Club de Lectura
Comeza a actividade na nosa bibliocarballeira!!

O mércores 14 de xaneiro ficamos a xantar no instituto con Lourdes e con Fernanda, as profes que van acompañarnos nesta viaxe até a lectura e as súas bondades.

Nós xa sabemos que a lectura como lecer non ten efectos secundarios negativos, senón todo o contrario, por iso decidimos apuntarnos nesta nova actividade do noso instituto.

Hai dous grupos:
un para lectora/es de menor idade e menos avanzadas/os, e outro para xente de máis idade ou máis madura nas súas lecturas. O primeiro deles, coordinado por Lourdes, está formado por un total de 18 persoas xa dende o mesmo comezo; o segundo, coordinado por Fernanda, ten menos membros, de momento só 9.

Tanto nun caso como no outro semella que hai xente interesada que non puido achegarse na primeira reunión pero que xa nos manifestou o seu desexo de ingresar no club, o que fai pensar que o proxecto ten unha boa aceptación.

As seguintes reunións farémolas co mesmo horario ca a reunión do mércores, pero en días distintos, pois, se coincidimos ambos os dous grupos, un deles non podería gozar do novo mobiliario da biblioteca.

Para máis información podemos falar coas profes indicadas como responsábeis dos grupos.

Animádevos, podemos compartir moitas emocións e momentos divertidos...!


Comentarios (7) - Categoría: Club de lectura - Publicado o 18-02-2009 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
Recursos electrónicos
No blog das Bibliotecas Escolares de Galicia nos lembran que podemos dispoñer na Rede de dous novos recursos electrónicos de grande interese :

A Biblioteca Escolar Digital, posta en marcha pola Fundación Germán Sánchez Ruiperez.
Europeana, a biblioteca multimedia en liña da Unión Europea.

Por outra parte, as bibliotecas escolares que estamos integradas no Proxecto Meiga temos ao noso alcance, grazas aos acordos entre as Consellerías de Educación e Cultura da Xunta de Galicia, diversos recursos electrónicos de acceso restrinxido. Para acceder a eles, só é necesario ingresar a través da páxina da Rede de Bibliotecas de Galicia, despois de entrar na Biblioteca do IES "Johan Carballeira"co número de lector e nome ou apelidos do lector ou lectora como contraseña.

Neste mesmo portal do sistema bibliotecario galego existe un apartado de recursos electrónicos dispoñibles na Rede, seleccionados, en función do seu interese informativo e pedagóxico, por un grupo formado por bibliotecari@s da rede de bibliotecas públicas e da rede de bibliotecas escolares de Galicia.


Grazas por estes servizos. Utilizádeos!

Europeana
Biblioteca dixital da rede de Bibliotecas Escolares de Galicia
Recursos electrónicos
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-02-2009 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
Bo Nadal



Na Biblioteca elaboramos unha Guía de Lectura de Nadal con recomendacións para ler e regalar. Esperamos que sexan do voso agrado.Só tedes que premer na ligazón.

Con esta iniciativa queremos levar á práctica a mensaxe que vai implícita no noso lema "LerEnCarballeira". Que a disfrutedes!!!


FELIZ 2009 !

Guía de lectura de Nadal
Comentarios (1) - Categoría: Hora de Ler - Publicado o 18-02-2009 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
Mochilas viaxeiras


Estimadas familias:



Este Nadal e para o resto do curso queremos poñer en práctica unha nova actividade de fomento da lectura; trátase das Mochilas Viaxeiras, que irán de casa en casa con lecturas para compartir con ilusión toda a familia .Lembrade que se vós ledes, elas e eles len.

Entregaranse ao alumnado os mércores e terán que ser devoltas o martes da semana seguinte.

Con isto pretendemos favorecer o desenvolvemento do hábito lector do noso alumnado.

Para levar a cabo esta actividade, dun xeito efectivo e motivador, necesitamos que non a entendades como un deber, senón como un xeito de compartir e gozar cos libros en familia.

Para axudarnos no noso traballo, se o desexades, podedes cumprimentar a ficha adxunta que se envía dentro das mochilas.

Contamos coa vosa colaboración.

Un saúdo,

O Equipo de Biblioteca




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-02-2009 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
10 de decembro: Día Internacional dos Dereitos Humanos
O 10 de decembro de 1948, a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración Universal de Dereitos Humanos en París. Constituíu a primeira declaración mundial da dignidade e a igualdade inherentes a todos os seres humanos.

Algúns dos artigos:


Artigo 1º.
Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia, díbense comportar fraternalmente uns cos outros.

Artigo 2º.
Toda persoa ten os dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración, sen distinción ningunha de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición...

Artigo 3º.
Todo individuo ten dereito á vida, á liberdade e á seguridade da súa persoa.

Artigo 4º.
Ninguén estará sometido á escravitude nin a servidume; a escravitude e a trata de escravos está prohibida en tódalas súas maneiras.

Artigo 5º.
Ninguén será sometido a torturas nin a penas ou tratos crueis, inhumanos e aldraxantes...

Se queredes ler máis, visitade a páxina da ONU.



