BIBLIOCARBALLEIRA. BUEU


Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras.
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.

Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".

Contamos connvosco!

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

VIII CONCURSO DE CARTEIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
CARTEL GAÑADOR
O Centro de Información ás Mulleres (C.I.M) do Concello de Bueu convocou o VIII CONCURSO DE CARTEIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO entre o alumnado dos centros educativos da vila, co gallo do 25 de Novembro.

Nesta convocatoria resultaron gañadores 5 alumn@s do noso instituto:

PRIMEIRO PREMIO DE BACHARELATO:
ALBERTO PASTORIZA CERVIÑO (1º Bach.)


OUTROS PREMIADOS:
1. ÁNGEL LAGO CANOSA (4º ESO)

7. LARA FANDIÑO GUIMERÁNS(3º ESO)

8. ESPERANZA BROULLÓN MANDADO (1º Bach.)

9. GABRIEL DÍAZ BARREIRO(1º Bach.)


NORABOA A TÓDOL@S PREMIADOS


VISITA O ENLACE DA PÁXINA WEB DO INSTITUTO PARA VER OS CARTEIS PREMIADOS NO HIPERVÍNCULO CARTEIS PREMIADOS




CARTEIS PREMIADOS
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 18-11-2010 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
25 NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O 25 de Novembro foi declarado o día Internacional contra a Violencia hacia a muller, no 1º Encontro Feminista de Latinoamérica e do Caribe celebrado en Bogotá (Colombia) en Xulio de 1981.

Neste encontro, as mulleres denunciaron a violencia de xénero a nivel doméstico e a violación e o acoso sexual a nivel de estados, incluíndo a tortura e os abusos sufridos por prisioneiras políticas.

Elixiuse o 25 de Novembro para conmemorar o violento asesinato das hermanas Mirabal (Patria, Minerva e Maria Teresa), tres activistas políticas asesinadas o 25 de Novembro de 1960, nas máns da policía secreta do dictador Rafael Trujillo na República Dominicana.

Os seus cadáveres destrozados apareceron no fondo dun precipio. Para o movemento popular e feminista da República Dominicana, históricamente, estas mulleres simbolizan a loita e a resistencia.


Escoita algunhas rimas contra a violencia de xénero (Hip-Hop/R&B/Reggae) no seguinte enlace:
Rimas



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-11-2010 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
MAGOSTO NO INSTITUTO
O VINDEIRO MÉRCORES 10 DE NOVEMBRO, CELEBRARASE UN MAGOSTO , DENDE AS 12:45 ATE O REMATE DAS CLASES ÁS 14:25; CON MOITAS CASTAÑAS, XOGOS E PREMIOS PARA AQUELES QUE VOS DECIDADES A PARTICIPAR.



ESPERÁMOSVOS A TODOS



MAGOSTO(1) ^ Para máis información sobre esta festa típica e tradicional de Galicia visita este enlace: Magosto na Wikipedia e tamén o que che figura máis abaixo sobre a súa orixe.



A ORIXE DO MAGOSTO EN GALICIA
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 05-11-2010 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Landroteca

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0