BIBLIOCARBALLEIRA. BUEU


Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras.
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.

Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".

Contamos connvosco!

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

24 de Febreiro: Día de Rosalía
Rosalía de Castro naceu o 24 de febreiro de 1837 en Camiño Novo, un arrabal de Santiago de Compostela, de ahí que ese día se conmemore como o "Día de Rosalía". A súa acta de bautizo dicía:

En veinte y cuatro de febrero de mil ochocientos treinta y seis, María Francisca Martínez, vecina de San Juan del Campo, fue madrina de una niña que bauticé solemnemente y puse los santos óleos, llamándole MARÍA ROSALÍA RITA, hija de padres incógnitos, cuya niña llevó la madrina, y va sin número por no haber pasado a la Inclusa; y/ para/ que así conste, lo firmo. ?José Vicente Varela y Montero

A súa nai, María Teresa de la Cruz de Castro, fidalga da casa grande de Arretén vida a menos pertencente á linaxe dos Castro, de orixe castelá, pero establecida en Galicia dende a Idade Media ,contaba con trinta e dous anos cando naceu. O seu pai, don José Martínez Viojo, nado o 7 de febreiro de 1798 e de profesión crego, acababa de cumprir os trinta e nove anos cando naceu, debido á súa condición, non puido recoñecer nin lexitimar á súa filla, encargando o seu coidado ás súas irmás, polo que parece que si se interesou pola súa manutención.


Como escritora, Rosalía de Castro escribiu tanto en prosa coma en verso, empregando o galego e o castelán. A súa obra estivo profundamente marcada pola circunstancias que rodearon a súa vida: coma a súa orixe, os problemas económicos, a perda dos seus fillos e a súa fráxil saúde.

Velaiquí algún dos seus máis entrañables poemas:



ACTIVIDADES DE XEOGRAFÍA: "Traballando co poema". 1º ESO

- Definide os conceptos xeográficos básicos que atopedes no poema.
- Representade graficamente eses mesmos conceptos.
- Que vos transmitiron as verbas de Rosalía?

ADIÓS, RÍOS; ADIÓS, FONTES;
Cantares gallegos


Adiós, ríos; adiós, fontes;
adiós, regatos pequeños;
adiós, vista d'os meus ollos,
non sei cándo nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde m'eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei.

Prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiñas d'o meu contento.

Muiño d'os castañares,
noites craras d'o luar,
campaniñas timbradoiras
d'a igrexiña d'o lugar.

Amoriñas d'as silveiras
que eu lle daba ô meu amor,
camiñiños antr'o millo,
¡adiós para sempr'adiós!

¡Adiós, gloria! ¡Adiós, contento!
¡Deixo a casa onde nascín,
deixo a aldea que conoço,
por un mundo que non vin!

Deixo amigos por extraños,
deixo a veiga pol-o mar;
deixo, en fin, canto ben quero...
¡quén puidera non deixar!

Mais son probe, e, malpocado,
a miña terra n'e miña,
qu'hastra lle dan de prestado
a beira por que camiña
ô que nasceu desdichado.
Tèñovos, pois, que deixar,
hortiña, que tanto amei,
forgueiriña d'o meu lar,
arboriños que prantei,
fontiña d'o cabañar.

Adiós, adiós, que me vou,
herbiñas d'o camposanto,
donde meu pai se enterrou,
herbiñas que biquei tanto,
terriña que nos criou.

Adiós, Virxe d'a Asuncion
branca com'un serafín:
lévovos n-o corazón;
pedidelle á Dios por min,
miña Virxe d'a Asunción.

Xa s'oyen lonxe, moi lonxe,
as campanas d'o pomar;
para min, ¡ai!, coitadiño,
nunca máis han de tocar.

Xa s'oyen lonxe, máis lonxe...
Cada balad'é un delor;
voume soyo, sin arrimo...
miña terra, ¡adiós!, ¡adiós!

¡Adiós tamén, queridiña...
Adiós por sempre quizáis!...
Dígoche este adiós chorando
desd'a veiriña d'o mar.
Non m'olvides, queridiña,
si morro de soidás...
tantas légoas mar adentro...
¡Miña casiña!, ¡mue lar!





Comentarios (10) - Categoría: Actividades - Publicado o 26-02-2009 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
10 Comentario(s)
1 este poema nos representa unha viaxe agradable #blgtk08#cunha paisaxe hermosa.....
e unha m....
Comentario por anonimatus (27-02-2009 09:04)
2 Gustanos moito este poema... buenn#blgtk08#o esperamos que o lea todo o mundo
Comentario por Laura Y Bárbara (27-02-2009 09:05)
3 #blgtk08#
Comentario por anonimo (27-02-2009 09:05)
4 gustoum#blgtk08#e moito
Comentario por david (27-02-2009 09:07)
5 E un pouco repetit#blgtk08#ivo,pero esta ben.
Comentario por anonimo (27-02-2009 09:14)
6 mui bonito hiciro#blgtk08#n bien en ponerlo
Comentario por Jose Augusto (27-02-2009 09:16)
7 este poema e precioso, describe unha paixase MARABILLOSA, de Galicia claro ehehe.

é a#blgtk08#qui o mellor comentario

ala adeus

♥♫♥♫♥
Comentario por tu perro (27-02-2009 09:17)
8 Este poema trata de un home que se vai de viaxe pero deixa a terra donde viviu e se vai vivir a unha paisaxe distint#blgtk08#a e bota de menos a súa terra...
espero que vean moitas persoas este poema que é moi bonito aunque repetitivo
Comentario por Bárbara (27-02-2009 09:18)
9 A min gustoume, esta claro que quere usar repetitivamente palabras xeográficas (prados,arboledas,hortas.#blgtk08#..). Persoalmente gustoume, e aparte diso, xa o escoitara anteriormente. ♫♫

Comentario por Esteban (27-02-2009 10:24)
10 Ola, enviamos contacto para visita o blog de "O Faiado da Memoria", un espacio para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano.

A pesares de que abarca tan só a zona de influencia de Vilagarcía de Arousa, alí poderás atopar fotografías e información sobre a#blgtk08# vida desde o remate do século XIX, ata os anos oitenta. Con posibilidad de baixar documentos sobre xogos ou libros de apropositos de comenzos do século XX que poden ser de interés para o uso nas actividades escolares.

Gracias pola vosa visita.

www.blogoteca.com/ofaiadodamemoria
Comentario por antón (01-03-2009 01:08)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Landroteca

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0