Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras. |
|
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.
Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".
Contamos connvosco! |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
ENTROIDO 2012 |
|

!!!!O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ !!!!
Participa no entroido do noso instituto.
Tes dúas opcións:
a) Participar só ou en parella.
b)Formar unha comparsa c@s compañeir@s
E a partir de aí sacar a relucir a vosa creatividade cos disfraces, cancións, coreografías,...e, sobre todo, pasalo ben con sana retranca e moito bo humor!
Haberá suculentos premios.
A P U N T Á D E V O S !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
BASES DO CONCURSO:
1. Poderá participar todo o alumnado de ESO, Bacharelato, PCPI e Ciclos do noso centro. O profesorado e o resto da comunidade educativa poderá participar pero fóra de concurso.
2. Aceptarase a participación en modalidade de individual ou parella (1 ou 2 membros) e comparsa (4 membros ou máis).
3. Haberá 3 premios:
a. O 1º premio á mellor Comparsa consistirá nunha excursión lúdica de un día para todos os integrantes
b. O 2º e 3º premio á mellor Comparsa consistirá nunha merenda na cafetería do instituto.
c. O premio ao mellor disfrace e posta en escena individual ou parella consistirá nun agasallo electrónico.
4. Os participantes deberán presentar en vicedirección, antes do 10 de febreiro, o texto orixinal da canción en lingua galega.
5. A inscrición do alumnado farase en vicedirección antes do 10 de febreiro para as comparsas e 16 de febreiro para a modalidade de individual ou parella. Para inscribirse, as comparsas deberán ter un nome e as cancións un título. A vicedirección facilitará apoio técnico aos concursantes e organizará os ensaios xerais que se soliciten.
6. O xurado constará de un profesor/a do departamento de Artes Plásticas, un profesor/a do departamento de Música, un profesor/a do departamento de Lingua Galega, un representante do persoal non docente e un representante da ANPA. A composición do xurado farase pública no centro o día 3 de febreiro. Ante esta resolución aceptaranse as emendas presentadas no prazo de 7 días naturais.
7. O festival terá lugar o día 17 de febreiro no salón de actos do instituto. O fallo do xurado, que será inapelable, darase a coñecer ese mesmo día no final do acto.
|
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
http://www.beatsheadphonescheapforsale.com/
http://www.drdrebeatsheadphonescheapsale.com/
http://www.nikeshoesoutlet-online.com/
http://www.nikeoutlet-factorystore.com/
http://www.beatsbydreheadphonescheapsale.com/
http://w#blgtk08#ww.nikestore-onlineoutlet.com/
http://www.nikeairjordanmaxsale.com/
http://www.airjordansforcheapsales.com/
http://www.cheapjordansforsalesonline.com/
http://www.redbottomshoeonline.com/
http://www.nikeshoescheapoutlet.com/ |
|
|
Comentario por red bottom shoes (05-09-2013 16:39) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|