BIBLIOCARBALLEIRA. BUEU


Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras.
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.

Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".

Contamos connvosco!

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

BÍCAME FRANK...
Portada do libro
Frank, alter ego do escritor Miguel Anxo Fernández, está, de novo, vivindo aventuras na terra dos seus devanceiros. Nado de pai de Soutelo de Montes e nai de Muros, o detective que mestura retranca galega con contundencia norteamericana, enfróntase a un asunto ben laberíntico que comeza co achado na praia da Lanzada doutro cadáver exquisito, unha muller coas mans cortadas.
Tras resolver casos en Os Ánxeles en Un nicho para Marilyn, Luar no inferno e Tres disparos e dous friames, o sabuxo de Santa Mónica bateu con especuladores galegos en Lume de cobiza. Agora, na quinta entrega da serie, continúa á súa cruzada contra os seus inimigos naturais, aqueles que viven con mantras do tipo: ?O mundo divídese entre os que gañan e os que perden?.

Alba Sotelo Leal xa é profeta na súa terra, Bueu. A fotógrafa do Diario de Pontevedra, regresou hoxe ao IES Johan Carballeira (do que saiu hai case dez anos...), para reencontrarse coa súa profe Nanda e máis cun atento (e moi interesado) grupo de alumnos arredor de BÍCAME, FRANK. A ela tocoulle explicar o complexo proceso creativo da foto que serviu para a portada, tendo como modelo a súa boa amiga, Gely Gelu. Unha explicación moi profesional, pois moitas veces ignórase o mooito traballo que hai detrás dunha simple capa. E dou boa fe do interés da súa exposición porque eu estraba alí...
Podedes crer que foi todo un luxazo poder presentarvos a estes dous fenómenos!!! O alumnado quedou tan contento que xa queren que volvan! Moitas grazas, Alba E MAF.
...e eles responderon...

Encantados... Foi unha convivencia moi agradable (e rapaces moi serios, cousa que me acrecenta na esperanza da lectura en galego, sen caer na utopía...)


Blog de Miguel Anxo
Comentarios (0) - Categoría: Entrevistas - Publicado o 28-11-2013 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Landroteca

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0