BIBLIOCARBALLEIRA. BUEU


Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras.
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.

Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".

Contamos connvosco!

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

27 de MARZO: DÍA INTERNACIONAL DO TEATRO
O vindeiro mércores 2 de Abril ás 15:30 estará denovo connosco ZÉ PAREDES.
En conmemoración co día Inernacional do teatro, realizarase un OBRADOIRO de teatro para todos os participanes no Clube de Lectura e o Grupo de Traballo.
Comentarios (0) - Categoría: Club de lectura - Publicado o 28-03-2014 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
Club de lectura
Onte reunímonos "os maiores" para ler unha magnífica obra, O viaxeiro astral de Jack London, na que Darrell Standing, o protagonista, descobre a imaxinación como único vehículo que lle permite aturar as torturas,...

Nais e pais que leades este artigo, apuntádevos ao Club!; seredes moi ben acollidos!
Comentarios (0) - Categoría: Club de lectura - Publicado o 28-01-2010 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza o Club de Lectura
Mañá, martes 19 de xaneiro, comeza a afuncionar o club de lectura para o 1º ciclo de ESO.

Espéravos unha comida con Lourdes e Lucía e logo, unha espléndida tertulia literaria sobre o libro: Flores para Algernon

Divertídevos moito!!!
Comentarios (0) - Categoría: Club de lectura - Publicado o 18-01-2010 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
Máis libros no Club de Lectura
Un dos grupos no que está dividido o Club de Lectura está a ler a novela de Fátima Peón Torres , Camposanto publicada no 2003 e galardoada co XV Premio Rúa Nova de Narracións Xuvenís en lingua galega.

Esperamos que vós guste!


Comentarios (0) - Categoría: Club de lectura - Publicado o 20-04-2009 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
Novos libros para o Club de Lectura
Nada, que seguimos todas e todos moi animados e participando nas sesións do Club de Lectura, disfrutando cos novos libros!



Comentarios (1) - Categoría: Club de lectura - Publicado o 25-03-2009 11:25
# Ligazón permanente a este artigo
De novo, Club de Lectura
Comeza a actividade na nosa bibliocarballeira!!

O mércores 14 de xaneiro ficamos a xantar no instituto con Lourdes e con Fernanda, as profes que van acompañarnos nesta viaxe até a lectura e as súas bondades.

Nós xa sabemos que a lectura como lecer non ten efectos secundarios negativos, senón todo o contrario, por iso decidimos apuntarnos nesta nova actividade do noso instituto.

Hai dous grupos:
un para lectora/es de menor idade e menos avanzadas/os, e outro para xente de máis idade ou máis madura nas súas lecturas. O primeiro deles, coordinado por Lourdes, está formado por un total de 18 persoas xa dende o mesmo comezo; o segundo, coordinado por Fernanda, ten menos membros, de momento só 9.

Tanto nun caso como no outro semella que hai xente interesada que non puido achegarse na primeira reunión pero que xa nos manifestou o seu desexo de ingresar no club, o que fai pensar que o proxecto ten unha boa aceptación.

As seguintes reunións farémolas co mesmo horario ca a reunión do mércores, pero en días distintos, pois, se coincidimos ambos os dous grupos, un deles non podería gozar do novo mobiliario da biblioteca.

Para máis información podemos falar coas profes indicadas como responsábeis dos grupos.

Animádevos, podemos compartir moitas emocións e momentos divertidos...!


Comentarios (7) - Categoría: Club de lectura - Publicado o 18-02-2009 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Landroteca

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0