O pasado 31 de Outubro, celebramos no noso instituto un concurso de decoración de cabazos e máscaras, para celebrar o San Maín. Tanto a vosa participación como os resultados acadados, foron espectaculares.
Achégase o mes de outubro, e para celebrarmos o Día da biblioteca (24 de outubro), e o mes da biblioteca escolar, o teu instituto no seu recuncho da biblioteca, está disposto a ofrecer proxectos e actividades para tod@s vos.
O vindeiro luns poderédesvos achegar cos vosos titores/as, para percorrer todos os espazos desta cidade de coñecemento e facer cuestións no tocante á colocación e ubicación dos libros, xornais, revistas, bandas deseñadas,xogos,... e calquer outra dúbida que se vos presente.
MERGULLÁDEVOS SEN MEDO...
A vosa imaxinación deixará de ter fame comendo neles sen roelos.
Este vindeiro venres 14 de Outubro a terceira hora, haberá a presentación do libro de Begoña Caamaño,CIRCE OU O PRACER DO AZUL no noso centro .
Nel,dalle da voz a personaxes de Homero (Penélope e Circe) que só eran vistas dende o punto de vista masculino ou desde o silencio.
Penélope agarda por Ulises, do que non ten noticias hai moitos anos; é un exemplo de prudencia, paciencia e intelixencia.
Recibe unha carta de Circe, a misteriosa e independiente deusa que lle comunica que está a vivir unha apaixoada historia co seu marido, Ulises.
Entre elas comeza unha intensa relación epistolar na que estas dúas mulleres tan diferentes resultan unidas pola relación que as vencella ó mesmo home: Ulises, ó que ambas descubrirán con outro ollar e ó que nos achegaremos véndoo coas palabras íntimas de dúas mulleres con desexos ben distintos.
Un libro imprescindible, precioso, que recomendamos encarecidamente.
Porque hoxe en día tamén hai moitas Circes e Penélopes...
Begoña Caamaño no IES Johan Carballeira on PhotoPeach
O anuncio dos Nobel en Medicina ou Fisioloxía, abre hoxe a ronda de gañadores destes prestixiosos galardons, creados polo magnate sueco Alfred Nobel e que dende 1901 premian o xenio intelectual.
Mañán e pasado, tocarlle o turno ó de Física e ó de Química e o venres coñecerase ó gañador ou gañadores do Nobel da Paz, o único que se entrega en Oslo, e non en Estocolmo, por orden expresa do propio Nobel (1833-1896), xa que Noruega estaba unida a Suecia naquela época.
O día 10 fallarase o premio de Economía, o único non establecido por Nobel no seu testamento, senon instituido medio século mais tarde polo Banco de Suecia, e dende 1969 otorgado pola Real Academia das Ciencias.
A Academia Sueca aínda non anunciou cando se coñecerá o gañador en Literatura, que sempre se entrega un xoves, polo que atendiendo á tradición recente, o mais probable é que sexa o día 6.