Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras. |
|
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.
Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".
Contamos connvosco! |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
FALECE BEGOÑA CAAMAÑO |
|
A xornalista da Radio Galega Begoña Caamaño faleceu hoxe en Santiago, vítima dunha longa enfermidade. Nacida en Vigo en 1964, xunto ao seu labor profesional tamén destacou como novelista e como loitadora polos dereitos da muller, dos traballadores e dos máis desfavorecidos.
Foi na radio onde desenvolveu a meirande parte da súa carreira, sobre todo, en informativos e cultura, pero tamén se valeu da prensa para falar e amosar o seu pensamento sobre os problemas político-sociais, sempre desde unha visión feminista e nacionalista.
A súa chegada á Radio Galega produciuse en 1989. Alternou etapas nos servizos informativos con outras en programas como "Diario Cultural", "Andando a Terra", "Club Cultura" e "Expreso de Medianoite".
Comprometida tamén coa loita sindical, Begoña Caamaño formou parte do comité de empresa da Radio Galega,Pero o seu carácter reivindicativo abarcaba todos os ámbitos da vida, colaborando con proxectos sociais, políticos e culturais.
En marzo de 2012, a enfermidade obrigouna a deixar a súa actividade laboral, pero non renunciou ao mundo das palabras. Así Begoña enfrontou o cancro coa mesma serenidade e forza coa que vivira día a día e comezou a escribir a súa segunda novela: "Morgana en Esmelle".
Lectora apaixonada dos clásicos e dos narradores e narradoras contemporáneas, tamén nesta obra revisa os mitos gregos como xa fixera en "Circe ou o poder do azul" de 2009. As dúas novelas publicadas por Galaxia. "Morgana" valeulle o premio Nacional da Crítica 2012, que concede a Asociación Española de Críticos Literarios, e tamén o Ánxel Casal e o Losada Diéguez en 2013.
Valoraba os galardóns porque -dicía- "incitan á lectura dos libros, que é o máis importante". "Non sabería nin querería escribir doutro xeito que dende o galego e dende o feminino: eu son muller galega", afirmaba.
Estivo con nos nesta biliboteca, o 14 de Outubro do 2011 presentando o seu libro, "Circe ou o pracer do azul".
Para qué máis verbas. Toma de nós só dúas: Grazas, querémoste.
|
|
|
|
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES |
|
O vindeiro 24 de outubro, celebrarase o día das Bibliotecas escolares.A Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria edita tódolos anos un cartel para conmemorar o Día da Biblioteca e participar da celebración do mes da biblioteca escolar que podes ver exposto no corcho adicado á Bibliocarballeira do instituto.Dende o noso instituto faremos unha actividade denominada TERREMOTO NA BIBLIOTECA, consistente en desordear libros para que vos os volvades a colocar como estaban.
Deixámosvos unha pequena-gran frase que nos fai crecer a tod@s.
"De los diversos instrumentos inventados por el hombre, el más asombrosos es el libro; todos los demás son extensiones de su cuerpo...sólo el libro es una extensión de la imaginación y la memoria"
JORGE LUIS BORGES
 |
|
|
|
SAN MAÍN 2014 |
|
Achegade as vosas cabazas para participar no San Maín 2014, antes do vindeiro 29 de Outubro.
GRAZAS por participar. |
|
|
|
INICIO DE CURSO 2014-2015 |
|
Un ano máis, comezamos de novo. Tentando esquecer as vacacións coa chuva que esbara por riba das nosas cabezas, cos @s amig@s na beira da porta do instituto e o trajín de tódolos anos ó inicio de curso.
Dámosvos a benvida á Biliocarballeira. Os libros que levan con nós tantos anos, están esperando a que veñades a buscalos.
|
|
|
|
|
|