Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras. |
|
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.
Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".
Contamos connvosco! |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O CLUB DA BIBLIOTECA ESTÁ A LER |
|
BANQUEIROS
Para falarnos sobre a obra contaremos no mes de febreiro coa presenza de dous dos autores deste libro: Xosé Manuel Pazos e Zé Paredes.
XOSÉ MANUEL PAZOSPremio Max de Teatro en 2006 na categoría de mellor autor teatral en galego pola obra Emigrados
XOVES 13 DE FEBREIRO ÁS 15,30h.
Participou como actor, autor e director, na creación dos grupos de teatro afeccionado de Cangas Matamoura e Múa, da sección de Vigo-Cangas da Escola Dramática Galega, e da Compañía profesional Teatro de Ningures.
Participou na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, da que foi responsable nas nove primeiras e na 11ª edición.
Traballa habitualmente para Teatro de Ningures e a Revista Galega de Teatro.
Colaborou en varios espectáculos de Teatro do Atlántico e con outras compañías como o Centro Dramático Galego.
Recibiu en tres ocasións o Premio Max de Teatro: mellor autor teatral en galego, polas obras Ida e volta (Taxi), e Emigrados en 2006. A súa versión teatral da novela de Suso de Toro Círculo recibiu o Premio Max ao mellor texto Teatral en galego en 2003.
Outras das súas obras son: Desembarco dos turcos, Act-Tress, Crónica da peste e María Soliña ou O profeta ou o derradeiro berro de Randulfo.
Traduciu a José Luis Alonso de Santos, Juan Mayorga, Luigi Pirandello, Ernesto Caballero, Itziar Pascual e José Sanchis Sinisterra.
Falaremos con el de tres cuestións: 1.- Que é o Teatro. 2.- Historia recente do Teatro galego. 3.- A escrita teatral (Banqueiros).
ZÉ PAREDESPremio Rafael Dieste en 2013 en colaboración con Xosé Manuel Pacho pola obra Teatro, ou xeitos de cargar unha arma
VENRES 21 DE FEBREIRO ÁS 9,50h
Zé Paredes, (Guimarães 1972).
Actor e director de escena formado en Portugal.
No ano de 2001 estrea como actor a obra Mar Revolto de Roberto Vidal Bolaño, unha co-produción luso-galega. Esta experiencia sería decisiva á hora de escoller Galicia como país para vivir, e o teatro galego como obxectivo vital.
En 2008 crea con Mónica Camaño a compañía Teatro Nu.
En 2013 estrea Precarias, co grupo Teatro do Pichel.
Premio Rafael Dieste da Deputación da Coruña en 2013 pola obra Teatro, ou xeitos e montar unha arma.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|