BIBLIOCARBALLEIRA. BUEU


Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras.
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.

Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".

Contamos connvosco!

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Recuncho da Poesía
Inauguramos no Instituto o "Recuncho da Poesía". Cada semana elixiremos un poema do que haberá fotocopias que podedes coller para vós ou para facer un presente. Acompañaremos os versos cunhas breves pinceladas sobre a vida e obra do autor ou autora dos mesmos.

En palabras de Octavio Paz, "Cada poema es único. En cada obra late, con mayor o menor grado, toda la poesía. Cada lector busca algo en el poema.Yy no es insólito que lo encuentre: ya lo llevaba dentro".

Así que...

"Cada semana un poema, achégate e lévao contigo"

Inauguramos esta actividade co poema de Asun Estévez,

Mesturada coas estrelas

Meu corpo miúdo
estremécese co vento.
Co ese vento do sur
que acariña o meu cabelo.

Son forte.
Forte coma a pedra.
No cabalo da noite.
Cabalgo.

Mesturada coas estrelas,
non sinto frío.


Non temo a vida.
Temo as palabras,
as palabras mal ditas.

Soño cos bicos
que aínda non din.
Esquecinme das bágoas.
Só quero rir.

Rir con todo.
Coa boca aberta
de par en par.

Non temo o inimigo.
Temo falar
e que non o entendan.

Mesturada coas estrelas,
non sinto frío.


Co vento do sur.
Penso.
Escribo.
Semello un paxariño.

Abro a gaiola
e pérdome contigo.
As palabras
fanme libre.
Non temo o perigo.

Mesturada coas estrelas,
non sinto frío.





Comentarios (1) - Categoría: Actividades - Publicado o 21-05-2009 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 ola profe que sepas que aun que seas mala conmigo te escribo igual eso significa que yo no soy una mala alumna todo al con trario soy una santa y que sepas que pienso estudiar para el exmaen que tenemos #blgtk08#el viernes dia 29 de este mes que lo sepas ,voy a estudiar y a aprobar sobre todo si no te regalo una cena y me apruebas igual
jajajajajajajajajajajaja
venga profe que sepas que te queremos
Comentario por Marga (22-05-2009 12:09)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Landroteca

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0