Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras. |
|
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.
Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".
Contamos connvosco! |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
21 MARZO:DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA |
|
Este luns 24 de Marzo , as 16:00 horas no Salón de Actos do Instituto, celebrarase un recital poético a cargo de ALFONSO LÁUZARA con "Noite-Día", ROCHI NÓVOA con "Farrapos de Boneca" e DANI COSTAS con "Monicreques".
Os cursos que participarán serán os de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, aínda que tamén é moi recomendábel para 2º de Bacharelato e Ciclos Formativos.
Alfonso Láuzara Martínez (Teis ? Vigo, 1971)
Licenciado en Dereito. Escribe poesía e contos. Cofundador do colectivo poético galego ?A Porta Verde do Sétimo Andar?, no que participou na publicación de varios libros colectivos de poesía: ?Aporta verde do sétimo andar? (2007), ?Sétimo andar, poesía alén? (2010) e ?Pegadas? (2011); así como na posta en marcha en 2011 dos cadernos Q de Vián, outra iniciativa de A Porta Verde. Tamén participou noutras publicacións colectivas: ?As voces do pan? (2009)e ?A cidade na poesía galega do século XXI? (2012). Colaborou cos seus textos en traballos de fotografía de artistas portugueses: ?Horizontalidades e verticalidades de Barroso? de Ana Luisa Pires Monteiro, e ?Munditações? de Carlos Silva. Ten publicado tamén en varias revistas: Estación Central, Andar21, Atenea, Levure, Madrygal? Na actualidade case toda a súa actividade literaria está vinculada ao espazo colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar. No ano 2013 publica «Noite~Día», un libro de poesía erótica.
Poética:
Síntome océano? son atlántico? fico en praias de saudade! Amo en rompente! Ollo o roxo solpor na inmensidade do horizonte! A poesía máis que entendela, hai que sentila, e por iso pode xurdir en calquera espazo e chegar a calquera persoa. Na poesía como expresión humana vai o pensamento e o sentimento nunha trenza vital que medra na persoa comprometida, que sinte as ideas e pensa como sinte. A poesía xurde no individuo con vocación de ser compartida.
Rochi Novoa Vázquez
http://rochinovoavazquez.blogspot.com.es/p/sobre-min.html
Xosé Daniel Costas
Xosé Daniel Costas (Moaña, 1981) é o gañador da décima edición do Premio de Poesía de Novacaixagalicia polo seu poemario Monicreques, escrito en galego e presentado co lema Procurando que as súas pernas estean simétricas. Procurando que os seus cóbados estean simétricos. A miña nai di que sufro, unha frase extraída da obra Tics, da compañía moañesa Sarabela Teatro. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|