BIBLIOCARBALLEIRA. BUEU


Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras.
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.

Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".

Contamos connvosco!

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Tres obras galegas na lista de libros infantís máis importantes de Europa
O prodixio dos zapatos de cristal, de Xosé Antonio Neira Cruz; A cabeza de Medusa, de Marilar Aleixandre, e Fume, de Antón Fortes foron seleccionados "pola súa especial calidade" pola Biblioteca Xuvenil Internacional de Múnich, un dos referentes mundiais na atención ao libro infantil e xuvenil, para The White Ravens List 2009, catálogo que se presentará na Feira do Libro Infantil de Bolonia (Italia) que se celebrará do 23 ao 26 deste mes.


Nesta edición, a biblioteca alemana destaca 250 títulos publicados en 2008 en 32 lenguas e pertencentes a 48 países. Con estos tres títulos, a literatura infantil e xuvenil galega volta a ser un ano máis unna das mellor representadas, con máis libros seleccionados que as literaturas de moitos Estados e linguas normalizadas.

O prodixio dos zapatos de cristal (Galaxia), de Xosé Antonio Neira Cruz, é unha adaptación moi particular do clásico de La Cenicienta, na que o escritor compostelano aborda temas como a inmigración e o dereito da muller a decidir sobre súa vida sen necesidade de príncipes azuis que marquen seu destino. Este álbum, ilustrado polo galego Rodrigo Chao, é o segundo de Neira Cruz que a Biblioteca de Múnich inclúe na White Raven, xa que en 2006 seleccionou O armiño dorme.

A cabeza de Medusa (Xerais), de Marilar Aleixandre, madrileña afincada en Santiago, é unha historia dura que arranca coa violación de dous mozos en Vigo e que denuncia o calvario que moitas veces teñen que pasar as mulleres agredidas sexualmente, a quenes se lles culpabiliza do delito. Esta obra, cuxa portada é da artista galega Victoria Dielh, xa gañou o III Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil e é o segundo de Alexandre que entra na lista alemana, tras Paxaros de papel (2001).

Fume (OQO), de Antón Fortes, un álbum ilustrado pola polaca Joanna Concejo, ten como protagonista a un neno prisioneiro nun campo de concentración nazi, e é o primeiro do escritor lucense que consegue entrar neta lista.



Comentarios (2) - Categoría: Crítica de libros - Publicado o 23-03-2009 11:22
# Ligazón permanente a este artigo
Relatos de José Sánchez Pedrosa


Desde Bibliocarballeira, queremos felicitar ao noso compañeiro José Sánchez Pedrosa, profesor de Lingua e Literatura neste Centro en cursos pasados, por publicar o libro de relatos Contento del mundo. Corenta e catro historias que fan pasar ao lector do asombro ao estremecimento. Amaia Mauleón calificaba o libro de "irónico, cruel, esperpéntico e absurdo".

A amerizaxe forzosa dos Reis Magos na Ría de Vigo e o conseguinte linchamento dos falsos reis, a mans dos indignados nenos; o suicidio dun frustrado profesor universitario no Pórtico da Gloria; a brutal autolesión dun afectado polos insoportables ruídos da autovia..., son historias protagonizadas por personaxes crueis ou ao borde da tolemia, narradas con moito realismo.

Pouco máis de cen páxinas, publicadas por Ediciones del Viento, logran estremecer aos lectores e lectoras, descubrindo, en palabras do autor, as "verdadeiras fobias do ser humano",


Parabéns, Jose!
Comentarios (1) - Categoría: Crítica de libros - Publicado o 18-02-2009 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Landroteca

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0