BIBLIOCARBALLEIRA. BUEU


Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras.
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.

Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".

Contamos connvosco!

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2011


Un ano máis animámosvos a participar no concurso de felicitacións do NADAL, que se rexe polas seguintes bases:


1. Pódese participar dentro das seguintes categorías:

*Categoría A: Alumnado de 1º ciclo de ESO
*Categoría B: Alumnado de 2º ciclo de ESO e PCPI
* Categoría C: Alumnado de Ciclos Formativos e Bacharelato

2. Cada participante presentará o deseño dunha felicitación de Nadal orixinal e inédita que ocupe, como máximo, a metade dun tamaño A4.

3. A técnica utilizada será libre e, se se acompaña de texto, este deberá estar escrito en galego.

4. Os traballos entregaranse na Conserxería ata o venres 9 de decembro.

5. No reverso das felicitacións deberán figurar o nome e curso do autor ou autora, así como a categoría pola que participa.

6. Premiarase un traballo en cada categoría. Se nalgunha das categorías o premio quedase deserto, poderá darse un primeiro e segundo premio nalgunha das outras categorías.

7. A obra escollida polo xurado entre as premiadas, será editada e enviada ás casas.

8. Establécense os seguintes premios:

- Postal escollida para ser editada: vale de 40 euros.
- As outras premiadas: vale de 30 euros.

Moita sorte a tod@s!

Consulta ó enlace do Instituto:
BOUENXEBRE
Comentarios (1) - Categoría: Actividades - Publicado o 30-11-2011 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
GAÑADORES DO IX CONCURSO DE CARTELES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO CONCELLO DE BUEU
GañadoresA nosa máis sincera NORABOA á gañadora do primeiro premio no concurso de carteles contra a Violencia de Xénero que convoca o Concello de Bueu:

Ana Blanco Bernárdez,
2º Bach.
I.E.S Johán Carballeira




Así como as MENCIÓNS ESPECIAIS otourgadas a:



Yael García Fernández de 4º da ESO do IES Johan Carballeira.


Santiago Martínez López, de 4º da ESO do IES Johan Carballeira.



Para máis información visita a páxina do Concello no seguinte enlace:

Concello Bueu,CARTEL GAÑADOR 25N_2011

e O blog do noso ORIENTADOR:
Fran
Comentarios (1) - Categoría: Actividades - Publicado o 30-11-2011 12:00
# Ligazón permanente a este artigo
25N: Día contra a VIOLENCIA de XÉNERO
Recomendámosvos unha chea de libros que serven para afrontar o 25N:

http://trafegandoronseis.blogspot.com/2011/11/viva-la-vida.html

http://trafegandoronseis.blogspot.com/2011/11/febre.html

http://trafegandoronseis.blogspot.com/2011/04/o-bebedor-de-rakia.html

http://trafegandoronseis.blogspot.com/2011/03/mexillons-para-cear.html

http://trafegandoronseis.blogspot.com/2011/10/nomades.html

http://trafegandoronseis.blogspot.com/2011/01/el-monstruo.html

http://www.papelenblanco.com/novela/no-te-supe-perder-de-salvador-navarro

Saúdos


Violencia de Xénero

Comentarios (1) - Categoría: Actividades - Publicado o 23-11-2011 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Landroteca

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0