BIBLIOCARBALLEIRA. BUEU


Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras.
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.

Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".

Contamos connvosco!

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Contra a violencia de xénero
Queremos felicitar aos gañadores e gañadoras do Concurso contra a Violencia de Xénero:

1º Premio: Belen Agulla Rodríguez de 3º ESO A.

3º Premio: André Novas Otero de 1ºESOA.

1ª Mención Especial : Ángel López Rivas de 3ºESO B.

5ª Mención Especial : Marcos Dopazo Ogando de 3ºESO A.

6ª Mención Especial : Sandro Caeiro Oliveira de 3ºESO A.

7ª Mención Especial : Rubén Lemos Ferradás de 3ºESO A.

8ªMención Especial : Sara Otero Matilla de 3ºESO B.

9ª Mención Especial : Alejandro González Domínguez de 1ºBACH.B.



Comentarios (7) - Categoría: Actividades - Publicado o 24-11-2009 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
Recuncho da Poesía
POEMAS SOBRE O MAGOSTO

"Castaños de Dormeá,
os do corpo ben comprido,
de graciosa estatura,
dobrados e ben seguidos:
¡ouh! Castaños somellantes
ós celtas nosos antigos;
a quen as edras demostran
amor, con abrazo amigo:
os arrebatados ventos
do mes bretumoso e frío
de Xaneiro, entre vós fungan
dando doentes suspiros:
e o musgo dos vosos gallos,
ermos e desgornecidos,
ó impulso das duras ráfagas
vai lonxe caer rompido"

Eduardo Pondal

..."¿Queredes castañas
dos meus castiñeiros?...
Cantádeme un maio
Sin bruxas nin demos;
Un maio sin segas,
Usuras nin preitos,
Sin quintas nin portas,
Nin foros, nin cregos."

Curros Enriquez
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-11-2009 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
Onte deixounos Francisco Ayala
El dicía "Soy un cómico que lleva años esperando a que se baje el telón, pero no termina de bajarse". Ayala cumplira 103 anos o pasado 16 de marzo. Era o último supervivinte da Xeración do 27 e, ademáis de ser membro da Real Academia Española desde 1984, tiña os premios máis importantes das letras españolas: o Cervantes (1991),o Príncipe de Asturias (1988, Premio Nacional de las Letras Españolas.

Por mor da Guerra Civil, marchou ao exilio que lle obrigou a abandonar a súa cátedra de Socioloxía na Universidade Complutense e vivir en países como Arxentina, Porto Rico e Estados Unidos. En 1980 regresou definitivamente a España.

Legounos obras como La cabeza del cordero, Muertes de perro, El jardín de las delicias, La invención el Quijote Recuerdos y olvidos (memorias),...

El comentaba: "He escrito demasiado porque he vivido demasiado y además lo he hecho intensamente".

Este granadino "tan maior" seguirá para sempre connosco a través da súa obra.




Comentarios (1) - Categoría: Arte e cultura - Publicado o 04-11-2009 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Landroteca

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0