BIBLIOCARBALLEIRA. BUEU


Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras.
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.

Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".

Contamos connvosco!

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A ESTÉTICA DO SAN MAÍN
As vosas compañeiras do Ciclo Medio de Estética amósannos unha representativa colección de maquillaxes que poderás empregar para disfrutar neste mes de Novembro, do San Maín.

Asemade,ó carón desta exposición, diversos alumn@s da ESO disfrazaron cabazas para que teñades unha idea de cómo decorar nestas datas, o voso ambente favorito.

VISÍTANOS

Realmente...T E R R O R I F I C O




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-10-2010 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
ENFOCA A CIENCIA: Concurso de fotografía

Animámoste a presentar as túas creacións máis imaxinativas ó CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CIENTÍFICA E MATEMÁTICA que convoca o Instituto , enmarcado dentro das "Xornadas pola Ciencia en Galego" que se celebrarán o 4 de Novembro no salón de actos.

As bases da convovatoria, ademáis dos premios ós que podes optar; atópanse nun cartel informativo colgado no corcho que está na entrada do Instituto.

A temática é a presenza da ciencia e as matemáticas no mundo que nos rodea e nos obxectos da vida.

A data límite de presentación na Vicedirección remata o propio día 4, ás 12 pm.

¡¡¡¡ A N Ó T A T E X A¡¡¡¡¡
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 28-10-2010 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
2010: ANO DO LIBRO E DA LECTURA DE GALICIA
Celebramos neste mes de Outubro o día das Bibliotecas Escolares.


Lembra a cantidade de recursos que podes atopar na nosa Biblioteca para integrar todos os saberes que aprenderás ó longo do curso.

Para máis información visita a páxina que a Consellería de Educación pon a túa disposición:


BIBLIOTECAS ESCOLARES:
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-10-2010 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
NOBEL DE LITERATURA
MARIO VARGAS LLOSA,gañador do premio NOBEL DE LITERATURA de este ano 2010 é considerado un dos máis grandes novelistas hispanoamericanos da segunda metade do século XX,tras reflexar nas súas obras a realidade social peruana a través de conflictos de caracter moral, sexual, racial e político.


ACHÉGATE Ó RINCÓN DE LECTURA que a biblioteca ten gardado só para ti á entrada do IES, na procura dalgunhas creacións literarias tan interesantes que che leven á...GUERRA DO FIN DO MUNDO...,a través dunha LINGUAXE DA PAIXÓN... logo de atravesar a CIDADE E OS CANS... por FACER TRAVESURAS DUNHA NENA MALA... ó escribirlle CARTAS DUN XOVEN NOVELISTA... nos CADERNOS DE DON RIGOBERTO... naquela CASA VERDE.
Escoita o que o propio autor comenta dobre a súa obra no enlace M.V.LL
M.V.LL
Comentarios (0) - Categoría: Arte e cultura - Publicado o 14-10-2010 12:42
# Ligazón permanente a este artigo
BIBLIOCARBALLEIRA: Unha Biblioteca Máxica
"Un libro

ABERTO, é un cerebro que FALA.

PECHADO, un amigo que ESPERA.

ESQUECIDO, una alma que PERDOA.

DESTRUÍDO, un corazón que CHORA."

Algún destes LIBROS estate agardando...

E N T R A
na
B I B L I O
C A R B A L L E I R A
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-10-2010 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Landroteca

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0