BIBLIOCARBALLEIRA. BUEU


Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras.
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.

Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".

Contamos connvosco!

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CORRELINGUA 2015
CORRELINGUA, denominación que adoptaron de maneira común as diversas carreiras en prol do idioma que se convocan no país, é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.

Obxectivos

- Propiciar a reflexión sobre a situación da lingua e a importancia de activar as accións en prol dela.
- Sensibilizar a sociedade, a través da poboación xuvenil, da importancia da defensa da lingua.
- Asociar a reflexión lingüística a actividades colectivas, lúdicas e amenas e interdisciplinares.
Destinatarios/as

Prioritariamente diríxese ao alumnado dos centros de ensino secundario ?en especial as actividades preparatorias-, aínda que tamén poden participar nenos e nenas de primaria e infantil. A través de fórmulas de colaboración varias, participan tamén entidades asociativas e ámbitos diversos.Coa difusión en medios de comunicación e coas propias actividades difúndense tamén mensaxes de defensa e promoción do idioma na sociedade en xeral.

Actividades:


Concursos escolares

Hai tres modalidades: elaboración do manifesto, dirixido ao alumnado de Secundaria, banda deseñada, dirixido ao alumnado de Educación Infantil e Primaria, e vídeo para o conxunto do alumnado.

No inicio do curso , convócanse os concursos entre todos os centros escolares que desexaron participar. A convocatoria destes concursos ten o obxectivo de oferecer aos centros actividades preparatorias que permiten a reflexión sobre o idioma e serven de preparación para a participación na recta final do Correlingua.

Os gañadores dos Concursos reciben como premio a participación ben no proxecto Terra, organizado polo Colexio de Arquitecto de Galiza xunto coa AS-PG, ben unha visita á Eira da Xoana, espazo de xestión medioambiental impulsado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, onde acompañados/as de monitores/as cos realizarán diversas actividades sociolinguísticas, e de coñecemento do medio natural do Alto Ulla.

Carreira

En torno ao Día das Letras ten lugar o acto central de Correlingua, unha carreira non competitiva que percorre dez localidades. Cada localidade escollerá unha ou varias persoas do ámbito artístico, cultural, deportivo, ... que destaquen no uso e defensa do noso idioma, para ser portadora do testemuño e que lerá o manifesto gañador do concurso escolar.

Festa final

Ao rematar a carreira ten lugar un acto festivo coa presenza de todas as organización convocantes e participantes, con actuacións musicais, teatrais e a participación directa do alumnado.





Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 14-04-2015 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Landroteca

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0