BIBLIOCARBALLEIRA. BUEU


Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras.
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.

Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".

Contamos connvosco!

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Hora de ler
Hai unhas semana comezamos esta actividade con moita ilusión; imos na procura de lectoras e lectores competentes; con esta iniciativa pretendemos mellorar a aprendizaxe e sobre todo que disfrutedes lendo.
Trátase de:
. Dedicar 15 minutos á lectura, un día á semana antes ou despois do recreo (tendes o horario colocado na clase).
. Lectura individual, en silencio.
. Lectura de libre elección, ou propostas por materias.
. Lectura sen interrupcións.
. Participa toda a ESO, 1º BAC. e os grupos que, voluntariamente, se apunten, como por exemplo o PCPI de Pesca.
. Os profes tamén len.
. Non é avaliable; non se porán exercicios sobre o lido ( trátase de potenciar o gusto pola lectura)
. Non se pode entender como hora de estudo.

Contamos con vós! Que vos parece esta experiencia?

Como di, Emili Teixidor : Si, ler por ler é fantástico. Non hai que esquecer que a literatura debe ter un punto de inutilidade, como todas as cousas belas. Non sempre hai que buscarlle unha función ás cousas e a lectura é unha delas.

Escoitade unha lenda de Bécquer...







Comentarios (0) - Categoría: Hora de Ler - Publicado o 03-03-2009 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Landroteca

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0