BIBLIOCARBALLEIRA. BUEU


Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras.
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.

Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".

Contamos connvosco!

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

25 de Maio: Día de África
Un mundo de enormes contrastes: o ritmo e alegría de vivir, a beleza conviven co sufrimento que provocan a pobreza, o VIH / SIDA, a inseguridade alimentaria,o subdesenvolvemento e os conflictos armados.

Cifras para pensar:

* O último informe do Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento(PNUD) sinala que dos últimos 50 países co Índice de Desenvolvemento máis baixo, 40 son africanos.

* Cerca de 936 millóns de persoas viven en África, delas, 315 millóns o fan na pobreza a pesar das enormes riquezas do continente.

* 460 millóns teñen dificultades para alimentarse, 50 millóns pasan fame crónica.

* 300 millóns, na súa maioría habitantes de zonas rurais, non teñen acceso a auga potable, 313 millóns, carecen de servizos básicos de saneamento.

* Máis de 200.000 nenos e nenas son utilizados como soldados, escravos domésticos ou dedicados á prostitución.

* Máis de 78 millóns de nenos e nenas están sen escolarizar, a maior parte, son nenas.

* Na África subsahariana hai 28 millóns e medio de infectados polo VIH, dos que o 60 por cento son mulleres.

* Só en dous conflitos: Sudán - Darfur e República Democrática do Congo, producíronse dunha ou outra maneira, 7 millóns de víctimas.

E todo esto no chamado continente da esperanza dada a xuventude dos seus habitantes. Un continente con enormes riquezas naturais, cuxa historia, cultura, lendas e enormes posibilidades turísticas o convirten nunha fonte de recursos.

(Fonte: CICR/Manos Unidas)










Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-05-2009 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 africa es #blgtk08#precioso
Comentario por isleño (27-10-2009 11:33)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Landroteca

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0