Pensades que , na actualidade respéctanse estes dereitos? Como explicamos as miles de mortes por fame; as torturas de presos (Guantánamo)...? Queda moito por andar!

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-02-2009 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
A Constitución Española
Constitución Española

O 6 de decembro celébrase o Día da Constitución; ésta foi aprobada polas Cortes en Sesións Plenarias do Congreso dos Deputados e do Senado celebradas o 31 de Outubro de 1978. Trátase dun documento histórico que supuxo o triunfo do sistema democrático, despois dunha "longa noite de pedra", a dictadura franquista.


No preámbulo quedan perfectamente resumidos os principios democráticos sobre os que se asenta a Constitución; por isto a Biblioteca quere adicarlle un espazo:

PREÁMBULO:

"La Nación Española, deseando establecer la justicia, la libertad y la seguridad y promover el bien de cuantos la integran, en uso de su soberanía, proclama su voluntad de:

Garantizar la convivencia democrática dentro de la Constitución y de las Leyes conforme a un orden económico y social justo.
Consolidar un Estado de Derecho que asegure el imperio de la Ley como expresión de la voluntad popular.
Proteger a todos los españoles y pueblos de España en el ejercicio de los derechos humanos, sus culturas y tradiciones, lenguas e instituciones.
Promover el progreso de la cultura y de la economía para asegurar a todos una digna calidad de vida.
Establecer una sociedad democrática avanzada, y Colaborar en el fortalecimiento de unas relaciones pacificas y de eficaz cooperación entre todos los pueblos de la Tierra.
En consecuencia, las Cortes aprueban y el pueblo español ratifica la siguiente CONSTITUCIÓN".

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-02-2009 12:42
# Ligazón permanente a este artigo
Día Mundial do Sida


En 1988 a Asemblea Xeral da ONU expresou a súa profunda preocupación polo feito de que o Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida (SIDA) tiña acadado proporcións de pandemia.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) declarou Día Mundial do Sida, o 1 de decembro de 1988. Na actualidade máis de 41 millóns de persoas están afectadas polo VIH/SIDA.

Combatir o VIH/SIDA, o paludismo e outras enfermidades é un dos Obxectivos da ONU para o Desenvolvemento do Milenio.

Para o ano 2015 , os 191 Estados Membros da ONU comprométense a cumplir estes
obxectivos.

A Campaña Mundial contra o SIDA 2005-2010 escolleu como lema:



"Deter o SIDA. Manter a promesa".


O lazo vermello é o símbolo mundial para dar apoio ás persoas VIH positivas

e aqueles que conviven co SIDA


Desde a Biblioteca queremos expresar a máis

profunda solidariedade cos seres humanos que

padecen esta doenza
. Tamén, queremos destacar

que o SIDA converteuse en enfermidade crónica

nos países desenvolvidos, mentres

que segue a matar a

milleiros de persoas nas rexións máis pobres

do planeta.

Para sensibilizármonos con este tema, debemos ter

en contar que o SIDA no é cousa dun día, que a

problemática persiste tras o dia mundial do SIDA.







Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-02-2009 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
biblioteca viva!
Proximamente, volverá a reunirse o Club de Lectura "Bibliocarballeira"; asemade, funcionarán as seccións "Bibliorecreo" e "Bibliofamilias".



Queremos unha biblioteca viva! Depende de todos!

Comentarios (5) - Categoría: Hora de Ler - Publicado o 17-02-2009 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
LerEnCarballeira
O noso proxecto de Plan de Mellora de Biblioteca titúlase "LerEnCarballeira"; queremos fomentar a lectura e conseguir a vosa colaboración na loita por este obxectivo.



Para animarvos, contamos co noso LOGO e a nosa MASCOTA "Landralectora". Que vós parecen?



Comentarios (2) - Categoría: Hora de Ler - Publicado o 17-02-2009 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
Carteis contra a violencia de xénero
2ª Mención Especial: Daniel Ríos Pesqueira de 2º Bach.

Comentarios (1) - Categoría: Actividades - Publicado o 17-02-2009 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
Carteis contra a violencia de xénero
1ª Mención Especial: Abel Estévez Bacelar de 2º Bach.A:



Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 17-02-2009 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
Carteis contra a violencia de xénero
Na entrada do Instituto, podedes ver unha exposición dos carteis,elaborados polo alumnado de Fundamentos do Deseño de 2ºde Bacharelato, para o "Día da Non Violencia contra as Mulleres". Asemade, hai unha exposición de libros, relacionados con esa temática.
No VI Concurso de Carteis contra a Violencia de Xénero, convocado polo CIM de Bueu:

1º Premio e cartel anunciador: Sheila Bernárdez Gómez de 2º Bach.A .
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 17-02-2009 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
IGUALDADE, SEN DÚBIDA
TRABALLEMOS POLA IGUALDADE
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 17-02-2009 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
Sigamos reflexionando:
violencia contra as mulleres
UN AMOR MAL ENTENDIDO.
O silencio convértenos en cómplices

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 17-02-2009 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
25 de novembro: Día Internacional da non violencia contra as mulleres
violencia


O 25 de Novembro foi declarado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas como o Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres co obxectivo de implicar os gobernos e organizacións na sensibilización do grave problema que constitúe esta violencia.
Observade a imaxe: trátase dunha muller aterrorizada. A súa vida é un inferno.
Antes tiña dignidade, coidábase. Agora só lle queda o medo.

