BIBLIOCARBALLEIRA. BUEU


Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras.
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.

Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".

Contamos connvosco!

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

RECUNCHO DA POESÍA. O amor vence á morte:
Amor constante más allá de la muerte

Cerrar podrá mis ojos la postrera
sombra que me llevare el blanco día,
y podrá desatar esta alma mía
hora a su afán ansioso lisonjera:
mas no, de esotra parte, en la ribera,
dejará la memoria, en donde ardía:
nadar sabe mi llama la agua fría,
y perder el respeto a ley severa.
Alma a quien todo un dios prisión ha sido,
venas que humor a tanto fuego han dado,
medulas que han gloriosamente ardido,
su cuerpo dejará, no su cuidado;
serán ceniza, mas tendrá sentido;
polvo serán, mas polvo enamorado".


Quevedo


COLLE O POEMA E LÉVAO CONTIGO!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-10-2009 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chega o día dos defuntos. O Samaínnnnnn!
En Vieros da escola http://vello.vieiros.com/vieirosdaescola/index_10.html nos comentan: "Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.

Os antigos habitantes de Galicia para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes."



No seguinte enderezo http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=13341 podedes atopar información moi interesante sobre: Os Lugares da Morte; Os días de defuntos; os preparativos; os velorios; as cabazas do Samaín; ademais, hai un reportaxe sobre as diferentes manifestacións da cultura de ultratumba.

Non volo perdades!

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-10-2009 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
Na Biblioteca

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 27-10-2009 13:35
# Ligazón permanente a este artigo
FRANCISCO GOMIS, vaia rapsoda!
Un repertorio variado, unha delicadeza exquisita, uns versos maravillosos,...















Comentarios (1) - Categoría: Actividades - Publicado o 23-10-2009 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
Terremoto na Biblio
7,5 na escala de Richter, S.O.S!!!, desastre na bibliotecaaaaaaaaaaaaa!

Reconstrucciónnnnn!!! "LIBRO BUSCA CASA", precisamos da vosa axuda para minimizar os danos sufridos,...

Só tendes que devolver o libro ou a peli ao seu andel respectivo.


Grazas polo voso labor humanitario!

Tamén, queremos agradecer o traballo do alumnado de 4º ESO que elaborou este magnífico cartel.

A biblioteca
Comentarios (1) - Categoría: Actividades - Publicado o 22-10-2009 12:49
# Ligazón permanente a este artigo
24 de Outubro,
Queremos celebrar un día tan importante para nós cun Recital Poético, para elo contamos coa colaboración dun gran rapsoda, Francisco Gomis, que nos deleitará con poemas de diversos autores: Benedetti, Machado, García Lorca, Rosalía de Castro,...

Esperamos que disfrutedes!
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 22-10-2009 12:41
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2009
Herta Müller ,unha escritora moi pouco coñecida en España, é a gañadora do Premio Nobel de Literatura 2009. O premio está dotado con 10 millóns de coronas suecas (980.000 euros) que se entregarán o 10 de decembro, aniversario da morte do seu fundador, Alfred Nobel.

Para a Academia Sueca, Herta Müller "coa concentración da poesía e a franqueza da prosa, describe a paisaxe dos desposeídos".

Entrevistada pola axencia Dpa a víspera do anuncio sobre a posibilidade de ser a gañadora, comentou, "¿Que diría eu sobre o Premio Nobel? Que me alegro, está claro. Naturalmente que estaría tamén feliz. Pero non son unha estrela e non me gusta que me obliguen a estar no tapete. Sigo facendo meu traballo coma sempre, sen estridencias".

A escritora, que vive en Berlín desde 1987, naceu en Nytzkydorf (Rumanía) en 1953 nunha familia da minoría alemana nese país.

Así que , xa sabedes un pouquiño sobre esta escritora! Se queredes profundizar máis podedes visitar este enderezo na rede.Herta Müller
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-10-2009 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
CLUB DE LECTURA
Queridos lectores e lectoras, de novo tentaremos reunirmos no Club de Lectura para vivir novas experiencias e disfrutar cos libros.

Para os primeiros cursos da ESO propoñemos
Flores para Algernon de Daniel Keyes que trata dun chico con discapacidade mental, Charlie Gordon,...

Para os maiores leremos O viaxeiro astral de Jack London, un libro escrito cun fondo espirito crítico. Interesantísimooooo

Esperámosvos con ilusión! Avisaremos das primeiras reunións.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 13-10-2009 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
Recuncho da Poesía
Esta semana dedicamos o noso querido "recuncho" a Ana María Fernández , escritora que reside na Coruña dende 1967. Escollimos uns versos da súa obra Ondas de verde e azul, de 1994. Neste conxunto de 36 composicións poéticas son constantes as evocacións da natureza e do mundo rural. O mar, as bolboretas, a lúa, os ríos aparecen tratados de xeito idílico, como cumio de todas as perfeccións.

Veña, un poema sobre o outono:

Ven onda nós o outono
dacabalo do aire;
nos camiños da fraga
os ourizos xa abren.
Síntoo chegar contento
da eterna viaxe
enredando entre as follas,
estreando friaxe.


Xa sabedes, podedes levar este poema convosco!
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 12-10-2009 23:57
# Ligazón permanente a este artigo
NOVO CURSO 2009/2010 NA BIBLIO

De novo estamos aquí, con máis e máis lecturas: literarias, lecturas poéticas, dramátizadas, en compañía, en silencio, en voz alta; lecturas de imaxe, e de todos tipossssssssss!

LecturaS con "S" maiúscula!!!. Celebramos o mes da biblioteca escolar, Octubro, en compañía de Miguelanxo Prado
. Este é o novo cartel para as bibliotecas.
Animádevos e lede!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-10-2009 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Landroteca

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0