BIBLIOCARBALLEIRA. BUEU


Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras.
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.

Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".

Contamos connvosco!

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A ESMORGA. Estreo o 21 de Novembro
A Esmorga é unha crónica tensa e intensa de vinte e catro horas na vida de tres homes, compañeiros de esmorga que, deixando un regueiro de destrución, de sexo equívoco e reprimido, van fechando portas tras si e guindando coas chaves, como para non querer volver, tal coma se adrede camiñaran á súa perdición.

Trailer

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 25-11-2014 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
25 Novembro: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Bueu xa ten unha imaxe para a súa campaña contra a violencia de xénero. Un cartel de Xaime Yaynemisa Ocaña, alumno de Cuarto da ESO do noso centro, resultou ser o gañador cunha creación na que varias fichas de dominó adornadas cun lazo violeta, van caindo ate alcanzar o 016,teléfono para alertar de casos de maltrato.
Tamén recibimos outro premio con outro cartel de Daniel Durán Chapela, alumno tamén de cuarto curso.

A entrega de premios será hoxe, día 25, ás 12h, no Centro Social do Mar de Bueu.

Sinalar que onte tamén presentamos a obra de teatro "O segredo de Uxía", no salón de actos do instituto en catro sesións.Á sesión das 19.30 estivo abierta ó público en xeral.Video http://youtu.be/eImJ-V8NqPo

Gracias por asistir a tod@s e noraboa ós premiados.
O segredo de Uxía
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 25-11-2014 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
XURXO SOUTO E A SÚA NOVA NOVELA
CONTOS DE MAR DE IRLANDA. XERAIS

Medre o Mar!

Ese é o berro de Xurxo Souto, a voz máis viva do Bravú galego, que fai que o mar de Monte Alto se expanda ata os cantís de Bergantiños. E o fai para acoller unha triple presentación do seu libro, ?Contos do Mar de Irlanda?, facendo que as historias do Gran Sol chegen ata a nosa Costa da Morte.
Neste libro, entre outras historias, nárranse as farturentas mareas de Serafín Mourelle da Rúa (natural de Corme) e o malpicán José Carrillo. Patróns pioneiros nas descubertas dos caladoiros de Porcupine, volcán submarino situado ao oeste de Irlanda.
.......
«As cousas do mar non se contan na terra», dixo o Machín de Muxía. Galiza é unha pedra chantada no Atlántico e un espazo mariño que abrangue todos os océanos. Quizá un mariñeiro do Berbés non saiba onde queda Fonfría, aló arriba na montaña, mais todos saben de Capetón, Cape Town, na fin de África. Un mariñeiro do Muro non saberá, quizá, de Olelas, na raia de Portugal, mais todos saben de Antuerpe, que é como lle din en galego do mar a Amberes, o gran porto do Norte. Prodixioso saber gremial, absolutamente vedado a terrícolas e terrícolos. Cómpre romper con esta fronteira de silencio. E cómpre principiar a mollarse na auga máis doméstica: o Gran Sol. Caladoiros tan humanizados polos nosos avós que dende hai moitas décadas teñen nome en galego. Embárcate nestas palabras. Alén do paralelo 48º N, o Mar das Galiñas, a Cona da Vella, a Ferradura agardan. Está subindo a marea, ti non quedes varado en seco.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 18-11-2014 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DA CIENCIA
Hoxe catro de Novembro, celebramos o día da ciencia coa intención de poñer en valor o uso do galego no ámbito científico e de contribuír a promover a investigación desenvolvida na nosa lingua.

A investigación científica e a súa divulgación, incluída tamén a das humanidades, son piares básicos para o progreso da sociedade. A lingua galega debe incorporarse naturalmente, e con plena validez, como vehículo para a transmisión social deses avances no coñecemento nas diferentes áreas.


Para saber máis, tendes unhas ligazóns moi interesantes en:
1. http://www.gciencia.com/
2. http://www.cienciaengalego.org/drupal6/
3. http://www.xunta.es/linguagalega/dia_da_ciencia_en_galego
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 04-11-2014 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Landroteca

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0