BIBLIOCARBALLEIRA. BUEU


Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras.
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.

Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".

Contamos connvosco!

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

REVISTA DIXITAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL
CRIATURASCriaturas, a revista dixital de literatura infantil e xuvenil, lanza, co gallo do día da libro, o segundo número da súa revista homónima.

Coordinado por Ledicia Costas e Daniel Landesa, este novo número está centrado no humor na literatura infantil e xuvenil, destacando os dous estudos realizados por María Jesús Fernández e Carlos Nogueira no ámbito galego e portugués respectivamente. No apartado cara a cara, os escritores Francisco Castro e Paula Carballeira realizarán unha entrevista cruzada.

Na sección de crítica o lector atopará recensións de libros actuais e algún que outro clásico, como Osos (Kalandraka) de Ruth Krauss e Maurice Sendak, A galiña azul (Galaxia) de Carlos Casares, A filla do Grúfalo (Patasdepeixe) de Julia Donaldson ou O laboratorio do doutor Nogueira (Xerais) de Agustín Fernández Paz, entre outros moitos.

A proposta didáctica xirará sobre de O castiñeiro de abril (Xerais) de Antonio Manuel Fraga, premio Merlín do ano 2013. Para rematar as máis de cen páxinas deste número unha ampla reportaxe sobre o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

A publicación desta revista compleméntase co labor periódico que dende a web de Criaturas desenvolven en prol da literatura infantil e xuvenil galega.

Dende eiquí podedes desgargar gratis en pdf o número un desta singular revista:
http://www.criaturas.gal/wp-content/uploads/2015/04/numeroun.pdf
Número 1 de CRIATURAS en pdf
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 28-04-2015 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Landroteca

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0