Olga, do PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas) nos achega un texto que queremos compartir convosco:

In Memoriam
El morreu hai trinta anos. A ela enterrárona estes días: morreu de vella.
El era un home sociable e ben relacionado. Ela non poñía o pé fóra de cen metros arredor da casa. El baixaba á vila tódolos días. Ela non ía nin ós enterros. El era violento e agresivo e mallaba nela día si e día tamén. Ela era traballadora, simpática e dulce. El levantaba a man e o que lle cadrara. Ela sempre levaba caramelos no peto cos que convidaba ós nenos que lle pasaban pola porta.
El viviu protexido por un muro de silencio. Ela viviu presa tras do mesmo muro.
A morte del só a liberou das tundas.O muro caeu o día do enterro. Dela.

O blog "O segrel do penedo" do IES de Fene nos ofrece:
"Un conto triste" de Marcos Valcárcel:

Hoxe voulles contar un conto triste. Antonia é unha muller moi humilde que traballa como asistenta e leva a diario a roupa a enxaboar no lavadoiro público de Marineda, aterecida polos fríos do inverno. O seu propio marido asasinou á súa nai e paga a súa pena no cárcere, mentres ela vese condenada a sobrevivir en condicións de extrema miseria criando a un pequeno. A pobre muller confía en que vinte anos é abondo para curar o medo. Pensa ela que pode o seu home morrer no cárcere, ou podo morrer eu, ata aló falta moito tempo aínda. A morte natural nunca a asustou: só a aterroriza de verdade a posibilidade da volta do cónxuxe criminal.

O nacemento dun herdeiro de El-Rei, facilita un indulto que deixa ao preso libre na rúa. A Xustiza dálle ademais o dereito a compartir a casa onde vive a súa muller e onde el cometera noutrora o seu grave delito. Antonia vive angustiada, pensando na hora dese regreso, temendo ser ela a próxima vítima da violencia do bruto liberado. Chega o día fatídico e é obrigada a acollelo no fogar e a compartir leito co asasino. El non chega a matala. O corazón non puido máis: Antonia morre de medo.

Velaí un breve resume do argumento de ?El indulto?, un conto de dona Emilia Pardo Bazán, publicado en 1883 en ?La Revista Ibérica?. O paso do tempo non deixa de ser un xogo un pouco absurdo. Os grandes problemas, os dramas e traxedias, tamén as nosas ledicias, son os mesmos dende que se escribiu a Odisea. O ser humano, para ben ou para mal, non cambiou tanto. Quizais cambiou moito menos do que somos capaces de albiscar. Iso, cando menos, é o que nos fai pensar este relato tan oportuno, no seu tempo e hoxe.

Na entrada do Instituto, podedes ver unha exposición dos carteis,elaborados polo alumnado de Fundamentos do Deseño de 2ºde Bacharelato, para o "Día da Non Violencia contra as Mulleres". Asemade, hai unha exposición de libros, relacionados con esa temática.
Grazas a todas e todos pola vosa participación!

Tamén, podedes visitar "youtube":

Contra a violencia de xénero
Comentarios (3) - Categoría: Actividades - Publicado o 17-02-2009 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
RECITAL POÉTICO CON ANXO
O Día da Bibliotecas, contamos con Anxo Angueira , que nos deleitou co recitado de poemas propios e doutros autores galegos, incluído o "noso Johan Carballeira".



Ao longo da súa actuación, Anxo tentou transmitirmos a idea de que "un dos obxectivos de todo mestre é o de que os seus alumnos sexan independentes intelectualmente e que amen a súa lingua?. Nós tratamos de camiñar pola mesma senda.




Anxo Angueira
Comentarios (1) - Categoría: Actividades - Publicado o 13-02-2009 18:22
# Ligazón permanente a este artigo
24 DE OUTUBRO
O alumnado de Fundamentos do Deseño de 2º Bach. elaborou a composición circular que envolvía a escaleira de caracol, que está na entrada do Centro. Que vós pareceu?
Comentarios (3) - Categoría: Actividades - Publicado o 13-02-2009 18:12
# Ligazón permanente a este artigo
24 de outubro: Día das bibliotecas
Biblioteca escolarDÍA DAS BIBLIOTECAS



Xa coñecedes o CARTEL editado neste inicio do curso 2008/2009 pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa (Asesoría de Bibliotecas Escolares), coa finalidade de lembrar a importancia da biblioteca escolar como centro de recursos indispensable para o profesorado, alumnado e resto da comunidade escolar... O cartel está ilustrado por Manuel Lariño.









CARTELManuel Lariño
Comentarios (0) - Categoría: Hora de Ler - Publicado o 13-02-2009 14:13
# Ligazón permanente a este artigo
Blog Bibliocarballeira
Hoxe, comezamos!!! lectoras e lectores de Bibliocarballeira, participade!
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-02-2009 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Landroteca

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0